ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
PRAZA_770 | "Non hai razón obxectiva nen científica nin económica para reducir", indican os profesionais | A Xunta de Galicia afirma non ter aínda claro se serán doce ou catorce as doenzas identificadas no programa de cribado neonatal. Na actualidade inclúense na denominada proba do talón corenta enfermidades. Pediatras, sindicatos e asociacións da pacientes critican os recortes planeados pola Administración galega, segundo salienta Radiofusión. O SERGAS nega que exista motivación económica nesta medida e alega que trata de evitar un sobrediagnóstico. A Asociación de Fenilcetonúricos de Galicia (ASFEGA) confía en que a comunidade non renuncie ao seu programa, referencia para o conxunto estatal. En novembro, o Ministerio publicou no BOE a orde que define a carteira básica de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde (SNS), garantindo unicamente o cribado de sete transtornos. En tempo de recortes, o protocolo de mínimos definido polo Goberno, temen en Asfega, pode xustificar un retroceso nas coberturas do programa galego, que na actualidade identifica unha vintena de transtornos obxectivo, e que, por diagnóstico diferencial, amplía a súa vixilancia até corenta patoloxías". "Non hai razón obxectiva, nin científica nin económica, para reducir" indica, asemade, o catedrático de Pediatría da Universidade de Santiago José María Fraga Bermúdez. "Nenos e nenas serán diagnosticados cando xa teñan secuelas irreversibles" "Isto traerá consigo que estes nenos e nenas sexan diagnosticados cando teñen xa secuelas irreversibles, cunha calidade de vida peor para elas e eles e as súas familias, e cun peor prognóstico vital" afirman dende CIG-Saúde, que denuncia que a falta dun estudo que facilite a identificación precoz destas enfermidades (galactosemia, acidurias, entre outras), fará que os e as pacientes teñan que presentar síntomas e os e as pediatras sospeitaren o diagnóstico para serlle solicitada a proba correspondente. |
NOS_29686 | Rosalía de Castro escribiu cancións. Desta tese parte o cantor Tino Baz (A Guarda, 1972) para se enfrontar á obra da poeta, enmarcala musicalmente e ofrecer a súa "defensa e divulgación" da mesma. Si cantan es ti que cantas son 11 poemas e un epílogo que Baz ultima estes días nos Baixo Miño Estudios, en Tabagón (O Rosal). | "Non hai que temer un reto da envergadura artística de traballar os poemas de Rosalía", explica o músico a Sermos Galiza, "porque ela é para ser cantada. Ademais, o segredo son a cantidade de horas, anos, que lle levo dedicado á súa poesía. Só cómpre deixalas fluír". Oito textos de Follas Novas e tres de Cantares Gallegos compoñen a obra, dos que só tres coñeceron antes outros "tratamentos melódicos": Tecín soia a miña tea, Pra a Habana e A xustiza pola man. Tino Baz non é alleo á vizosa, histórica fortuna musical de Rosalía de Castro, o emblemático disco de Amancio Prada de 1975 á cabeza. "A súa mística como creador de Prada levouno a gravar unha obra que nos nutre a todos", afirma, "é unha referencia para a eternidade. Dentro de 2.000 anos seguriase cantando Adiós ríos, adios fontes como el a musicou". Si cantan es ti que cantas agroma dun chan fertilizado, vén admitir. E faino para, nas súas palabras, combater "o concepto errado" que aínda percibe arredor da autora. "De chorar nada. Rosalía canta a liberdade, canta dun xeito revolucionario sobre os aspectos esenciais da condición humana", di, e engade que pretendeu intepretar toda esa amplitude de rexistros no seu novo traballo, autoproducido e con limiar e asesoramento do escritor Anxo Angueira, tamén presidente da Fundación da Casa da Matanza. Para cumprir obxectivos, Baz encárgase das guitarras, zanfonas e voz. Chamou ademais por Laura Quintillán (violín), Alberte Vilas (piano), Lorenzo Chuchín (contrabaixo), Carlos Villanueva (frauta traveseira), Nacho Álvarez (acordeón) e mais as máis de 30 persoas do coro de Cantares do Brueiro de Camposancos (A Guarda). Si cantan es ti que cantas sucede no currículo do cantautor a Cinsa namorada (2007) -un poema de Marica Campo e dez composicións propias. Nace "con vontade de axudar a perpetuar a obra" da poeta e presentarase o 11 de xullo na vila natal de Tino Baz, xusto na apertura do Encontro de Embarcacións Tradicionais que decorre este ano na Guarda. |
PRAZA_16074 | O Executivo do PP nega que a reiterada defensa da tese terrorista "alarmase" a poboación durante a vaga de lume do pasado outubro. Faino en resposta a unha pregunta de En Marea, que reclamaba saber se existen "probas" do suposto "terrorismo incendiario" HEMEROTECA | De Romay a Feijóo pasando polo bipartito: 35 anos á procura da etérea "trama incendiaria" | HEMEROTECA | De Romay a Feijóo pasando polo bipartito: 35 anos á procura da etérea "trama incendiaria" Con ou sen o apelativo "terrorista" e con variantes en función do contexto político. Todos os gobernos da historia da autonomía galega utilizaron a etérea teoría dunha suposta "trama" ao abordaren o complexo fenómeno dos incendios forestais en Galicia e así o fixeron tamén numerosos responsables estatais. A vaga de lume que en outubro de 2017 arrasou unhas 50.000 hectáreas de monte en apenas dous días non foi unha excepción; a tese do entramado terrorista volveu ser protagonista de declaracións políticas, titulares e faladoiros mentres dende os ámbitos técnico e legal se lembraba que "nunca" chegou a probarse nada semellante. Aínda que as primeiras pescudas sobre o acontecido o pasado outono volveron desbotala, o Goberno de España vén de volver apoiarse nesta teoría como "posible" explicación dos incendios. Poucos días despois desa vaga de incendios Alexandra Fernández, deputada de En Marea no Congreso, dirixiuse ao Executivo de Mariano Rajoy para pedir explicacións ao respecto. Ningunha investigación policial, científica ou xudicial "puxo ao descuberto tramas organizadas" por tras dos incendios, senón que "as causas estiveron relacionadas con imprudencias, altas temperaturas e seca ou actuacións individuais de priómanos ou incendiarios". "Persoas moi acreditadas como o fiscal delegado de Medio Ambiente" convidan a non "especular" mentres non haxa probas que indiquen o contrario, resalta a parlamentaria, polo que as alusións a tramas e terrorismo "probablemente", di, foron lanzadas "sen o necesario regor e seriedade que se require nas institucións públicas". Alexandra Fernández (En Marea) instou o Goberno central a aclarar se ten "probas" que o leven a reiterar a existencia do suposto "terrorismo incendiario" Por estes motivos Fernández instou o Goberno central a aclarar se "considera responsable e rigoroso" a alusión reiterada ao "terrorismo incendiario" ou "garantir unha intencionalidae clara" sobre o conxunto dos incendios en Galicia. "Hai probas de tal terrorismo incendiario? Foi reivindicado como tal?", cuestiona, ademais de preguntar pola necesidade de "informar puntualmente á cidadanía" sen "alarmas ou declaracións contundentes que non foron probadas" e, mentres non haxa novas demostracións, atender ás pescudas previas que, como tras a vaga de 2006, "demostraron que non había tales tramas nin organizacións". Resposta do Goberno central a Alexandra Fernández (En Marea) Na súa resposta o Goberno de España optou, no entanto, por seguir movéndose na ambigüidade. Na "gravísima vaga de incendios" do pasado outubro en Galicia "cadraron multitude de factores e un deles, fundamental, foi a actuación dos incendiarios, responsables desta traxedia que acabou coa vida de catro persoas e causou elevadísimos danos materiais" e tamén "ambientais e económicos a toda a sociedade galega". "Polo tanto -afirma o documento oficial- é unha posible explicación a referencia ás 'tramas organizadas'". Non obstante, agrega, "todos estes extremos están a ser investigados polas autoridades competentes". "É unha posible explicación a referencia ás tramas organizadas", di o Executivo do PP, quen nega que teimar na tese terrorista "alarmase" a poboación durante a vaga de lume O Executivo de Rajoy asegura que "se informou puntualmente á cidadanía cos datos existentes en cada momento e sen perturbar as investigacións" e rexeita que o feito de aludir recorrentemente a un suposto terrorismo contribuíse a alarmar a poboación. "A alarma son os feitos acontecidos, non a cualificación dos presuntos responsables e posiblemente, con moi diversas causas e motivacións", sinala a resposta, na que agregan que "todas as autoridades" están "executando as investigacións pertinentes ante estes feitos catastróficos masivos". "Unha vez obtidas, as conclusións faranse públicas seguindo os procedementos existentes" e achegaranse "aos órganos xudiciais e fiscais competentes", conclúe. A nova alusión a supostas tramas incendiarias transcende poucas semanas despois de que o Goberno galego defendese oficialmente o espallamento como publicidade en xornais impresos da declaración de Alberto Núñez Feijóo na que culpaba o "terrorismo" dos incendios de outubro. Prodúcese, ademais, mentres o propio fiscal de Medio Ambiente de Galicia, Álvaro García Ortiz, volve advertir de que, tras analizar todos a a documentación de Bombeiros, Policía, Garda Civil e da propia Xunta, non existe "indicio" ningún da existencia da suposta trama, segundo avanzou este luns durante unha entrevista na Cadena SER. |
NOS_34130 | Demandan un "convenio colectivo galego" para os 440 traballadores e traballadoras deste organismo, na liña dos existentes noutros territorios do Estado. As Fundación Sanitarias naceron na última década do século XX e foron medrando, pouco a pouco, até chegar, en 2019 a ter un total de 440 traballadoras e mover máis de 26 millóns de euros ao ano. | Representantes dos comités de empresa das Fundacións de Investigación Sanitaria de Galiza denunciaron a precariedade laboral que soportan, tanto pola alta temporalidade dos contratos como polas carencias en seguridade e hixiene laboral. Tamén denunciaron os recortes en investimento para investigación así como a inexistencia dunha carreira investigadora que garanta a continuidade na investigación Un panorama perante o cal demandan "un convenio colectivo galego para todas as traballadoras e traballadores destes organismo, tal e como ocorre noutras comunidades autónomas". Na rolda de prensa foron Paula Cerezo, presidenta do Comité de Empresa da Fundación Biomédica de Galiza Sur; Alejandro Lamelo, presidente do Comité de Empresa da Fundación Profesor Novoa Santos e Ezequiel Álvarez, presidente do Comité de Empresa da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago quen deron conta da actual situación en representación da Plataforma Galega de Traballadores e traballadoras de Investigación Sanitaria (PLAGTIS), que engloba a gran parte do colectivo investigador e de xestión a nivel hospitalario en Galicia. Informaron que as Fundacións Sanitarias de Investigación de Galiza non dispoñen dun convenio laboral específico que regule as diferentes categorías profesionais e os dereitos das traballadoras e traballadores o que provoca que "a maior parte do persoal estea contratado en situación precaria e con contratos temporais, a maioría en fraude de lei". Denunciaron que, tanto a Consellaría de Sanidade, como a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) "desvinculáronse totalmente do proceso negociador ao desestimar o noso requirimento, feito a través do Consello Galego de Relacións Laborais". Un "desleixo" que denunciaron porque son un total de 440 as traballadoras e traballadores afectados por esta situación e porque levan demandando esa negociación desde hai máis de 6 meses. As Fundacións Sanitarias teñen encomendada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza a xestión integral da investigación e innovación que as profesionais sanitarios galegos desenvolven, así como a promoción dos resultados que a actividade investigadora xera. A misión de todas elas é impulsar a investigación, a docencia, a innovación e o desenvolvemento científico-tecnolóxico no ámbito sanitario galego. Traballan para promover a innovación e investigación galega, poñendo a disposición dos investigadores e resto da sociedade os medios e recursos precisos. Os Comités de Empresa das Fundacións Sanitarias constituíronse hai un ano e fixaron como unha das súas prioridades a negociación dun convenio colectivo único a nivel galego que regule as relacións, dereitos e deberes laborais de todo o persoal de investigación sanitaria. As Fundación Sanitarias naceron na última década do século XX e foron medrando, pouco a pouco, até chegar, en 2019 a ter un total de 440 traballadoras e mover máis de 26 millóns de euros ao ano. Por iso os comités consideran que "a Investigación debe ser un alicerce da nosa sociedade e as condicións de traballo dos investigadores e técnicos que a desenvolven non debería tratarse como un tema menor". |
PRAZA_15593 | A conselleira de Facenda teima en garantir a "blindaxe" dos "servizos esenciais" mentres volven caer Educación, Sanidade e Benestar, que asumen máis do 70% do recorte global. | Novas contas públicas e novo recorte. A conselleira de Facenda entregou este venres no Parlamento os Orzamentos Xerais para 2013 e unha primeira ollada ás grandes cifras permite concluír que, de ser aprobado sen variacións, o proxecto suporá unha retallada adicional no ámbito social que podería chegar aos 159,5 millóns de euros. Este é o resultado de sumar as caídas que experimentan en termos absolutos as consellerías de Sanidade, Traballo e Benestar e Educación, que veñen asumir o 71,6% do recorte total, cifrado pola Xunta en 222 millóns. Segundo os datos facilitados polo Goberno galego relativos ao orzamento axustado, isto é, cos cartos agrupados na actual estrutura do Goberno, Cultura e Educación deixa polo camiño 96,5 millóns, Sanidade perde 51 e Traballo e Benestar cae 12 millóns de euros. En termos relativos a posición destes departamento é dispar á hora de comparar a caída co resto de consellerías. Así, a perda dun 4,30% dos seus fondos sitúa a Cultura e Educación no segundo posto das rebaixas, só superada por Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á que lle recortan un 13% que supón 65,7 millóns de euros. No sexto posto do recorte está Traballo e Benestar, cun 1,60% e no sétimo, Sanidade, que cae un 1,50%. As consellerías sociais asumen o 71,6% do recorte global das contas públicas De todos estes recortes o máis complexo de analizar é o educativo, dado que os de 2013 son os primeiros Orzamentos nos que as competencias de Cultura e Educación están agrupadas. Non obstante, no resumo dos créditos orzamentarios por funcións é posible atopar que no ano que remata o concepto "Cultura" contaba con 79,9 millóns de euros e que nas novas contas queda en 61,3. Así as cousas, ao restarlle esta caída de 18,6 millóns de euros cabe deducir que o recorte puramente educativo é de, cando menos, 77,9 millóns de euros. Deste contexto xeral de caídas só se salva unha consellería, a de Facenda, que contará en 2013 cun 4,50% máis de fondos, o que se traduce en 2,3 millóns de euros. A súa titular, Elena Muñoz, obvia os recortes para manter que "as consellerías dedicadas ao gasto social incrementan o seu peso -o gasto total cae en máis de 200 millóns- e polo tanto mantemos eses orzamentos sociais" porque case "oito de cada dez euros se dedican ao gasto social" e ademais, defende, "a baixada de Sanidade está moi por baixo da baixada do orzamento global". "Estamos preservando a esa Consellería, como a Traballo e a Educación", asegura. M.A.T.I -13% -65,7M€ Cultura e Educación -4,30% -96,5M€ Economía e Industria -4% -7,2M€ Vicepresidencia e Presidencia -3,20% -6,8M€ Presidencia da Xunta -3,20% -5,7M€ Traballo e Benestar -1,60% -12M€ Sanidade -1,50% -51M€ Medio Rural e Mar -1,30% -8,1M€ Facenda +4,50% +2,3M€ Proxecto de Orzamentos Xerais para 2013 |
NOS_57269 | Ducias de persoas formaron no barrio vigués de Coia unha cadea humana para exixiren un incremento do gasto social nos orzamentos municipais para 2013. Baixo o lema "Polo dereito a vivir con dignidade" demandaron que "a nosa riqueza se reparta de xeito que poidamos vivir dignamente con traballo ou sen el e que sirva para cubrir as necesidades básicas de todas as persoas" | Ducias de persoas tomaron parte na cadea humana que se levou a cabo no barrio vigués de Coia, convocada por Oficina de Dereitos Sociais de Coia e a parroquia Cristo da Victoria, para denunciaren tanto a difícil situación que atravesan milleiros de veciñ@s como demandar das administracións, e nomeadamente o concello, medidas ao respecto. "Día a día estamos a comprobar que en Coia, como noutros tantos barrios e lugares, a dor e a inxustiza gañan espazo baixo o rostro cruel do paro, a falla de recursos para chegar a fin de mes ou para facer fronte aos recibos de luz ou auga, a perda da vivenda...", afirmaron os convocantes. Unha situación que se plasma en datos: 14.000 persoas desempregadas no INEM de Coia (o 36% dos parados de Vigo), das cales só algo menos de 5.000 reciben algunha prestación ou subsidio. 14.000 persoas desempregadas no INEM de Coia (o 36% dos parados de Vigo), das cales só algo menos de 5.000 reciben algunha prestación ou subsidio. Aliás, afirman que, "debido principalmente a unha previsión orzamentaria insuficiente, tivo lugar un endurecemento das condicións e un incremento das dificultades para acceder ás axudas económicas municipais dirixidas a cubrir situacións de emerxencia e falta de recursos (pagamento de recibos de luz ou auga, alimentos, material escolar dos cativos...)". E a iso engaden "a escasez do número de axudas sociais e da contía das mesmas (só 5000 familias en Galicia e 1000 en Vigo perciben a RISGA, cunha media de 400 euros ao mes), vén a agravarse polos atrasos inadmisibles por parte do Concello á hora de tramitar ditas axudas, atrasos que supoñen un incuprimento intolerable da legalidade vixente en materia de RISGA, que obriga a resolver os expedientes en tres meses". Medidas Os e as concentradas exíxenlle ao concello que cumpra coa súa obriga de garantir os dereitos fundamentais das veciñas e veciños da nosa cidade incrementando de xeito considerábel, en detrimento doutras partidas non prioritarias, as destinadas a asuntos sociais e, en concreto, ás axudas económicas dirixidas a cubrir situacións de emerxencia e falla de recursos. |
NOS_16586 | O acto, promovido por máis de vinte persoas a título individual, celebrarase en Cacheiras, Teo. No mesmo presentarase o primeiro volume das súas Obras Escollidas. | Vinte e unha persoas decidiron a título individual render unha merecida homenaxe ao nacionalista e fundador da Unión do Povo Galego (UPG) Bautista Álvarez. O acto, un xantar-homenaxe, decorrerá este sábado no Restaurante O Pórtico (Cacheiras, Teo). A iniciativa tivo moita acollida desde o seu anuncio hai un mes e conta con todas as prazas esgotadas, máis unha extensa lista de garda. Comezará ás 14 horas coa actuación de gaiteir@s e ao remate falarán media ducia d@s promotor@s e o propio homenaxeado. Desde o grupo organizador, formado por Mar Álvarez Muro, José Modesto Álvarez Muro, Xurxo Álvarez, Nemesio Barxa, Francisco Carballo, Lois Diéguez, Natalia Escrig, Miguel Anxo Fernández Lores, María do Carme García Negro, María Pilar García Negro, Saleta Goi, Xosé Lois González "O Carrabouxo", Bernardino Graña, Felipe Senén López, Ana Paz Vilar, Millán Picouto, Néstor Rego, Francisco Rodríguez, Antón Sánchez Ribeiro, Xesús Seixo e Marisa Vázquez Barquero, salientan o compromiso do homenaxeado co lema "50 anos de militancia nacionalista". Presentación da Obra Escollida Na homenaxe presentarase o primeiro volume da Obra Escollida de Bautista Álvarez. O traballo constará, en principio, de tres volumes. O primeiro contén 30 textos, entre artigos e conferencias, da etapa máis recente que vai de 2005 a 2012. No limiar, realizado pola Fundación Bautista Álvarez, afírmase que é "unha obra de grande clareza e densidade política dentro do nacionalismo galego". Para María Pilar García Negro, directora da Fundación e membro da comisión organizadora, estamos diante da obra dun escritor cunha "grande bondade" e un "bon estilo" que conta "con dotes literarias froito da súa formación". Os volumes da Obra Escollida de Bautista Álvarez continuarán coas etapas anteriores até chegar aos primeiros publicados nos anos 60. "Hai unha cantidade enorme de información moi valiosa para sabermos da historia do nacionalismo galego contemporáneo en tres décadas", sinala García Negro, "da creación deste nacionalismo fóra do círculo de Ramón Piñeiro e conectado coa figura de Castelao". Os volumes da Obra Escollida de Bautista Álvarez continuarán coas etapas anteriores até chegar aos anos 60 Unha vida de entrega ao país Bautista Álvarez naceu nunha pequena aldea da parroquia de Lás, San Amaro, en 1933. Após o seu paso polos estudos en Ourense, onde entra en contacto coas primeiras lecturas políticas, trasládase ao Barco de Valdeorras. O 25 de Xullo de 1964 participa na fundación da UPG coa redacción colectiva dos "10 puntos" programáticos. Viaxa a Madrid en 1965 onde estuda Filosofía e Letras na Complutense, e cofundadorá o grupo "Brais Pinto", promovendo e presidindo o Seminario da Cultura Galega do Clube de Amigos da Unesco de Madrid. De regreso ao país en 1973 transládase a Vigo e forma parte, na clandestinidade, do Comité Executivo da UPG. Sofre represión e torturas por participar en varias manifestacións unha vez morto Franco. Neses anos, de 1975 a 1978, preside a Asociación Cultural de Vigo e escribe innnumerábeis artigos en varias publicacións de ámbito estatal. A fins de agosto de 1977, durante a celebración do I Congreso da UPG, celebrado en agosto de 1977, resulta electo Presidente. Vai manter ese cargo até a celebración do XII, en novembro de 2008, cando expresa o seu desexo de non candidatarse. Participou na fundación do BNG, facendo parte da súa Comisión Permante de 1982 a 2002. Foi deputado no Parlamento galego en varias lexislaturas desde a primeira en 1981. No 40º aniversario da constitución da UPG, en 2004, constitúese a Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas, que pasa a presidir desde o inicio das súas actividades. En 2006 entrégaselle o Iº premio Manuel María á dignidade nacional. |
PRAZA_20805 | Tras ampliarse de un a seis meses o prazo para resolver os casos e tampouco así cumprirse, a defensora do pobo pide crear a figura do "asesor confidencial" para corrixir conflitos antes de que teña que actuar o comité de intervención, sobrecargado de traballo | Tras ampliarse de un a seis meses o prazo para resolver os casos e tampouco así cumprirse, a defensora do pobo pide crear a figura do "asesor confidencial" para corrixir conflitos antes de que teña que actuar o comité de intervención, sobrecargado de traballoEn 2016 Xunta e sindicatos aprobaron un protocolo para a loita contra o acoso laboral na administración galega que fixaba nun mes o prazo para resolver as denuncias que o persoal autonómico formulase ao seu amparo. En 2019 a incapacidade de cumprir ese prazo levou ás dúas partes a mudar o protocolo e ampliar a seis meses o tempo para que un comité de intervención paritario analice os casos. Pero tampouco ese prazo se está a cumprir e agora a Valedora do Pobo vén de pedir ao Goberno galego que valore a posibilidade de incorporar ao protocolo "a figura do asesor confidencial para resolver os conflitos dun xeito áxil e informal, facendo así efectiva a prevención primaria que puidese evitar a consolidación da situación de acoso, antes da actuación do Comité de Intervención".Os atrasos non só se producen na resolución dos casos senón mesmo na primeira toma de declaración á persoa denuncianteTras mudarse o protocolo de loita contra o acoso a mediados de 2019 para ampliar de un a seis meses o prazo para resolver sobre cada denuncia, este diario comprobou un ano máis tarde que o comité de intervención formado por catro representantes da administración e catro dos sindicatos seguía a ter sen resolver casos con máis dun ano de antigüidade. O propio Goberno galego admitía que "en casos puntuais pode modularse ese prazo" pola complexidade das investigacións a realizar, pero a realidade era que nalgunha ocasión o comité, que na parte sindical está formado por persoal con outras ocupacións e sobrecargado de traballo, nin sequera tomara declaración ao denunciante por primeira vez ata máis dun ano despois de formular a súa denuncia.Agora, tras recorrer unha persoa denunciante dun posible caso á Valedora do Pobo polo atraso en obter resposta, a defensora da cidadanía vén de pedir á Xunta nunha resolución pública a figura dun "asesor confidencial" que poida actuar antes de que o comité de intervención resolva sobre o fondo da cuestión. Unha figura que viría paliar unha das principais eivas do protocolo, segundo admitían no seu momento membros do comité de intervención: non contempla medidas cautelares como o cambio temporal de posto de traballo mentres se investiga o caso.Na citación que reciben para declarar, os denunciantes de posibles acosos laborais son advertidos de que "as persoas que interveñan no procedemento, incluída a declarante, teñen a obriga de gardar unha estrita confidencialidade" A Xunta vén deitando a metade da responsabilidade do que ocorre co protocolo de loita contra o acoso laboral nos sindicatos (CIG, CCOO, UGT e CSIF) que o aprobaron e modificaron con ela e que participan no comité de intervención. Ao tempo, e sen que así figure no protocolo, as citacións para declarar ante o comité que reciben as persoas denunciantes inclúen a advertencia directa e persoal de que non poden contar por outras vías o que lles sucede: "As persoas que interveñan no procedemento, incluída a declarante, teñen a obriga de gardar unha estrita confidencialidade e reserva e non deben transmitir nin divulgar información sobre o contido das denuncias presentadas ou en proceso de investigación", din as citacións, limitándolles así ás persoas denunciantes a capacidade de loitar contra o presunto acoso a través doutras vías que non sexan a establecida no propio protocolo, como as denuncias públicas da súa situación. Sexan ou non vítimas de acoso laboral, a vitimización das persoas afectadas, reflectica en moitos casos en certificados médicos e baixas que evidencian unha situación laboral insostible, debe levarse en silencio e con paciencia, segundo constata agora a Valedora do Pobo. |
NOS_13588 | O que foi o festival fundacional do rock bravúa, aló pola década dos 90 do pasado século, é agora un encontro para amantes de punk de combate, rock antisistema e pachanga crítica. O Castañazo Rock, en Chantada o 2 e o 3 de novembro, conta este ano con nomes senlleiros como Boikot, Talco ou Dakidarría. | A festa arrinca a sexta feira 2 de novembro cun programa do que fan parte La Otra & Las Locas del Co, Desakato, Lágrimas de Sangre, o ska punk dos italianos Talco -entre os cabezas de carte- Mafalda ou o hip hop rebelde de Rebeliom do Inframundo. Ao día seguinte, sábado 3 de novembro, os madrileños Boikot ofrecerán un dos máis agardados concertos do festival. O seu primeiro disco data de 1990 -Los Ojos de la Calle- e coa trioloxía La Ruta del Che aumentaro a súa base de fieis. Ofrecen punk rock con conciencia crítica, ás veces no bordo do rock urbano. No escenario de Chantada seguiranos Smoking Solus, Zoo, os galegos Dakidarría ou Raiba, e N.O.H.A. Pero o Castañazo Rock non se reducirá ao recinto do mercado gandeiro. Durante a xornada do sábado haberá actividades para os máis pequenos -Castañazo Infantil-, cantos de taberna e pasarrúas coa charanga Mekánika Rolling Band. A maiores, a organización dispoñibiliza zona de acampada. As entradas están á venda. |
NOS_52292 | A exposición ao radon está detrás do 7% das mortes que se producen na Galiza por mor do cancro de pulmón. Unha porcentaxe que no conxunto do Estado diminúe ao 4%. Son datos dun estudo publicado por investigadores da Facultade de Medicina da USC e do Laboratorio de Radon da Galiza, en colaboración co Ministerio de Sanidade e o Consello de Seguridade Nuclear, publicado na revista Environmental Research. | O obxectivo principal da análise, liderada polo profesor da USC Alberto Ruano, foi estimar a mortalidade por cancro pulmonar producida pola exposición a radon. "O estudo aplica, por primeira vez, unha corrección da exposición a radon pola altura da vivenda, xa que as persoas que viven en pisos altos teñen unha menor exposición", sinala nun comunicado de prensa. Logo do 7% de mortes identificadas na Galiza pola exposición a este gas canceríxeno, a comunidade autónoma española máis afectada é Estremadura, cun 6,9%. "Os datos indican que, de non corrixir a exposición a radon pola altura da vivenda, a carga de mortalidade duplicaríase", engade. A meirande parte destas mortes ocorren en homes fumadores e exfumadores, afirma o estudo. Para esta investigación empregáronse datos do Mapa de Radon, cedidos polo Consello de Seguridade Nuclear —no que tamén colaborou o Laboratorio de Radon da Galiza— e riscos de cancro pulmonar obtidos nun estudo internacional, desenvolvido polos mesmos investigadores e publicado na mesma revista en 2020, que incluíu perto de 4.000 participantes. Os resultados desta investigación, informa a USC, teñen importantes implicacións para o desenvolvemento de políticas públicas de redución da concentración deste gas nas vivendas e para a aplicación da directiva europea de protección fronte ás radiacións ionizantes, tanto para poboación xeral coma para traballadores. "A directiva xa debería estar en vigor" desde 2018. "Cabe destacar que toda vivenda nova debe ter protección antirradon, tal e como indica o novo Código Técnico da Edificación e que as medicións deben facerse por Laboratorios acreditados", sinala Ruano. |
NOS_25221 | As pesquisas dos 43 estudantes desaparecidos o 26 de setembro de 2014 saca á luz 60 foxas comúns nos arredores de Iguala. Un documentario de TeleSur analiza o caso. | 'Vivos os levaron, vivos os queremos'. Eis a consigna que continúan a berrar as familias dos 43 estudantes normalistas de Ayotzinapa desaparecidos após seren secuestrados polas forzas policiais de Iguala. Malia o tempo decorrido, 10 meses, moitas son aínda as persoas que agardan, esperanzadas, que regresen con vida. Porén, as pesquisas apuntan en sentido contrario e dirixen a ollada cara á un final coñecido no Estado de Guerrero. Así as cousas, os erros nas investigacións e os atrancos institucionais --quer do estado, quer do goberno federal-- impiden coñecer que foi dos 43 mozos. Neste senso, a propia Procuraduría Xeral da República (PXR) falseou información sobre o caso, segundo declarou o xuíz, Ulises Bernabe García, participante nun programa de investigación xornalística da Universidade de California, en Berkley. E é que, ao contrario do que se apuntou inicialmente, os estudantes non terían sido trasladados á Comisaría municipal de Iguala logo do tiroteo que acabou coa vida de 6 normalistas, nen posibelmente tampouco incinerados no vertedoiro municipal como declararon os detidos no caso, a comezar polos integrantes de Guerreros Unidos, grupo paramiliar vencellado ao narco que tería actuado ao servizo do alcalde de Iguala e a súa compañeira, tamén detid@s; xunto con 48 policías municipais de Iguala e 10 de Cocula. Xornalistas de investigación e a Comisión de Dereitos Humanos de México denuncian a falsidade da Procuraduría Xeral da República nas investigacións De igual maneira, a Comisión de Dereitos Humanos de México denunciou o pasado 23 de xullo faltas e omisións no decorrer da investigación que exerce a Procuraduría. O presidente da Comisión, Luis González, apuntou a existencia de "faltas nas averiguacións, falta de atención e asistencia ás vítimas e omisións na práctica de dilixencias ministeriais federais e locais". Porén, as pesquisas arredor da desaparición dos 43 estudantes da Escola Rural Normal de Ayotzinapa puxeron ao descuberto unha realidade por moito negada e silenciada, os crimes de estado cometidos polas forzas de seguridade mexicanas. Na búsqueda dos normalistas foron atopadas, polo de agora, 60 foxas comúns cos restos de 20 mulleres e 109 homes, nas inmediacións do municipio de Iguala. Ningún deles, sinalaron as autoridades xudiciais, pertencentes aos estudantes. Neste senso, a propia Procuraduría Xeral da República sinalou após ter coñecemento da descuberta, que a cifra de foxas podería aumentar. As mesmas fontes, cifran as persoas desaparecidas en 25 mil 700, a maior parte delas desde que tomou posesión como presidente do país, Peña Nieto, en 2012. A historia repítese en AyotzinapaCutberto Ortiz Ramos, de 22 anos, é un dos normalistas desaparecidos. A súa nai, María Araceli, e a súa avoa agardan poder recuperalo vivo. Non é a primeira ocasión que esa familia vive o desespero dunha desaparición forzosa. Na década dos '70 o avó de Cutberto foi secuestrado polo exército mexicano. Nunca máis se soubo del. "Que é o que teñen contra os campesiños, contra os pobres, que é o que quere o goberno?" se preguntan nas declaracións recollidas por TeleSur que fan parte do documentario Ayotzinapa. A historia dos 43. Un crime de estado. Superviventes e familiares dos desparecidos apuntan a persecución do proxecto que representan os estudantes da Escola Normal Rural como motivación do crime de estado Na localidade de Ayotzinapa atópase a Escola Normal na que estudaban os 43 mozos desaparecidos. Un proxecto emanado da Revolución mexicada que visa garantir o dereito á educación nos lugares máis empobrecidos de México. Fill@s de familias agricultoras --obriga para poder estudar nestes espazos-- fórmanse como futuros mestres rurais cun pensamento crítico, conectado coa realidade social que atinxe o pobo traballador mexicano. Das por volta de 40 escolas normais rurais que chegaron a existir en México após a revolución só permanecen abertas 16. A falta de apoio gobernamental, nomeadamente económico, abocou a maior parte delas ao feche. A de Ayotzinapa é unha das máis emblemáticas e nela estudou, entre outros, o líder revolucionario integrante do Partido dos Pobres, Lucio Cabañas. No cerne do ataque e desaparición dos estudantes normalistas, as persoas que sobreviviron non dubidan en situar a persecución política como principal motivación. Porén, o estudantado da Normal de Ayotzinapa advirte: "non importa cantos nos maten, cantos nos desaparezan [porque] nós temos identidade". |
NOS_51397 | Unha estrutura previa, unida ao esforzo conxunto da comunidade universitaria, permitiron ás tres institucións académicas galegas facer unha adaptación "áxil" ao ensino virtual na pandemia. Os tres reitores chaman a tomar nota de cara ao proceso de reactivación do país após a Covid-19. | Varias conclusións comúns achegaron esta quinta feira os reitores das tres Universidades galegas á Comisión que se desenvolve no Parlamento para a reactivación económica, social e cultural após a Covid-19. Unha, que a transformación dixital é unha oportunidade de mellora no proceso de aprendizaxe –e tamén un reto social– que, en calquera caso, non pode substituír o ensino presencial como ferramenta "esencial" para a igualdade de oportunidades do alumnado. E dúas, que se as institucións académicas da Coruña, Compostela e Vigo foron quen de adaptarse "con axilidade" ás condicións que a pandemia e o confinamento impuxeron en marzo foi pola súa bagaxe, derivada dunhas estruturas "fortes" e un labor investigador sostido no tempo, malia os recortes neste ámbito aplicados na última década. Así o puxo de manifesto o reitor compostelán, Antonio López, ao apuntar as investigacións que lidera esta universidade no ámbito das vacinas: "Levabamos anos de traballo. Mais non sempre se dispón do financiamento necesario para soster estas estruturas; se queremos centros potentes debemos loitar por un financiamento básico para unha investigación forte". Na mesma liña, Julio Abalde, da Universidade da Coruña, reclamou financiamento "estábel e estrutural" para a investigación, non condicionado por convocatorias competitivas. "A nosa adaptación foi posíbel porque tiñamos a estrutura, a forza e o desenvolvemento xa feito. Esa estrutura non se monta dun día para outro", reivindicou, para reclamar tamén o papel da Universidade para "presentar proxectos que sexan quen de dinamizar a sociedade". A este respecto, chamou aos grupos parlamentares a contar coa Universidade no reparto dos fondos europeos de reconstrución. "Fraco favor nos faremos se desbotamos todo este saber investigador e de transferencia", concordou o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, quen fixou como un dos retos das institucións académicas "sermos capaces de presentar proxectos que dinamicen a sociedade e vaian máis aló". Fenda de coidados Na súa intervención, Reigosa alertou da fenda dixital que destapou a etapa non presencial, e que cada universidade paliou con distintos tipos de axudas, desde conexión wifi e préstamos de equipos informáticos a bolsas de matrícula, que non evitaron que, caso da Coruña, 200 estudantes renunciasen á mesma neste período. En Vigo, 300 alumnos e alumnas requiriron destas axudas para poder seguir o curso en remoto, "non nunha situación de igualdade de oportunidades, pero polo menos cunha certa normalidade", admitiu Reigosa, quen alertou tamén da "fenda de coidados" detectada nas diferencias entre a produción científica das investigadoras mulleres e dos homes no confinamento. "Debemos telo en conta na organización do teletraballo futuro", advertiu. Na sesión de onte tamén pasou pola comisión o director do CIFP Politécnico de Compostela, José Manuel Leis Blanco, para expor o papel da formación profesional no tecido sociolaboral galego, e Fernando Lacaci, da confederación de Anpas Galegas. |
PRAZA_17553 | Henrique Bazal, presidente da Asociación Rapa das Bestas: "Queremos proxectar a Rapa como o que é, unha tradición ancestral que forma parte da cultura do noso pobo e na que o respecto polos animais está por riba de todo" | Na parroquia estradense de San Lourenzo de Sabucedo viven apenas 60 persoas. Pero dende este venres, 6 de xullo, e ata o luns día 9, agarda recibir unhas 20.000 persoas e, entre elas case douscentos profesionais de medios de comunicación chegados dunha decena de países de Europa e América. Todas elas queren ser testemuñas dun ritual do que hai testemuñas dende o século XVII e que en Sabucedo máis ca unha festa é unha paixón: a Rapa das Bestas. O amplo programa impulsado dende a Asociación Rapa das Bestas comeza xa este xoves coa Gala dos Aloitadores, que evoca a veciñanza que participa nunha Rapa sobre a que este ano paira unha lembranza especial, a de Juan Carlos Monteagudo, "aloitador e traballador incansable na organización da festa" que faleceu o pasado inverno. A súa imaxe á fronte dos cabalos en 2002 ilustra o cartaz da Rapa do 2018 a través dunha fotografía do fotógrafo local Javier Lalín. A elección da imaxe, di o presidente da entidade, Henrique Bazal, "foi unánime". O momento recollido nesa icónica instantánea é nun dos momentos clave da celebración, a baixa, cando a veciñanza sobe ao monte polas bestas para conducilas cara ao curro. Ese momento repítese ano tras ano e este 2018 non será unha exepción, se ben o ritual comeza moito antes, contra as 6 e media da mañá do venres, cando os foguetes e as campás da parroquia dean paso á Misa da Alborada. Xusto a continuación a veciñanza sobe dende o lugar do Celeiro ata o monte do Montouto, onde as bestas viven ceibas durante todo o ano. Dende alí serán conducidas ata a chaira do Peón e despois, para unha zona pechada no Castelo. Pero antes da baixa definitiva ata Sabucedo, no mediodía do sábado, nesta parroquia da Estrada o menú festivo é amplo. Non en van, paralela á propia Rapa é a celebración do festival Rapasóns, que desta volta conta o venres con Davide Salvado, Fillos do Estramonio, Festicultores e Liviao de Marrao. Músicas tradicionais e modernas acompañarán a veciñanza e os visitantes ata as sete da tarde do sábado, cando se celebrará a primeira rapa no curro. A segunda chegará ás 12 da mañá do domingo e a terceira, a solidaria co Banco de Alimentos -parte da recadación será doada a esta institución na provincia de Pontevedra-, ás 12 da mañá do luns. As entradas para os tres eventos están á venda na web da Asociación. Henrique Bazal, presidente da Asociación Rapa das Bestas: "Queremos proxectar a Rapa como o que é, unha tradición ancestral que forma parte da cultura do noso pobo e na que o respecto polos animais está por riba de todo" Segundo Bazal, presidente da asociación, a Rapa das Bestas está destinada a "todos os amantes dos cabalos e da natureza", a quen convida a "vivir a tradición xa dende o venres, coa subida ao monte ás sete da mañá para axudar a xuntar os cabalos e baixalos cara ao peche do Castelo". "Queremos -di- proxectar a Rapa das Bestas como o que é, unha tradición ancestral que forma parte da cultura do noso pobo e na que o respecto, o coidado e o agarimo aos animais está por riba de todo". Neste sentido, e ante as "críticas vertidas nos últimos días dende colectivos animalistas" contra rapas doutros lugares do país, Bazal considéraas "erradas e inxustas". Salienta que "o curro, moito antes que festa ou espectáculo, é traballo; serve para identificar e desparasitar os cabalos", tarefa que "lles permite soportar mellor a súa vida salvaxe, lonxe dos coidados que poden ter os cabalos mansos". |
NOS_57225 | A través da campaña #ocaralloTVE, lanzada nas redes sociais, fan un chamamento á cidadanía galega para desintonizarmos a canle pública española, e sinalan que na dirección do ente só se argumentou que a programación taurina "ten audiencia" | Após coñecer que a televisión pública española emitirá unha corrida de touros nesta cuarta e en horario infantil, o colectivo Moz@s pola abolición --as mocidades de Galiza, mellor sen touradas-- cualifica de "aberración" a decisión de TVE, que sitúa nun panorama social propio do século XIX, en que "nin a violencia explícita nin as actitudes perigosas para o desenvolvemento das persoas menores de idade eran estudadas nin limitadas". Botando man do disposto na directiva europea Televisión sen fronteiras e na Lei xeral audiovisual, lembran as Moz@s pola abolición que nos devantidos textos aparece vetado "calquera contido que poida prexudicar ou indicir de xeito negativo no desenvolvemento psicolóxico e social dos nenos", entrementres o director de TVE, Julio Somoano, "cita informes xurídicos inexistentes" ou defende que os contidos taurinos "teñen audiencia". Con todo, segundo as cifras facilitadas pola plataforma abolicionista, a emisión de programas taurinos en La2 ou na radio pública española "non só ten pouca audiencia, senón que descende cada ano", para alén de alertaren que o financiamento privado cae tamén, polo que cada vez se destina máis diñeiro público para manter en antena esta programación. Perante este panorama, Moz@s pola abolición lanza nas redes sociais a campaña #ocaralloTVE, en que farán achegas en contra das touradas, ademais dun chamamento á cidadanía galega a desintonizaren TVE. |
NOS_26864 | Unha concentración, apoiada pola Plataforma de afectados polo viario de Beade (Avibe) e varias organizacións ecoloxistas manifestouse na Praza América de Vigo contra PO-010 A Balsa-Baruxáns. | Veciñanza das poboacións viguesas de Castrelos,Castrel Beade, Bembrive e Sárdoma manifestáronse este sábado en Vigo para denunciar as consecuencias que podería provocar no rural vigués o tramo do vial de alta capacidade PO-010 A Balsa-Baruxáns. Contaron para a ocasión co apoio da Plataforma de afectados polo viario de Beade (Avibe) e organizacións ecoloxistas como Adega, Amigos da Terra ou Greenpeace, Adega impulsa unhas xornadas formativas no Día da educación ambiental Ducias de persoas, baixo o lema "Salvemos o rural de Vigo", situáronse nos pasos de peóns da Praza de América para demandar a viandantes e condutores "que tomen partido para axudarlles a protexer a pouca natureza que queda á cidade", segundo indicou Avibe. As entidades convocantes buscan o apoio da cidadanía viguesa para concienciar sobre o que son "os beneficios de conservar a biodiversidade e o rural", facendo fincapé nos "custos ambientais e sociais irreversíbeis" que a iniciativa do vial tería sobre o rural vigués. Ademais, desde a propia plataforma de afectados apuntaron que esta estrada "favorecería a entrada masiva de vehículos na cidade". Vigo sae á rúa en repulsa a unha nova agresión homófoba Ana Pascual, portavoz de Avibe, manifestou durante o acto que o rural e a biodiversidade dos arredores da cidade olívica "son vitais para a saúde ambiental do Concello". A activista insistiulle ás viguesas e aos vigueses que lles "axuden a protexer a pouca natureza que nos queda e que lle digan connosco ao Concello que non ten sentido insistir en construír unha estrada que non é necesaria". |
NOS_2528 | O ferrolán Javier Gómez Noya rematou esta tarde no primeiro posto das Series Mundiais de Tríatlon celebradas en Estocolmo. A titánica carreira a pé do galego permitiulle lograr a vitoria. | Máis unha vez, o deportista galego Gómez Noya non fallou e fíxose coa 12º vitoria nas Series Mundiais. Co primeiro posto de Estocolmo, o ferrolán, que realizou unha brillante carreira a pé na que deixou atrás os rivais, encamiña o seu quinto mundial. O recentemente pregoeiro das festas de Pontevedra participará na vindeira fin de semana no duro Ironman 70.3, onde tratará de revalidar o seu título. O 5 e 6 de setembro, Gómez Noya, que xa ten praza para os Xogos Olímpicos de Río 2016, participará en Edmonton e concluirá do 15 ao 19 de setembro na gran final de Chicago. |
NOS_54389 | A perspectiva que nos deixa a poesía de Alicia Fernández fala, case desde o seu comezo, dunha visión disonante dos roles clásicos asociados á infancia e á feminidade. | Quince anos separan este Mamá pelicano (Premio Fiz Vergara Vilariño 2019) do libro debut de Alicia Fernández Botar o mar polos ollos, un feito anecdótico pero que nos alerta de que non sempre ese rastro bibliográfico é o mellor pulso para seguir unha traxectoria literaria. A presenza da autora foi constante a través de antoloxías, colaboracións na prensa e proxectos que transcenden a actividade creadora, como a participación activa nese raio de esperanza que foi a libraría Chan da Pólvora de Compostela. A perspectiva que nos deixa a poesía de Alicia Fernández fala, case desde o seu comezo, dunha visión disonante dos roles clásicos asociados á infancia e á feminidade. Un punto de vista que mestura, un pouco ao xeito doutros creadores contemporáneos de eidos gráficos, a construción social do que entendemos como inxenuo ou curriño con elementos descarnados que abren camiños para interpretacións subversivas e un tanto desasosegantes. Mamá pelícano / Alicia Fernández / Espiral Maior / 2020 / 81 páxinas / 14 euros Mamá pelicano parte dunha lenda que acomodou algunhas das simboloxías do cristianismo. A idea de que a nai pelicano non só leva as súas crías no pico, senón que tamén é capaz de abrir o peito para darlles de beber o seu sangue en tempos de carestía. Sobre esta idea do sacrificio máximo a poeta constrúe todo un universo propio, desde un punto de vista que volve ofrecer o mellor do seu particular imaxinario, conxugando elementos que se achegan ao bizarro con outros que podemos identificar na cotidianeidade das nosas propias vidas e afectos. Nese último sentido destaca un fondo, que sen ser central no poemario, si que nos devolve a algunhas das visións do rural que habitaron a poesía galega dos últimos anos. Un punto de vista que foxe da dulcificación e a épica da memoria para devolvernos unha lectura que raia co estrañamento e que tamén alude a moitas das violencias latentes nun eido moitas veces idealizado. Non é, porén, o logro central dun libro que se caracteriza pola súa capacidade para crear unha dicción propia, un lugar no que reinterpretar o pasado persoal e, de forma central, as relacións familiares. Un universo polo que transitan diferentes aves e onde o eu poético mesmo nos advirte da presenza dun cazador, pero onde as regras de funcionamento interno desbarátanse para poder explorar unha visión particular das relacións de paternidade e maternidade. O que é a familia, nun sentido amplo, pero tamén dentro de moitas das súas interseccións problemáticas: a paixón e o alimento, a vergoña e a xenreira. |
NOS_36005 | Seguen as acción de titulares das preferentes. Os ánimos ferveron máis aínda após coñeceren que só poderán recibir polos activos o valor que marque o mercado máis un 10%. É dicir, quen que asuman perdas de até o 70% dos investimentos, e non están dispost@s a consentilo | Cada vez quedan menos días do calendario sen teren anotada algunha mobilización das persoas estafadas no fraude das participacións preferentes e das obrigas subordinadas de Novagalicia Banco. A solución da arbitraxe, achegada pola Xunta, funcionará unicamente para ao redor de cen d@s 45 mil afectad@s desta entidade, 100 mil se contamos todos os casos rexistrados na Galiza. Con todo, o resto de entidades foron solucionando o problema ao trocaren as participacións por accións ou do reintegro dos cartos. Ao non cotizar en bolsa, Novagalicia Banco non pode acudir á vía do intercambio de preferentes por accións. As últimas novas ao respecto desta estafa deunas o ministro De Guindos no Consello de ministr@s da pasada sexta: non poderán perceber polos seus activos un valor alén do que poña o mercado máis un 10 por cento. Ou sexa, que estes milleiros de afectad@s van ter que sumir perdas de até o 70% nos seus investimentos. E a isto hai que engadir que o FROB vai ter potestade para impor a canxe obligatoria, sen poder os e as afectadas recurrir a decisión. Coñecidas as novidades, repasamos aquí embaixo as últimas mobilizacións. Ourense: Toman un pleno e exixen "unha solución política"Durante a sesión en que se aprobaron os orzamentos municipais medio cento de persoas afectadas irrumpiron no salón de plenos do concello de Ourense para lle reclamaren á corporación "unha solución política". Ante esta situación, o rexedor ourensán, Francisco Rodríguez (PSOE) parou o desenvolvemento da sesión e cedeu @s manifestantes a quenda de palabra. Feitas as reclamacións, abandonaron a sala. Ferrolterra: Buscan apoio en BNG e Esquerda UnidaA diferencia do acontecido en Ourense, o rexedor ferrolán José Manuel Rey Varela (PP) impediu a entrada no concello aos colectivos que se achegaron para transladarlle o seu malestar no caso das preferentes. Após anunciaren que porán os feitos en coñecemento do xuíz, nesta fin de semana outros dous grupos, Paps e Apres, botáronse á rúa para visibilizar a estafa que soportaron. O primeiro grupo concentrouse diante da sucursal de Novagalicia Banco ubicada fronte ao concello; o outro mantivo un encontro con dous dos grupos da oposición, BNG e Esquerda Unida, para facelos partícipes das súas demandas e exixir que lles volvan o cen por cen dos aforros. Lugo: Desconfian na arbitraxe e anuncian máis protestasTamén na cidade da muralla foron as oficinas do banco que estafou 45 mil persoas en toda Galiza o escenario escollido polas ao redor de cen persoas que se mobilizaron pola devolución dos seus cartos. Manifestaron o seu desacordo e desconfianza co procedemento da arbitraxe, para alén de que non garante o diñeiro de tod@s @s afectad@s. Advertiron de que non pararán até ter os cartos de volta nas contas, e de que calquera outra intención, ora do banco ora da Xunta, contará co seu rexeitamento e haberá máis protestas. A Illa: Acampada diante de Novagalicia BancoApós unha manifestación e unha concentración diante das oficinas desta entidade que se prolongou cunha acampada na noite da sexta feira ao sábado, decenas de afectad@s polas preferentes e polas obrigas subordinadas decidiron levantar as tendas que segundo o plan inicial permanecerían alí toda a fin de semana. Explicaron que lles cómpre descanso, pois para a semana que entra o calendario contempla mobilizacións da segunda á sexta ao mediodía diante da sucursal bancaria. |
NOS_27630 | O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, deu marcha atrás e o Estado si levará a termo o proxecto da variante exterior para a chegada do AVE a Ourense. A polémica agacha o fundamental: a demora na realización das obras. Fomento non dá agora ningún prazo para a conclusión da conexión Galiza-Madrid por alta velocidade. | Se estivésemos falando dun filme de Hichtcock diríamos que a variante exterior de Ourense é un simples macguffin, un artificio do guión para desviar a atención do fundamental ao accesorio. As árbores da polémica sobre o enlace de chegada da alta velocidade á cidade das burgas impiden ver o bosque de que o Goberno do Estado, mais unha vez, disponse a incumprir os seus prazos para a finalización das obras de alta velocidade de conexión de Galiza con Madrid. 2018 é xa un obxectivo ilusorio, mais Fomento non dá no seu canto ningún prazo alternativo e esta terza feira limitouse a afirmar, a meio dun comunicado, que a conexión de "Galiza coa Meseta" se vai realizar "no menor tempo posíbel". Esta retórica de Fomento entronca coa empregada esta terza feira pola Xunta da Galiza, quen, por boca de Alfonso Rueda, tampouco mantiña erguida a bandeira de 2018 e apelaba simplesmente a que as obras se concluísen "no prazo máis razoábel". Si pedía Rueda que se fixese "nos termos acordados inicialmente", petición que Fomento acolleu sen grandes problemas, porque todo indica que para o Ministerio a chave non está en como chega o AVE ao noso país, senón en cando. Nese mesmo comunicado de imprensa, o Ministerio de Fomento daba marcha atrás ao amago do seu titular, Íñigo de la Serna, sobre un hipotético desbotamento da variante exterior a Ourense. Non haberá tal. O enlace vaise construír. "Mantemos o compromiso de que a alta velocidade chegue a Ourense, tal e como estaba previsto, através da variante exterior, que uniría Taboadela e Ourense", afirma o departamento gobernamental. O que non se di é cando vai ser isto. Neste momento o proxecto está aínda en fase de estudo ambiental e aínda non foi licitado. O seu custo foi cifrado por De la Serna en por volta de 600 millóns de euros e o prazo para a súa realización roldaría os 4 anos. O que fará o Ministerio de Fomento para acortar os prazos é arbitrar unha solución transitoria: reformará a vía actual, que impide aos comboios superar os 100 quilómetros/hora, para o AVE chegar a Ourense antes de se realizar a variante exterior. Cando? Nin na Xunta nin Fomento comprometen data. O bosque continúa baixo unha mesta néboa. |
PRAZA_11710 | No marco das obras de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para o uso do Museo, lévanse a cabo nestes momentos sondaxes que permitirán en breve aproveitar a enerxía xeotérmica para producir calor e frío de xeito sostible. | A xeotermia é unha fonte de enerxía renovable pouco empregada en Galicia e relativamente descoñecida para moitas persoas. Baséase no aproveitamento da calor contida no interior da terra e utilízase principalmente para a climatización de edificios, sendo o noso país un dos territorios do Estado con máis potencial de uso, por razóns xeolóxicas, xa que os solos graníticos facilitan a súa utilización, pola súa alta condutividade térmica e por seren facilmente perforables. Dende o 2010 funciona a Asociación Cluster da Xeotermia Galega (ACLUXEGA), que busca desenvolver o uso desta enerxía."Esta medida suporá unha notable diminución do consumo anual de enerxía no edificio, evitando ademais a emisión á atmosfera de gases contaminantes de efecto invernadoiro"Dende hai meses estanse a realizar, dirixidas polo Consorcio de Santiago, obras de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego. No marco desta actuación lévanse a cabo nestes momentos sondaxes que permitirán en breve aproveitar a enerxía xeotérmica para producir calor e frío de xeito sostible. Os responsables da actuación destacan que "esta medida suporá unha notable diminución do consumo anual de enerxía no edificio, evitando ademais a emisión á atmosfera de gases contaminantes de efecto invernadoiro". E subliñan que "a enerxía xeotérmica non devolve á atmosfera o CO2 acumulado durante séculos, como si ocorre coa biomasa ou, de xeito moi marcado, cos derivados do petróleo".O Museo do Pobo converterase no primeiro edificio patrimonial de Compostela que empregue a enerxía xeotérmica, instalada dende hai anos no Parlamento de GaliciaO Museo do Pobo converterase así, ademais, no primeiro edificio patrimonial de Compostela que empregue a enerxía xeotérmica. Idoia Camiruaga e Ramón Fernández Hermida, arquitectos da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago, son os responsables deste proxecto e destacan a este respecto "en Santiago hai moi poucos edificios que obteñan a enerxía de acondicionamento térmico da xeotermia e ningún é patrimonial".Si o fai o Parlamento de Galicia, que no ano 2008 puxo en marcha un sistema de calefacción xeotérmico. Houbo que facer 18 pozos duns 125 metros para extraer do subsolo a calor necesaria para quentar auga a 45 graos. A actuación tivo un custo importante -uns 130.000 euros-, pero dende entón vén representando un gran aforro nos gastos xerados polo edificio.Galicia conta cun subsolo moi propicio para as instalacións de aproveitamento da calor da terra. Un informe do Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE) subliñaba que practicamente todo o país contaba cunha potencia térmica superficial importante. Galicia era, ademais, a quinta comunidade autónoma con máis potencia térmica total instalada. Acluxega sinala que a pesar disto "a enerxía xeotérmica, vinculada ao aproveitamento da calor da terra, é aínda a gran descoñecida das enerxías renovables". |
NOS_14555 | O xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) da Área Sanitaria de Ourense, Felix Rubial, prohibe ás traballadoras e veciñas que realizan o peche facer uso das instalacións da cantina, segundo denuncian as propias afectadas. | Desde o 2 de decembro traballadoras do Hospital de Verín e veciñas da comarca de Monterrei fan quendas para manter un peche de protesta, co que queren reivindicar a repertura do servizo de partos e de urxencias pediátricas. A presidenta da comisión do centro hospitalario, Rosa Eva, explica a Sermos Galiza, que lonxe de diminuír, cada vez máis persoas involúcranse participando nas quendas. "Temiamos que durante as datas próximas ao Nadal e durante as celebracións decaese a asistencia, mais sucedeu xustamente ao contrario", celebra. No marco desta protesta as participantes decidiron cear na cantina do centro hospitalario. "Dá servizo até as once da noite, cando a partir de entón quedan en funcionamento máquinas expendedoras xunto ás mesas", narra Rosa Eva, "puxemos unha lista para explicar que ceariamos alí e para que a xente se apuntase". A traballadora do centro recalca que en ningún momento as integrantes do peche trataron de organizar unha celebración ou evento festivo. "Mais o xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense, Félix Rubial, enviou un correo dirixido á comisión na que nos prohibiu facer uso das instalacións". Na misiva, á que tivo acceso este medio, o Rubial escribe que a cea "é contraria a finalidade do centro" por considerarse "un uso indebido e inadecuado das instalacións". "Non quixemos responder pois non queriamos aumentar a tensión ou ceder a este tipo de presión, mais como traballadora sabemos ben que uso debemos dar as instalacións", replica Rosa Eva. Paralelamente ao peche a pasada segunda feira tivo lugar unha nova protesta, desta volta en Ourense e organizada pola Marcha Mundial das Mulleres. Ante a nova biblioteca da cidade, que foi inaugurada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, reclamaron que "Verín non se pecha!". Un centro sen xerenteA presidenta do comité tamén informa que desde que tivo lugar o derradeiro nacemento dunha crianza en Verín, na madrugada do 12 de decembro, nin o xerente do centro hospitalario comarcal, Miguel Abad, nin a subdirectora de Enfermaría, Consuelo Abalde, acudiron aos seus postos de traballo. "Desde ese día non volveron pasar polo hospital", explica Rosa Eva. |
PRAZA_2418 | De Galiza viemos cá para conhecer esta excepcional experiencia e para dar cumprimento á colaboração entre Adega e a casa de Galiza de Santiniketam. | A casa de Galiza de Santiniketam ocupa um predio bem ageitado para os seus fins. A pouca distancia da Universidade e da casa de seu fundador o professor José Paz Rodriguez de Ourense. Neste lugar atende-se as atividades educacionais complementarias de crianças sem casta que lá vão passar a manhã do domingo até a hora do jantar. Uma espaciosa varanda antecede ao resto da casa que apenas conta com uma mesa de trabalho numa ampla sala. E um quarto dormitorio com uma casa de banho. Como compre ca na India onde tudo se faz a rentes do chão. Na varanda a miudeza faz os seus trabalhos de cantos, ou desenho,livre ou programado, disfrutando da sombra e do ar livre. Os jogos populares e educativos fazem-se no jardim (saltos, roda, carreiras...). Também o jardim é ussado para a comida comunitaria. Meninhas e rapazes despertos, sensiveis e educados usufruem deste privilegiado lugar O professor Paz ou Santidá como cá é conhecido, é um experto pedagogo, nomeadamente em pedagogia infantil. Seguindo os passos de Tagore na sua Terra. Este começara o seu lavor educativo pelas escolas infantís de Santiniketam, para depois continuar com os outros níveis de ensino até a Universidade que hoje tem a categoria de Universidade Central. Sendo o seu reitor o primeiro ministro do governo da India. Neste lugar de cultura e de alegria este galego de Ourense dessenvolve o seu lavor de investigação e de apoio as crianças . Sendo um dos maiores expertos em Tagore, a sua biblioteca sobre este prolífico intelectual pode ser a segunda maior do mundo,só depois da do congresso dos Estados Unidos. De Galiza viemos cá para conhecer esta excepcional experiencia e para dar cumprimento á colaboração entre Adega e a casa de Galiza de Santiniketam. Montserrat Lombardia presidenta de Adega-Lugo, e Adela Figueroa, presidenta da Fundacion Eira, que coordena as atividades da Eira da Xoana (a casa que Adega tem na aldeia de Ramil, Agolada) e castro de Remonde. Em virtude desta parceiria participamos nas atividades deste domingo em casa Galiza. Crianças despertas, desinibidas, educadas, alegres e participativas, fizeram-nos o mais lindo presente que se lhe pode dar a quem ama a educação e cré na cultura como factor de igualdade e mudança social. Aprendimos e colaboramos com elas cantando e fazendo todas as atividades que Santida já tinha programado e preparado. Até pudemos lembrar ao nosso querido Manuel Maria cantando com elas o Cuco cuco cuqueiro. Foi, em definitivo, um experiencia formosa,enriquecedora que deixa bem alto o pavilhão da Galiza nestas longincuas terras de Bengala. O coração da India. E que aproxima o mundo da cultura em laços de paz. Porque os seres humanos somos apenas um. A arte é a nossa criação mais sublime e cá, nas terras de Tagore, a musica, a poesia, ou a pintura estendem-se a toda a humanidade. Toda a Terra é uma. Coidemos dela praticando modos de vida sustentáveis. Com alegria e solidariedade. |
NOS_46897 | O Museo do Gravado de Ribeira dedícalle unha exposición ao artista que, en palabras de Luís Soeane, foi "exemplo dun tipo de galego que anda polo mundo, o fillo de emigrantes nado en un sitio, adaptado a outro e que mantén no seu fogar as costumes e o xeito todo de ser que procede da Galiza". | Na cidade de Bos Aires mesturábanse os vellos emigrantes galegos que fuxían da fame cos exiliados que fuxían da ditadura. O peronismo gañaba as eleccións, dando lugar a vivos debates políticos. O mundo da arte vibraba coa aparición de correntes que mostraban as distintas caras da modernidade: os novos realismos, a expansión do muralismo mexicano, a abstracción... Exiliados galegos como Luís Seoane, Rafael Dieste, Arturo Cuadrado ou Lorenzo Varela participaban desa efervescencia intelectual e creativa despregando unha actividade que incluía desde a organización de exposicións até a fundación de editoriais, desde a emisión de programas de radio até a edición de revistas. Nese ambiente formouse Albino Fernández, quen era, en palabras de Luís Seoane, "exemplo dun tipo de galego que anda polo mundo, o fillo de emigrantes nado en un sitio, adaptado a outro e que mantén no seu fogar as costumes e o xeito todo de ser que procede da Galiza". Pérez, nacera efectivamente, en La Habana, en 1921, fillo de emigrantes galegos que volverían en 1929 á Galiza por mor da crise económica internacional. Mais despois de tres anos en San Pedro de Viana, en Chantada, a familia toda volveu emigrar, desta volta á Arxentina, onde axiña destacou como debuxante, formándose con mestres tan destacados como Antonio Berni ou Lino Enea Spilimbergo. Converteríase ao pouco nunha figura de referencia no gravado arxentino. Co gallo do centenario do nacemento de Albino Fernández, o Museo do Gravado de Ribeira inaugura unha exposición da súa obra (do 5 de novembro de 2021 até o 17 de febreiro de 2022) que se enmarca dentro dos actos que conmemoran o vixésimo aniversario do Museo. A obra de Fernández non goza, talvez, da visibilidade que merece na Galiza e esta exposición visa a recuperar unha figura que foi quen de dar carta de natureza ao gravado contemporáneo en América e que mantivo durante toda a súa vida unha estreita relación co exilio galego na Arxentina. A importancia de Albino Fernández non vén dada só pola personalidade e a creatividade que se recoñece na súa obra, senón tamén por un labor organizativo e divulgativo que foi quen de proxectar a estampa ao máis alto nivel. Profesor na universidade de Tucumán, na Escola de Artes Gráficas e no Instituto Arxentino de Artes Gráficas, foi ademais o principal promotor do Club da Estampa de Bos Aires, cuxo principal obxectivo era promover o coleccionismo de arte entre públicos de recursos medios, que podían adquirir un orixinal a través dunha cota mensual. Toda esa actividade dirixida á democratización da arte tiña a súa orixe, probabelmente, na formación obtida xunto a mestres como Spilimbergo -compañeiro de mocidade do Colmeiro mozo, por certo- que lle transmitiu un concepto da arte indisociábel das preocupacións sociais e dun profundo sentido humanista. Series como "América", realizada entre 1971 e 1975, ou á dedicada ás Malvinas, iniciada en 1982, a raíz da guerra desatada entre Arxentina e o Reino Unido pola soberanía destas illas, non son senón dous exemplos desa forma de entender a arte. A exposición que agora se presenta no Museo do Gravado de Ribeira -comisariada polo crítico Carlos L. Bernárdez e o propio director do museo, Xoán Pastor Rodríguez- mostra ese profundo compromiso do artista, así como a súa intensa colaboración coa cultura galega na Arxentina, especialmente con Luís Seoane, con quen o uniu unha forte amizade que se mantivo até a morte deste último, en 1979. Editor de libros editados con obra gráfica orixinal Un aspecto moi importante do labor de Albino Fernández é o seu traballo como editor de coidadísimas publicacións ilustradas con obra gráfica. Nas décadas de 1970 e 1980, a editorial fundada por el, Albino y Asociados, dá ao prelo libros de extraordinario valor con xilografías orixinais como a colección de gravados Imágenes de Galicia (1979) de Luís Seoane ou os catro volumes de Senos de RamónGómez de la Serna, con xilografías de Víctor L. Rebuffo, Luís Seoane, José M. Moraña e o propio Albino Fernández. |
NOS_40056 | Sete clubes galegos clasifícanse para o campionato estatal, que decorrerá en Padreña (Cantabria) | Finalizada a tempada de bateis colleu o relevo na recta final do mes de maio a de traiñeiriñas, que porá o ramo esta fin de semana en Pedreña (Cantabria), onde vai ter lugar o campionato estatal desta modalidade de remo en banco fixo de seis remeiros e un patrón. A esa cita acudirán sete clubs galegos, que esta fin de semana se clasificaron no campionato galego, que se realizou en augas de Moaña. Un campeonato no que Tirán se impuxo en absoluto masculino e Cabo de Cruz, en categoría xuvenil e feminina. En 2015, o ouro en absoluto masculino foi para Cabo, en xuvel para Robaleira e na categoría feminina, Chapela. Estes dous clubs, campións galegos, irán a Pedreña. Acompañaralles Samertolameu e Moaña (para absoluta masculina), Cabana e Mecos (xuvenil) e Mecos e Chapela (absoluta masculina). No campionato de 2015, en Santander, Galiza conquistou 1 ouro, 1 prata e 2 bronces. Un total de 28 traiñeiriñas tomaron parte nese campionato |
PRAZA_17557 | Se empezamos xa a actuar como País e nos adiantamos no tempo, a sacudida da PAC non vai afectar á nosa calidade de vida, ó contrario axudará a mellorar problemas de Galicia. | Existe un órgano chamado Consello Agrario Galego, regulado na Lei 1/2006, de 5 de xuño. Na teoría é un grupo de traballo para definir as políticas agrarias de Galicia, aínda que estou seguro que moitos nin sequera sabedes que existe. É de sobra coñecido que a política agraria ven xa marcada pola PAC, sabendo que a política agraria común supón un 40% do orzamento da Unión, a creación do Consello Agrario Galego responde a unha estratexia de captación efectiva de fondos comúns. A autosuficiencia agrícola buscada pola Unión é hoxe un dos problemas futuros na construción e no asentamento do propio proxecto Europeo, xa que entra en conflito coa situación do éxodo de persoas dende a zona centroafricana cara Europa. Esa situación é a principal arma dos eurofogos, contrarios ó Tratado de Schengen que queren ir a unha Europa de fronteiras. Entra en conflito posto que a única maneira, ou a máis efectiva de axuda en orixe, é a mellora da calidade de vida e apoiar o crecemento agrícola dos países do Golfo de Guinea. O que necesariamente vai a supoñer unha redefinición da PAC. É responsabilidade de Europa no mundo e tamén unha medida real de loita contra a presión demográfica e como freo a eurofogos. Tarde ou cedo estas medidas saíran por necesidade dos centros de decisión de Europa, xa que logo é unha oportunidade para que o Consello Agrario Galego traballe en novas medidas relacionadas coa PAC, que non vaian no camiño da máis que probable axuda á macroprodución en África, na que Galicia tería a batalla perdida. É unha oportunidade para unha política agraria galega do rural, do I+D+I, da especialización, do turismo, da economía rural familiar e da diferenciación. Unha acción política que permita facer de Galicia un facho de futuro apostando por producións novas de alto valor engadido e de calidade para poder competir no mundo. Esta actuación necesariamente fixaría poboación no rural, aumentaría a calidade de vida e suporía a longo prazo unha mellora competitiva que dificilmente estaría en conflito cos grandes produtores que se esperan de África. A riqueza e o potencial galego, nada pode facer no campo das macroproducións, o camiño está xa marcado polo que se prevé por lóxica que pase, a diferenciación é que se empezamos xa a actuar como País e nos adiantamos no tempo a sacudida da PAC non vai afectar á nosa calidade de vida, ó contrario axudará a mellorar problemas de Galicia. Espero que o Consello Agrario Galego teña máis valor que o de pagar dietas ós asistentes, Galicia ten que aproveitar esta realidade. Publicidade |
NOS_45835 | Unha exposición sobre Luís Seoane estará aberta ate o 27 de setembro no Marco de Vigo coproducida pola fundación do artista na Coruña. A Fundación Luís Seoane abrirá este 19 de xuño unha mostra dedicada a Eugenio Granell, preparada desde a fundación do surrealista en Compostela. | O intercambio entre centros de arte do país provoca nesta primavera dúas producións retrospectivas sobre obras dos artistas Luís Seoane e Eugenio Granell cunha feitura singular, están promovidas desde as súas propias fundacións mais ábrense noutros espazos expositivos do país, a de Seoane no Marco e a de Granell na Luís Seoane da Coruña. "Luis Seoane. Retrato de esguello", comisariada por David Barro e coproducida polo MARCO e a Fundación Luis Seoane ofrece unha visión retrospectiva da obra dun autor con múltiples facetas, desde ilustrador, gravador, muralista, deseñador gráfico e industrial, narrador, poeta, escenógrafo ou ensaísta entre outras moitas. A obra estará aberta en Vigo até o 27 de setembro e itinerará logo ao Museo de Lugo, á Fundación Granell de Santiago e ao Centro Torrente Ballester para recalar en 2016 na Fundación Luis Seoane e outros espazos da Coruña. "O regreso dos amantes" Pola súa parte "Eugenio Granell, o regreso dos amantes" abrirá o 19 de xuño na Fundación Luís Seoane, comisariada por Eduardo López Valiña, da Fundación Eugenio Granell. A mostra recolle distintas obras que nos achegan á biografía e traxectoria artística de Granell e conmemoran o vinte aniversario da fundación con sede na compostelá praza do Toural ademais do vínculo do artista coa Coruña onde naceu en 1912, cidade na que tamén se desenvolveu a primeira exposición no regreso do exilio en 1986. A exposición componse de pinturas. collages, debuxos, fotografías, obra cinematográfica, libros e unha selección de obxectos e documentos de arquivo pertencentes ás distintas coleccións do Museo Fundación Eugenio Granell. |
PRAZA_5792 | Do 10 de outubro do 2013 ao 5 de xaneiro de 2014 celebrouse a exposición Elizabeth e o seu pobo (Elizabeth & her people) na National Portrait Gallery de Londres. Esta achega é unha reflexión sobre os retratos desta figura histórica que ocupa a temática da exposición. | A colección dos vibrantes retratos de Elizabeth I de Inglaterra (1533-1603) está unida á emerxencia do seu país como potencia. A través deles pódese aprezar unha loanza da personalidade desta gobernante. Sempre peiteada e vestida espléndidamente, de presenza rexia e asequible, aparece constantemente nos lenzos rodeada de mapas, globos terráqueos, libros, espadas, xardíns, orbes, pólas de oliveira, versos, arquitecturas, símbolos e referencias a narracións inspiradas na temática artúrica e clásica. O Retrato do Arco da Vella culmina tódalas imaxes dela, imbuído no espírito da cultura renacentista inglesa e da conciencia independiente de Elizabeth. O Retrato do Arco da Vella é pintado entre 1600 e 1602. Constitúe o último gran retrato de Elizabeth, cuxo grao de simbolismo e mensaxe destacan xunto a cadros coma Retrato de Armiño (1585. William Segar. Hatfield House, Hertfordshire) ou o Retrato Ditchley (1592. Marcus Gheeraerts o Novo, The National Portrait Gallery, Londres). A súa autoría non é segura: está relacionada con dous pintores da corte isabelina, Marcus Gheeraerts o Novo e Isaac Oliver. A formulación da obra está moi coidado. Posiblemente sexa a obra que mellor capta a atmosfera das aparicións públicas de Elizabeth. Aquí aparece magnífica, cómoda e cordial. Esta naturalidade remárcase polo emprego de brillantes tonalidades alegres que dan unha visión fresca e colorida. A colección dos vibrantes retratos de Elizabeth I de Inglaterra (1533-1603) está unida á emerxencia do seu país como potencia. A través deles pódese aprezar unha loanza da personalidade desta gobernante A inspiración deste retrato son os Himnos a Astrea, escritos por Sir John Davies en 1599. O poeta identifica neles a Elizabeth con Astrea. Astrea é identificación romana de Dike. Segundo Hesíodo, "existe unha virxe, Dike, filla de Zeus, maxestosa e respetable para os deuses que habitan no Olimpo" (Traballos e días, Fábula do falcón e o roiseñol). A súa nai é Temis, deusa da Xustiza, motivo polo cal a miúdo son similares na laboura e protección do equilibrio na sociedade. Erastótenes na súa Mitoloxía do Firmamento (segunda metade do século III a.C) a identifica coa constelación Virgo e recolle o relato de Arato sobre Dike. "Narra que nun principio ela era inmortal e que vivía na Terra cos homes, que a chamaban Xustiza". O Retrato do Arco da Vella é pintado entre 1600 e 1602. Constitúe o último gran retrato de Elizabeth Porén, co tempo isto troca, pois "deixaron de respetar a xustiza", ata que finalmente todo desemboca en discordia e guerras. Dike "aborreceunos definitivamente polo seu desprezo á xustiza e ascendeu o ceo" (Mitoloxía do Firmamento, Virgo). É Ovidio quen a chama "Astrea" (Metamorfose, as catro idades) e Virxilio considera a súa volta a Terra como o inicio da Idade de Ouro (Bucólicas, Égloga IV). Esta simbiose establecida por Davies é moi importante, porque incide no papel de Elizabeth como responsable da equidade social e de abrir unha era de auxe. O poeta tamén contribúe ao concepto dela como "A Raíña Virxe" asociándoa coa Virxe Astrea e establecendo a chegada do seu goberno coa prosperidade da Idade de Ouro. Ela é a "Real Astrea que fai o noso día/eterna no seu resplandor, non poderá/a escuridade total superala/eu agora entendo por que algúns escriben/ningún país ten tan curta unha noite/como Inglaterra ten en vran" (Himno VI, a un rousinol). O peiteado, o tocado, a xoiería e o traxe forman esta estética fantástica, penetrante e altamente imaxinativa. O cabelo longo, cobrizo e de reflexos louros trátase dunha perruca moi traballada. O peiteado é un semi-recollido descontextualizado, con formas rizadas e na zona frontal dúas torsades -guechos retorcidos sobre si mesmos-. Ten volumes medios e laterais. As ondas caen soltas sobre os ombreiros e o peito, contrastando de maneira suxestiva a cor do cabelo coa pel branca. Como complemento leva un tocado bordado de perlas, portando nel unha coroa de perlas, rubíes e topacios, rematada nunha lúa crecente. No lateral leva unhas plumas brancas arqueadas. Na parte frontal colgan perlas unidas por un topacio engastado e que seguen o modelado das torsades. Ademais das perlas en forma de lágrima, o cabelo está embelecido con broches de ouro engastados con topacios e rubíes. Tanto o peiteado como os complementos combinan de forma sutil a maxestade ca coquetería. As xoias teñen un marcado protagonismo. Cóntanse pendentes de ouro, rubíes e perlas, na gorgueira unha peza deseñada como unha luva en xemas preciosas, pulseiras e un colar de perlas, este último cun colgante de topacios, rubíes e unha gran perla. En concreto as pulseiras e o colar empréganse para resaltar as mans e a pel. E como é habitual na moda da segunda metade do século XVI, o colar vai recollido nun nó e despois solto. O vestido e as prendas que o acompañan teñen un papel igualmente importante. É un traxe branco, bordado de flores. Na manga leva cosida unha serpe de cor verde escura, cosido con diamantes, perlas, rubíes e topacios. A serpe leva na boca un colgante en forma de corazón cun rubí e sobre a cabeza do réptil, atópase unha esfera armilar prateada. Un manto de pano de ouro e forrado de tafetán de seda branco debuxado cobre o vestido. O manto distínguese polos motivos de ollos e orellas, así como polas perlas de distintas dimensións dispostas no bordo do tecido. Simbolicamente un dos elementos mais importantes é a xoia da lúa crecente que leva na coroa Elizabeth leva en conxunto tres gorgueiras, o que da maior complexidade á composición do vestido. A primeira gorgueira é de tea e acompaña o colar de perlas no pescozo. A segunda gorgueira é igualmente de tea e está engadida rodeando parte do corpiño. E por último está a gorgueira de finos aramios e armada ás costas, ornamentada con perlas e topacios de novo. Desta última gorgueira caen veos envolvendo a figura, dándolle unha aura que aboia arredor dela. No fondo escurecido pode ollarse o arco de medio punto clásico que enmarca a Elizabeth. De feito toda a luz está concentrada na súa figura, incidindo no xesto da man que sostén o Arco da Vella; este xorde do manto dourado dando sentido á frase en latín escrita á esquerda en letras tamén douradas: Non sine sole iris (Non existe o Arco da Vella sen o Sol). Simbolicamente un dos elementos mais importantes é a xoia da lúa crecente que leva na coroa. Un dos primeiro retratos de Elizabeth con este símbolo é unha miniatura de Nicholas Hilliard (1585-1586, Victoria and Albert Museum, Londres). Mediante un lazo o broche de media lúa colga no vestido, nunha vinculación de Elizabeth ca deusa Diana/Ártemis. Cos anos este vínculo faise mais forte, pois Edmund Spenser e Sir Walter Raleigh citan nos seus poemas a Elizabeth como esta deusa. En A Raiña das Fadas (1596) Spenser chámalle Belphoebe (Bel Phoebe, "Bela Diana") pois Febe (Phoebe) era un dos alcumes de Diana. Como deusa da Lúa aparece en Virxilio: "E xa o día tiña deixado o ceo e a nai Febe recorría o centro do Olimpo co noctámbulo carro" (Eneida X 215 s). Pola súa parte Raleigh alude a esta equiparación con Diana arredor de 1592 no seu poema O amor de Océano a Cintia. (Alcume que vén do feito de que Diana nace no monte Cintio da Illa de Delos). O atributo de Diana, a lúa ou a lúa crecente ven porque "tamén lle chaman Diana errabunda, non pola caza senón porque se inclúe entre os sete astros errabundos" (Cicerón, Natureza dos deuses 2, 68). No cadro vese non só na lúa crecente no tocado, senón nas propias perlas. Pola súa luminosidade e forma circular evocan a lúa e son un símbolo de virxindade. A equiparación con Diana resulta unha idea certeira polo feito de que Elizabeth rexeitara casar. A deusa da Lúa polo seu propio desexo de non casar é "a virxe venerable" (Himnos homéricos XXVII, a Ártemis 1-10). Diana é unha deidade ligada a Natureza, polo que estas connotacións aportan distintas cualidades á dimensión da Raíña Virxe. Da peza da lúa crecente segue en importancia a luva prendida na gorgueira. Elizabeth establece o igual que o seu pai Henrique VIII un modelo de corte onde imperaran os principios do amor cortés. A devoción do cabaleiro pola senhor é un principio que ela emprega para cultivar o respecto, a lealtade e a admiración dos distintos membros da nobreza. As prendas teñen un lugar moi importante no que finalmente sería un sistema de equilibrio de faccións, poderes e contrapoderes, porque son signos visibles de favor ou recoñecemento. O xesto íntimo de colocar esta clase de xoias preto do rostro e o peito, fai referencia a consideración na corte de Elizabeth coma a personificación do ideal cabaleiresco. A fama do protagonismo naval inglés válelle a Elizabeth, como a personalidade mais poderosa de Europa, o título de "A Raíña dos Mares" na República de Venecia A combinación de xoias e vestimenta simbólica está presente na esfera armilar, representa poder e coñecemento. A fama do protagonismo naval inglés válelle a Elizabeth, como a personalidade mais poderosa de Europa, o título de "A Raíña dos Mares" na República de Venecia. A isto súmase o éxito polo alcance de terras inexploradas e as relacións diplomáticas. Elizabeth empregaría dende moi cedo o motivo da esfera armilar como un símbolo da sabiduría e os seus froitos. A esfera armilar esta xusto sobre a cabeza da serpe cosida na manga, retorcida sobre si mesma. É un símbolo de Minerva/Atenea, deusa da intelixencia e da guerra. Chámanlle "prudente, de cambiantes formas, serpe" (Himnos órficos XXXII, a Atenea). A serpe leva no beizo un corazón, o que simboliza a clarividencia e o alento, ás enerxías, á xenerosidade. Faise eco dos versos de Sir John Davies. "Por este recto goberno ela axusta/cada pensamento que no seu corazón xorde/este é o seu limpo espello verdadeiro/a súa mirada no cristal, onde ela espía/todas as formas da Verdade e o Erro" (Himnos XXII, da súa sabiduría). Por estes motivos a dimensión de Elizabeth-Minerva é axeitada; Minerva é unha deidade preparada para o combate, se ben prefire favorecer a paz e a vitoria mediante o intelecto. Preside o coñecemento, a instrución, as habilidades, as técnicas. É protectora do traballo e estímulo para producir. Tamén como Diana é doncela. Minerva é a "que rexeita o matrimonio, felicísima nai das artes" (Himnos órficos XXXII, a Atenea). Iso fai que se refiran a ela como a "virxe Palas Atenea" (Himnos homéricos XXVII, a Atenea 5-16), sendo facetas que súmanse na figura icónica de Elizabeth. |
NOS_51087 | Aínda que as algas conten cunha tradición centenaria en moitos dos países do mundo, como é o caso de Xapón, a utilización da alga na Galiza como produto culinario aínda ten moito que avanzar. Porén, numerosos chefs de fama internacional, entre os que se atopan varios galegos, levan anos valorando este alimento e apostando pola súa calidade. | Nos últimos anos estanse a realizar grandes descubrimentos no referido á gastronomía; novas técnicas, novos produtos, novas formas de entender a cociña contemporánea e mesmo de desfrutala. A tradición gastronómica galega é internacionalmente coñecida e moi valorada polos e polas mellores chefs do mundo. Existe unha listaxe moi longa da variada oferta de produtos de calidade da Galiza, pero se por algo destaca o país é polos alimentos do mar: peixes, mariscos, moluscos, crustáceos... que constitúen un auténtico manxar. Esta produción débese á riqueza das augas das rías galegas que, ao conteren tantos nutrientes, permiten aos animais mariños medrar nunhas condicións óptimas. A calidade compróbase ao degustar un produto que, cunha preparación adecuada, transporta o comensal aos recunchos máis recónditos do océano. A ollos das persoas estranxeiras, na Galiza consómense produtos bastante curiosos, como o tradicional polbo; os comensais foráneos esfórzanse en cortar cada ventosa por reparo a comela. Outro prato difícil para a poboación non galega é a ancestral lamprea, cuxa preparación tradicional consiste en cociñala no seu propio sangue. Exóticos tamén son os percebes, pola súa forma e a súa textura, que contan cun valor engadido do risco vital para as persoas; talvez por iso son considerados os reis do marisco galego. Porén os ourizos de mar ou as peneiras, tamén coñecidas como orellas de mar ou orellas de Venus, están a acadar unha grande importancia no mercado internacional desde os últimos anos. Existen mil tipos de algas diferentes, das cales unha gran parte son comestíbeis Á beira destes mariscos, un dos produtos que máis continúa a sorprender os comensais, a pesar de levar xa anos nas cartas dos mellores restaurantes, é a alga. Existen mil tipos de algas diferentes, das cales unha gran parte son comestíbeis. As algas nori ou wakame son exemplos bastante coñecidos e, pouco a pouco, tamén o comeza a ser a alga kombu. As tres especies son típicas da gastronomía xaponesa, se ben cada vez teñen máis presenza nos países europeos. Algas verdes, algas vermellas e algas pardas son as tipoloxías diferenciadas pola súa preparación. Entre as primeiras atópanse a leituga de mar ou as uvas de mar, típicas de Indonesia, ambas as dúas idóneas para comer frescas e en ensaladas. Pola súa parte, as algas vermellas empréganse máis para o sushi ou tamén para fritir ou cociñar cunha elaboración previa, como a xa citada alga nori, o musgo irlandés ou o perexil de mar. Finalmente, entre as algas pardas, encóntranse a laminaria, o wakame ou o hiziki, tres especies empregadas, maioritariamente, para a elaboración de sopas. Nas cociñas galegas costa incluír este produto, que xa é utilizado tradicionalmente en diferentes países do mundo. É grazas a iniciativas como a peixaría Fresco e do Mar que a alga galega empeza a coller algo de renome. Esta peixaría en liña vende produtos mariños procedentes da pesca artesanal da Costa da Morte e da Ría de Muros e Noia e entre os seus principais valores destacan o compromiso no apoio dunha pesca xusta e sostíbel. Entre os alimentos que vende atópanse as algas, ben en conserva, como o codium, a wakame ou a kombu; ben envasadas frescas nun tarro. Tamén existen diferentes empresas familiares que preparan as conservas das algas, comercializadas en po, en salazón ou mesmo frescas, como é o caso da conserveira Porto-Muíños ou Conservas Lou, que levan procesando este alimento desde finais do século pasado. Até non hai moitos anos, o uso das algas na Galiza limitábase á industria cosmética, a servir de fertilizante da terra, como alimento para o gando ou, no ámbito gastronómico, como xelificante Até non hai moitos anos, o uso das algas na Galiza limitábase á industria cosmética, a servir de fertilizante da terra, como alimento para o gando ou, no ámbito gastronómico, como xelificante, espesante e estabilizante (para desenvolver técnicas de alta cociña). O curioso do caso galego é que se importan grandes toneladas de algas aínda que a Galiza conta, na súa costa, coa maior despensa do conxunto do Estado español. Esta situación débese a que as pequenas conserveiras abastécense do que produce a nosa costa mentres que as grandes empresas estatais como a Compañía Española de Algas Marinas (Ceamsa) non envasan algas para o consumo senón para producir espesantes industriais como o carraxenato, un aditivo empregado na industria cárnica e láctea e tamén como espesante para lambonadas ou xeados, provocando unha deterioración da nosa industria. No Estado español, en 2019, producíronse un total de 5,2 toneladas de algas comestíbeis, das cales o 17% proviña da Galiza e o restante de Andalucía, segundo o informe anual que recolle os datos obtidos o pasado ano 2020 por Apromar, a Asociación Empresarial de Acuicultura do Estado español. Hai chefs internacionalmente recoñecidos, varios deles galegos, que si souberon valorar a calidade das algas da Galiza, denominadas entre os cociñeiros e cociñeiras como "verduras do mar", e decidiron integralas nos seus pratos. Na Galiza lévase comercializando coa alga desde os anos 80, porén non foi até 2006, en que Ferran Adrià as incluíu nun dos seus menús de El Bulli, cando se comezou a considerar un produto cun gran potencial culinario. Posteriormente, colaboraron |
NOS_6196 | O aumento de persoas en desemprego fai que abrollen na Galiza estas fórmulas organizativas. | Un grupo de persoas en paro de Lugo decidiu impulsar e crear una asemblea de desempregad@s como fórnula para defender os seus dereitos. Así pois, máis unha plataforma de persoas en desemprego constituíuse na Galiza nuns tempos de crise en que este colectivo (máis de 260.000 na Galiza) non quere ficar á marxe. Aínda que no traballo de impulso desta asemblea xogou un papel a CIG, non é precisa para formar parte ningunha relación con este ou outros sindicatos. "Esta Asemblea funcionará con carácter aberto á totalidade de persoas desempregadas que queiran traballar nela; isto é, non estará pechada á afiliación da CIG senón que como xa é o caso hai perosas non afiliadas á nosa central sindical que xa participaron na reunión constituinte", manifestan os seus promotores. Actividades A asemblea de desempregad@s de Lugo reunirase cada primeira terza de mes no salón de actos da casa sindical sendo a vindeira reunión a vindeira terza 6 de novembro ás 11:00h. Membros desta Asemblea van facer repartos informativos a terza 30 e cuarta 31 de novembro nas dúas oficinas de emprego da cidade de Lugo co obxecto de ir dando a coñecer entre as persoas de Lugo en situación de desemprego e animándoos a participar nela. Contacto: [email protected] |
NOS_8152 | O presidente da Xunta prima para a saída da crise os intereses económicos e empresariais aos sociais e laborais. | A Xunta prepara o terreo para a saída dunha crise que vai ser especialmente profunda no económico. Para deseñar ese futuro, o presidente Alberto Núñez Feixoo encomendoulles a varias expertas a tarefa de consensuar solucións para que os efectos da pandemia de coronavirus afecten o menos posíbel á economía galega e ao seu tecido produtivo. Nese tecido produtivo, as traballadoras son parte esencial, e tamén as que están a pagar en maior medida as consecuencias desta crise, sexa en forma de ERTE ou de cese de actividade no caso das autónomas, ás que a Xunta non está prestando demasiada atención. De feito, nesa comisión de expertas deseñada polo Executivo galego non haberá representación das traballadoras. Si que haberá das empresas, xa que están chamados a participar nas xuntanzas o Círculo de Empresarios de Galicia e a Asociación Galega da Empresa Familiar. A Xunta, pola súa banda, estará representada polas consellarías de Economía, Medio Rural e Mar. As centrais sindicais da Galiza así como os clústers e as asociacións gremiais quedan, pois, fóra dunha mesa de traballo na que a recuperación do mercado laboral será unha das principais cuestións a tratar. A súa ausencia só pode significar que o Goberno de Feixoo está disposto a sacrificar dereitos laborais con tal de que as empresas galegas volvan xerar cartos. Os problemas sociais derivados da crise da COVID-19 serán temas a tratar máis adiante, polo que dá a entender Feixoo con esta configuración. Pero a dos sindicatos non é a única ausencia. Tamén chama a atención que o Executivo galego prescindise da patronal na mesa de expertas. A Confederación de Empresarios da Galiza (CEG) leva anos sumida nunha crise que afectou enormemente ao seu poder de representatividade do tecido empresarial do país, unha debilidade da que se aproveitaron entidades como o Círculo de Empresarios. Como lles explicou o propio Feixoo aos integrantes deste selecto grupo na misiva na que lles pedía a súa colaboración, o obxectivo da Xunta é non perder máis tempo e manter a primeira reunión por vía telemática esta mesma semana. "Somos conscientes da necesidade de tomar a iniciativa para reactivar a economía e adiantarse para estar preparados para afrontar unha difícil recuperación cando a situación sanitaria deixe de ser extraordinaria", sinala no texto. Pluralidade mal entendida A comisión é un espello da política de concentración levada a cabo polo Executivo do PP, con empresas pero sen sindicatos, con representantes políticos, pero limitando a pluralidade ao PP e o PSOE. As súas funcións serán determinar o impacto das medidas de restrición para despois avaliar os posíbeis escenarios de saída da crise achegando propostas económicas, laborais e fiscais para dita reactivación, contando para iso coas contribucións de economistas e empresarias. "Queremos contar coas mellores", destaca o presidente Feixoo na súa carta, na que invita as expertas a procurar solucións para que Galiza "sexa capaz de facer fronte a esta crise da mellor maneira posíbel". Inditex e Reganosa, con voz no comité Entre os nomes propios da lista configurada por Feixoo figuran o do economista e ex presidente socialista da Xunta Fernando González Laxe, que tamén é doutor en Ciencias Económicas e Empresariais; o do presidente do Foro Económico, Santiago Lago; mais tamén os de representantes de grandes empresas como Inditex ou Reganosa. Este é o caso de Emilio Bruquetas, o director xeral da planta regasificadora controlada pola familia Tojeiro (Gadisa), e o de Ignacio Fernández, profesor de Facenda Pública e director xeral de Finanzas de Inditex. A eles súmase a vicegobernadora do Banco de Desenvolvemento do Consello de Europa e ex secretaria xeral do Tesouro e Política Financeira, Rosa Sánchez Yebra. Do Círculo e da patronal da Empresa Familiar participarán as súas respectivas directivas. |
PRAZA_15570 | A figura foi depositada ás 3.30 da madrugada nun caixeiro de Compostela "como tantos outros cidadáns e cidadás anónimas". O colectivo afirma que "pronto a maioría social demandará unha sociedade igualitaria onde onde ninguén espertará sen casa, sen traballo, sen saúde, sen acceso ao ensino" | O neno Xesús xa é libre. Fomos Armala Raptando Temporalmente Ao Susiño (FARTAS) remitiu esta madrugada aos medios un comunicado no que anunciaban que a figura viña de ser depositada nun caixeiro do centro de Santiago e que alí pasaría a noite "como tantos outros cidadáns e cidadás anónimas". De feito, foi atopado pouco antes da nove da mañá nunha oficina do BBVA en Conxo. Os membros do colectivo auguran que a restitución do boneco ao pesebre instalado na Praza do Obradoiro polo Concello "será inmediata" pola gran preocupación dos poderes públicos por este asunto. Pero que pola contra "seguiredes sen solución para os milleiros de familias que están a sofrer as consecuencias da crise económica construída como unha grande estafa pola Banca e os seus políticos adxuntos". "Pronto, a maioría social demandará outra sociedade onde ninguén espertará sen casa, sen traballo, sen saúde, sen acceso ao ensino, sen dignidade, sen respeto, sen a calor das demais" Fartas din que "estamos fartos e fartas de vós. Dádesnos un noxo profundo". E advirten de que "pronto o conxunto da poboación espertará. Pronto, a maioría social demandará outra sociedade radicalmente igualitaria onde seredes uns máis, onde os vosos privilexios virarán pó e meras lembranzas. Onde ninguén espertará sen casa, sen traballo, sen saúde, sen acceso ao ensino, sen dignidade, sen respeto, sen a calor das demais". E despídense cun "vémonos nas rúas" e "o que ri o último, ri mellor". |
PRAZA_20842 | A lei que agora impulsa o PP ten o Banco de Terras como peza clave e inclúe medidas nas que os populares vían unha "sovietización encuberta" con "incautacións de terras" de consecuencias "gravísimas". A norma regula aspectos como a investigación sobre a propiedade dos predios, que poderá comezar por iniciativa da Xunta ou por "comunicación ou denuncia" de terceiros, e estipula en que casos unha parcela se considera abandonada ou "infrautilizada" | Unha "sovietización encuberta" de consecuencias "gravísimas" por non ser Galicia "un país pertencente ao extinto pacto de Varsovia". Estas foron algunhas das consideracións que, entre 2007 e 2009, o PP esgrimiu no Parlamento a respecto do Banco de Terras que estaba a impulsar a Consellería do Medio Rural, na altura dirixida por Alfredo Suárez Canal (BNG). A lei que agora impulsa o PP ten o Banco de Terras como peza clave e inclúe medidas nas que os populares vían unha "sovietización encuberta" con "incautacións de terras" de consecuencias "gravísimas""Coidadiño co sentido da propiedade!", advertían naqueles anos os populares por boca do daquela deputado Roberto Castro, quen posteriormente exercería como alto cargo do Goberno de Feijóo e posteriormente, do de Rajoy. O PP aseguraba ver unha "incautación de terras" nalgunhas das medidas asociadas ao novo instrumento, tales como a incorporación ao Banco de Terras de leiras abandonadas ou de propiedade descoñecida.Cando están a piques de cumprirse doce anos da campaña electoral que remataría co retorno do PP á Xunta -durante a cal, membros deste partido contribuíran a espallar na provincia de Ourense panfletos con alertas segundo as cales, PSdeG e BNG ían "quitarche as túas terras e darllas a outros coa escusa de que non as traballas"-, a formación conservadora vén de comezar a tramitar no Parlamento a súa lei de recuperación da terra agraria. Como xa avanzaran, o texto contempla e mesmo amplía varias daquelas medidas que desdeñaran por comunistas, tamén co Banco de Terras como peza clave.Lonxe das alertas sobre "intervencionismo e incautación de terras", a lei que o PP se dispón a aprobar apoiado na súa maioría absoluta evidencia a vontade de "reforzar o papel do Banco de Terras" como "instrumento público de intermediación na mobilización da terra agraria". Agora, sinalan, funcionará con menos "trámites administrativos" e convérteno na "figura fundamental para o desenvolvemento dos novos instrumentos da recuperación da terra agraria".O amplo texto legal, de máis de 170 páxinas, con 143 artigos e numerosas modificacións de normas anteriores, contempla, por exemplo, o xeito en que a Xunta vai poder "promover a investigación sobre a situación" de terreos "dos que non se teña certeza sobre a súa titularidade". Estas investigacións, que o Goberno galego canalizará a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), poden comezar por iniciativa da propia Consellería do Medio Rural, pero tamén por "comunicación ou por denuncia" de terceiros.A nova lei regula a investigación sobre a propiedade dos predios, que poderá comezar por iniciativa da Xunta ou por "comunicación ou denuncia" de terceiros, e estipula en que casos unha parcela se considera abandonada ou "infrautilizada"Mentres a Xunta investiga a propiedade dunha parcela, esta "poderá ser integrada transitoriamente no Banco de Terras" como medida cautelar e Medio Rural terá na súa man cedelo para a súa explotación, xa sexa mediante pagamento ou de balde, no caso de entidades públicas ou sen ánimo de lucro. No caso de aparición da persoa titular, a Xunta instaríaa a facerse cargo da leira e das obrigas que leve asociadas. Pero "se o procedemento de investigación conclúe coa declaración de que a parcela foi abandonada polos seus donos ou o seu dono é descoñecido", pasará a ser propiedade da Xunta a través da Agader -antes, pasaba ao patrimonio do Estado- e, como norma xeral, incorporada ao Banco de Terras. "Cando se lles saca terras de donos que non saben quen son, pero teñen donos, hai unha incautación de terras", defendían os populares previamente.A nova lei tamén tamén sitúa o Banco de Terras como peza clave nos terreos que a Xunta declare como "abandonados" ou "infrautilizados". Neste caso, entre as "opcións" que Medio Rural presentará ás persoas propietarias figura o "compromiso de realizar unha "práctica agroforestal adecuada" ou "acreditar a cesión a un terceiro" que o faga. Pero tamén a "solicitude de incorporación do predio ao Banco de Terras" despois da "realización, a costa da persoa propietaria" dos "traballos de mantemento" que indique a propia Xunta.Lonxe das reminiscencias soviéticas que dicía identificar cando o Goberno da coalición de PSdeG e BNG promoveu medidas semellantes, o PP defende a nova lei -como facía daquela o departamento de Suárez Canal- en xeral e o Banco de Terras en particular como unha vía para "poñer a producir terras arestora abandonadas e infrautilizadas". Con instrumentos coma estes, defenden, será máis doado "achegar base territorial suficiente a aquelas explotacións que o precisen".Lonxe das reminiscencias soviéticas que dicían identificar nestas medidas cando foran promovidas por Suárez Canal (BNG), os populares sinalan que a norma pretende "poñer a producir terras abandonadas ou infrautilizadas" e facilitar "base territorial suficiente" ás explotacións que a precisenNeste sentido, o voceiro parlamentario dos populares, Pedro Puy, sitúa a orixe da norma nas conclusións da comisión de estudo desenvolvida no propio Parlamento tras a vaga de incendios de 2017. Nesta liña, o conselleiro do Medio Rural, José González, ve importante poder atallar o "enorme grao de descoñecemento da titularidade dos predios", que "complica os procesos de mobilización". Todos estes procedementos, defenden ambos, teñen "garantías plenas" de "seguridade xurídica". Estas operacións teñen dende 2019 o aval da Comisión Superior de Dereito Civil de Galicia, que emitiu "ditame favorable a regular a atribución da titularidade dos bens vacantes en favor da comunidade autónoma". Deste xeito, a Xunta poder realizar esta incorporación das leiras de propiedade descoñecida ao Banco de Terras sen ter que pasar previamente polo Estado. |
NOS_10788 | O mozo, que ten 19 anos, foi expulso dúas veces do estadio Multiusos do Sar, en Compostela. A segunda vez non levaba simboloxía ningunha. Porén, a propia policía levouno até o hospital para que recibise atención médica polas lesións que lle causaron. O xuízo por estes feitos será o 6 de febreiro. | A presenza da bandeira nacionalista galega nas bancadas dun estadio deportivo voltou ser motivo de represión policial. Aconteceu, desta volta, no Multiusos do Sar, en Compostela, durante un encontro do Obradoiro na Copa Galiza de baloncesto. Ao inicio do partido e namentres @s siareir@s entoaban o 'Miudinho', F.B., de 19 anos, e un compañeiro del despregaron dúas bandeiras: unha delas da asociación Que voltem para a casa! e a outra a nacional. No mesmo momento en que isto aconteceu, varios vixiantes da seguranza privada achegáronse aos dous mozos para advertir de que "no estadio non pode haber simboloxía política". Os dous siareiros reclamaron máis explicacións que a mera prohibición e foi entón cando se achegaron dous axentes da policía española. Lonxe de dar argumentos, mostráronse lacónicos: "garda a bandeira e ponto". Segundo a denuncia que con posterioridade presentou F.B., ao exixir a identificación dos policías só obtivo o número de placa dun deles e resultou ser falso. Após ameazar con o expulsar do estadio, remataron por facelo empurrándoo polas escadas canda outras catro persoas que presenciaban canda el o encontro, tal e como consta na denuncia á cal tivo acceso Sermos Galiza. Máis unha expulsión, agora sen bandeira e requerindo atención médica Unha moza que tratou de axudar F.B. recibiu dous golpes propinados coas porras dos axentes, tal e como consta nun parte de lesións realizado após recibir atención médica. O 5 de xaneiro, o mozo foi xulgado por "agresións" e "desobediencia", os dous delitos que constan sempre na denuncia que a policía española presenta en contra de quen @s denuncia a el@s. Un día antes do xulgamento, F.B. voltou ser expulso do Multiusos, desta volta sen portar bandeira ningunha. Segundo consta o parte de lesións realizado no Complexo Hospitalario de Compostela, até onde foi conducido pola propia policía para recibir atención médica, a presión con que lle colocaron os grilletes causoulle "cortes nos pulsos". O xulgamento por esta segunda denuncia decorrerá o vindeiro 6 de febreiro na capital galega. |
NOS_27663 | Planificar as compras, apostar no comercio local, evitar embalaxes excesivas ou mercar produtos frescos, do país e etiquetados en galego son algunhas das accións que podemos levar a cabo, sexamos ou non crentes, para gozar dunhas festas respectuosas co medio ambiente | O impacto ambiental negativo que producimos durante esta festividade é desmesurado, un alto custo derivado de todas as cuestións relacionadas coa iluminación, alimentación, viaxes, agasallos… Sendo o problema principal os residuos que se xeran e que representan unha porcentaxe elevadísima se o comparamos co decorrer do resto do ano. Pensemos só, por exemplo, en todos os excesos que proveñen da sobreembalaxe dos produtos. Vivir e gozar dun Nadal respectuoso co medio ambiente é, ademais de sinxelo, necesario Coa finalidade de paliar eses danos, achegamos orientacións diferentes e ecolóxicas que poden ser fáciles de incorporar, porque vivir e gozar dun Nadal respectuoso co medio ambiente é, ademais de sinxelo, necesario. Por iso, se procuras algo máis que orixinalidade á hora de facer agasallos, que respecten os dereitos humanos e o medio ambiente, anota estas propostas sinxelas e efectivas que nos facilitou Marie Lacassagne, responsábel de consumo de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), con recomendacións de diversa índole e facilmente aplicábeis. Consellos O primeiro paso é planificar e programar as compras, "ter en conta aquelas cousas que nos son realmente útiles, aquelas ás que se lle vaia dar un verdadeiro uso", afirma Lacassagne. Deste xeito, evitaremos mercar en exceso ou artigos que non necesitamos, así como facer viaxes innecesarias –e, de paso, reduciremos o gasto en combustíbel e CO2-. O seguinte paso é apostar no comercio local, "mercar máis nas tendas locais, en comercio xusto", engade, porque deste modo "ademais de axudar o comercio local e a nosa contorna, tamén evitamos a contaminación que se produce durante os transportes". Outra opción que nos propón Marie é recorrer aos mercados de segunda man, "o que está realmente ben, porque é reutilizar algo que unha persoa xa non quere e ademais sae moito máis barato." O máis axeitado é escoller produtos con envases retornábeis, reutilizábeis ou reciclábeis procedentes de agricultura e gandaría responsábeis co medio Cando merques procura evitar produtos con excesivas embalaxes, "o máis axeitado é escoller produtos con envases retornábeis, reutilizábeis ou reciclábeis procedentes de agricultura e gandaría responsábeis co medio ambiente". Produtos do país No tocante á comida, o máis aconsellábel é mercar produtos frescos e do país e que estean etiquetados en galego, "é importante fixarnos na orixe do produto, porque moitas veces veñen de moi lonxe e esa viaxe é moi custosa a nivel medioambiental. Ademais, non sabemos como se realizou a produción (como é o caso, por exemplo, de lagostinos, gambas, etc.)". A nivel de consumo alimenticio tamén hai outro serio problema cos excesos, por conta da cantidade de comida que se acaba botando ao lixo despois dos xantares, ceas e demais... "debemos ser responsábeis e preparar o xusto para non tirar tantos alimentos ao lixo, porque é unha pena". debemos ter ollo ao regalar animais e plantas Para os regalos, "se prefires agasallar cosméticos, perfumes, etc., tenta que sexan ecolóxicos", mais tamén podes recorrer a produtos de artesanía galega. Non obstante, un agasallo non ten por que ser un obxecto, tamén podes crear os teus propios regalos e ser máis orixinal, "mesmo podes agasallar cunha tarxeta de socio de ADEGA". Por outra banda, debemos ter ollo ao regalar animais e plantas, pois "a xente habitualmente non pensa se o destinatario vai ser responsábel e coidar ben da mascota ou se as plantas son invasoras... Se decides regalar un animal a mellor opción é adoptar, sempre." Pensando nos xoguetes, temos a opción de recorrer a brinquedos artesanais, sen pilas, que estimulen a creatividade, "sempre privilexiando un tipo de produción sostíbel e aforrando envoltorios que son realmente innecesarios". É preciso que as crianzas teñan brinquedos alternativos, máis comprometidos e respectuosos co medio ambiente, por iso debemos "ter en conta a procedencia dos xoguetes e vixiar os materiais de que están feitos". Por exemplo, "evitar na medida do posíbel o plástico, que está feito de petróleo, é un material moi complicado de reciclar", e "optar por materiais naturais como a madeira, por exemplo, é unha boa alternativa." Entón, optemos por agasallar xoguetes de tela, de madeira, de cartón… evitando xoguetes bélicos e sexistas e optando por brinquedos que fagan pensar, que sexan instrutivos e pedagóxicos. En conclusión Resumindo: 1) Planificar as compras, 2) Apostar no comercio local, 3) Evitar embalaxes excesivas, 4) Mercar produtos frescos, do país e etiquetados en galego, e 5) Crear os teus propios regalos ou agasallar con produtos ecolóxicos, xoguetes artesanais, materiais naturais, sen pilas... Aforro no consumo, na auga e na enerxía, diminución dos residuos, alimentación ecolóxica e saudábel, roupa de algodón orgánico, cosmética natural, doar xoguetes... e, se é posíbel, mercar produtos producidos en Galiza, porque promoverá a economía e reducirá o impacto asociado aos transportes. Unha proposta alternativa cos consellos máis verdes para superar esta festividade. |
NOS_10258 | O amplo seguimento da folga nesta firma, con perto de mil operarios no polígono de Balaídos, sitúa en primeira plana a oposición á imposición de ritmos de traballo cada vez máis fortes aos traballadores do sector. | O seguemento dos paros convocados esta quinta feira polo comité de empresa en GKN Driveline de Vigo foron secundados pola práctica totalidade dos operarios da firma, case mil. Apenas tres técnicos acudiron aos seus postos mentres o resto dos 980 empregados secundaba o paro. A convocatoria desta mobilización responde á parálise por parte da empresa a respecto da negociación do convenio colectivo. "Nunca houbera ese tipo de problemas, nin sequer durante os anos da crise", lembra Paco Sío, da CIG. A dirección negábase a abordar cuestións relativas aos salarios, contratación e xubilación. E, o máis importante, tentaba reducir os temos de descanso dos operarios, pulando por un incremento dos ritmos de traballo, no que, indica Sío, é unha constante no sector da automoción. "Os ritmos de traballo son cada vez máis fortes, máis duros e intensos, fanse insoportábeis", indica o representante da central nacionalista nesta empresa. Ese aumento faise a costa dos tempos de descanso, necesarios neste tipo de actividade por moitos motivos, entre eles, previr e evitar doenzas e enfermidades profesionais. Esa parálise por parte da empresa levou ao comité a convocar os paros de dúas horas en cada unha das tres quendas da factoría, unha situación que se vai repetir este sábado. Desbotan de momento prolongar este tipo de mobilización pois a empresa presentou xa unha nova oferta de convenio. Agora si que inclúe cuestións relativas a salarios, contratación e xubilación que entraría no marco do aceptado polos sindicatos. Porén, explica Sío, a dirección liga esas propostas ao aumento de ritmo de traballo. Algo que non convence a sindicatos como CIG. Paco Sio lembra que está a haber mobilizacións en diferentes empresas do sector da automoción, desde Citroën a Denso, por mor do aumento dos ritmos de traballo. "Non existe iso que tanto falan da automoción 4.0, é unha falsidade", asegura, "a produtividade estase a lograr a base de apertar nos traballadores, da precarización, de que aumenten ritmo e tempo de traballo" e non en base a innovación e maquinaria. |
PRAZA_15806 | Poder comezar a gobernar o noso país para poñelo ao servizo das máis cun programa de garantías e un grupo humano comprometido, a nosa esperanza. | O acontecido por aquel entón trocou o medo de bando, abriu unha fiestra de esperanza para mudar o estado das cousas e deulle continuidade a unha expresión electoral da maioría social agredida Pasaron máis de seis meses dende a investidura dos novos gobernos municipais que emerxeron das eleccións de maio de 2015. O acontecido por aquel entón trocou o medo de bando, abriu unha fiestra de esperanza para mudar o estado das cousas e deulle continuidade a unha expresión electoral da maioría social agredida, orfa de ferramentas políticas no contexto dunha crise sistémica e o esgotamento do réxime do 78. O resultado tamén evidenciou varias cuestións que cómpre sinalar, como foi a expresión singular de Galiza neste contexto, o impacto do resultado no Estado e o feito de conseguilo na maioría dos casos contra uns poderes establecidos activos e belixerantes. No caso de Galiza, os resultados tiveron unha maior intensidade que no resto do estado pola sinxela razón de que o proceso de acumulación de forzas entre a esquerda partidaria e a esquerda social estaba máis maduro. Compostela, A Coruña e Ferrol e mais as ducias de concellos onde as candidaturas de unidade popular obtiveron unha importante representación e simbólicas alcaldías tan só son a expresión dun proceso que arrinca na década dos 90 coa acumulación de forzas da esquerda nacionalista no BNG, continúa co espazo xerado pola esquerda soberanista e a federal no 2012 con AGE e amplifícase con ese lugar de encontro da esquerda partidaria e a social galega que foron as mareas municipais. A matrioska galega funcionou mellor nun contexto adverso, con grandes resistencias para que nada mude, porque tiña máis pezas e mellor traballadas no tempo. Os excelentes resultados conquistados pola candidatura de "En Marea" o 20D danlle continuidade a este relato e permítennos albiscar a esperanza e a responsabilidade de gobernar o noso país neste 2016 e facilitar así, dende a periferia da periferia, a apertura dun proceso de procesos constituíntes. Os excelentes resultados conquistados pola candidatura de "En Marea" o 20D danlle continuidade a este relato e permítennos albiscar a esperanza e a responsabilidade de gobernar o noso país neste 2016 No conxunto do estado, Barcelona, Madrid, Santiago, Badalona, Cádiz, A Coruña, Pamplona, Valencia, Zaragoza, Ferrol e Oviedo non son uns nomes de cidades que aparezan nunha canción dos Resentidos. Son a expresión dun movemento de cambio democrático polas maiorías sociais que representa preto de oito millóns de persoas. A mala dixestión que fixeron dos resultados de maio os poderes políticos e mediáticos establecidos e o consecuente peche de filas despois do 20D non deben levarnos a engano nin permitirnos dubidar da súa capacidade de resposta. De feito, levan tempo respondendo. Mudaron de caras pero non de políticas, mudaron de rei pero non de coroa, e introduciron unha distorsión na dialéctica do novo fronte ao vello ao facer pasar por novo un partido reseso como Ciudadanos para así apontoar o máis vello do réxime do 78 co aval do IBEX. Negarlles lexitimidade aos gobernos democraticamente elixidos, facer da anécdota e o rumor o debate da cidade, investir en editoriais-bando-oposición e alimentar o todo vale é a máxima que guía o seu proceder No que atinxe á doenza que para eles significan as cidades rebeldes, a menciña está a ser subministrada de xeito demorado. A súa composición baséase nunha democracia de baixa intensidade se os que gañan non son os que deberan: someter os novos gobernos a unha segunda rolda electoral permanente, cuestionar as súas decisión e obrigar a explicalas a pesar de formaren estas parte dos compromisos electorais. Todos estes ingredientes fan o menú de cada día. Negarlles lexitimidade aos gobernos democraticamente elixidos, facer da anécdota e o rumor o debate da cidade, investir en editoriais-bando-oposición e alimentar o todo vale é a máxima que guía o seu proceder. Aquí tan só cabe democracia se gañan os de sempre, se gañan os que teñen que gañar. Coa súa actitude están a facer boas as palabras da muller de Pujol a preguntas dos xornalistas despois da vitoria de Maragall: "É coma se entrases na túa casa e encontras os armarios remexidos porque te acaban de roubar". Velaí os nosos demócratas, que non son quen de aceptar unha derrota despois de xogar un partido no seu campo e con árbitro comprado. A nova cultura política impugna a forma e o fondo. A impugnación da forma ten que ver coa demanda de maior transparencia e participación, e chegou para quedar. O rol cidadán non é xa un rol pasivo, receptor de información e con pouca capacidade para dixerila. O rol cidadán é un rol activo, consciente da situación, e demanda cota de participación na alternativa e na creación de relato. Nesa impugnación de forma e fondo identifícase unha maioría social agredida que dá razón de ser a ese espazo independentemente de como se formule A impugnación do fondo é a nosa razón de ser, e o tempo dirá se é unha batalla para perder ou para gañar. A crise sistémica evidenciou un baleirado da soberanía dos Estados e a sensación de sermos gobernados polos mandados dos mandados dos que nunca pasan polas urnas. A esclerose do réxime do 78 puxo enriba da mesa, ademais, a necesidade de abrir un proceso de procesos constituíntes para poder decidilo todo e mudar o necesario. Nesa impugnación de forma e fondo identifícase unha maioría social agredida que dá razón de ser a ese espazo independentemente de como se formule. O arquipélago de Concellos rebeldes é debedor desa dupla impugnación. Tamén os resultados conseguidos o 20D, que serían mellores de se amplificaren as confluencias galega, catalá e valenciana. Neste contexto, o proceso de cambio en marcha é o único que ten marxe de mellora e polo tanto é o que alimenta a esperanza, con todo e operar estes últimos anos no ensaio-erro. Neste contexto, o proceso de cambio en marcha é o único que ten marxe de mellora e polo tanto é o que alimenta a esperanza No campo partidario da esquerda, as organizacións políticas teñen que seguir afondando na dinámica de proporcionar corpo programático, simbolismo e capital humano de parte, co obxectivo de se sentiren reflectidas e operaren dende o resultado final do proceso de confluencia sen a tentación de patrimonializalo. Quen se mova da foto do espazo conquistado perde, e perde o proceso. Quen pretenda incorporarse por táctica ou supervivencia, non resultará crible. O lugar de encontro é un destino que varía con cada nova incorporación e se tece coa xenerosidade das partes. Na esquerda social, as plataformas cidadáns e as candidaturas municipalistas non están exentas de reproducir dinámicas de aparato operando como modelos extractivos de enerxías. Deben polo tanto aproveitar os éxitos deses espazos de experimentación para cooperar e non competir, para proporcionar e non detraer, dende o convencemento de que son espazos avanzados de confluencia, garantes do éxito da totalidade da resposta por construír. Poder comezar a gobernar o noso país para poñelo ao servizo das máis cun programa de garantías e un grupo humano comprometido, a nosa esperanza Diante disto, quen agarde atopar unha resposta pacífica e baixas resistencias ao cambio por parte da minoría privilexiada dos de sempre non é consciente do momento histórico que estamos a vivir. Pelexarán dende o todo vale para que nada mude. Cómpre conciliar ese hábitat adverso máis ese ruído permanente cunha resposta elaborada que estea á altura do momento. Manter a fiestra aberta do cambio no Estado e nos pobos da Europa do sur é o reto. Poder comezar a gobernar o noso país para poñelo ao servizo das máis cun programa de garantías e un grupo humano comprometido, a nosa esperanza. |
NOS_47033 | De "corsé para o investimento público" cualifica a oposición o teito de gasto aprobado en solitario polo Partido Popular no Parlamento galego. En Marea, PSdeG e BNG tamén falaron de "falta de proxecto, ideas e ambición". A Xunta de Galiza poderá gastar en 2019 9.850 millóns de euros, un 3,8% máis que o no orzamento aínda en vigor. | Nun discurso de aires neoliberais, o conselleiro de Facenda Valeriano Martínez defendeu as "previsións produentes" do seu Goberno -o sintagma pronunciono Pedro Puy, portavo popular- por "consolidar un modelo propio de crecemento san, apoiado no control do déficit e do endebedamento público". En realidade, a precariedade laboral domina a creación de emprego e é o sector servizos o que a absorbe. "O PP converteron nun trámite burocrático a aprobación do teito de gasto", denunciou a portavoz do BNG, Ana Pontón. "Nós cuestionamos toda a política que situou en primeiro lugar os intereses da banca", engadiu, "e rexeitamos o proceso de recentralización en marcha". De feito, durante os mandatos de Feixoo, non houbo nin unha soa transferencia de competencias do Goberno central á Xunta. Para o líder de En Marea no Hórreo, Luís Villares, cómpre "opoñer unha arquitectura social do gasto fronte á arquitectura da austerirdade". Segundo el, son precisas medidas inmediatas que favorezan "o benestar dos cidadáns". O PSdeG, por boca do seu portavoz parlamentario Xaquín Fernández Leiceaga, afeoulle ao Goberno Feixoo que "as contas non son todo o optimistas que deberan". Iso si, lembrou que o Executivo do PSOE "conseguiu rebaixar os criterios do déficit e polo tanto aumentar a capacidade de gasto" tamén das comunidades autónomas". |
NOS_57265 | Anxo Fole prepara este fin de semana un menú no que xoga coas cores. | —Crema de cabaza, cenoria e batata con mozzarella Comezamos o xantar cunha crema de produtos de temporada, saborosa e cunha cor ben rechamante. Elaboración: En primeiro lugar pelamos a cabaza, as cenorias e a batata e cortámolas en anacos. Tamén pelamos e cortamos a cebola e o porro. Botamos aceite nunha pota, deixamos que quenza un pouco e salteamos a cebola e o porro cun pouco de sal. Cando a cebola comece a estar transparente engadimos a cabaza, a batata e a cenoria. Salteamos todo remexendo de cada pouco durante uns 10 minutos. A continuación engadimos o xenxibre pelado e cubrimos con auga todas as verduras. Poñemos a quentar e cando comece a ferver baixamos un pouco o lume, deixamos uns 20 minutos até que todo estea ben cocidiño. Mentras tanto poñemos a mozzarella a escorrer nun coador. Cando teñamos todo cocido agardamos a que arrefríe un pouco e trituramos cun batedor até obter unha crema fina. Rompemos a mozzarella en anacos coas mans e finalmente servimos a crema nun cunco con mozarela e pementa moída por enriba. —Polbo á grella con puré de batata O polbo á grella é fantástico. Desta vez acompañámolo cun delicioso puré de batata e cun toque de pemento moído que fai que non teña nada que envexarlle ao polbo á feira. Elaboración: Comezamos lavando e pelando a batata e a pataca. Cortámolas en anacos do mesmo tamaño e metémolas nun cazo cubertas con auga fría e un pouco de sal. Poñemos a lume medio e despois de que ferva deixamos uns 20 minutos, dependendo do tamaño dos anacos. Podemos picar cun garfo para ver se están cocidas. Escorremos ben e nun cunco á parte pisamos todo cun garfo xunto á manteiga e un chisco de pemento moído, sal e pimenta moída ao gusto. Pisamos até obter unha textura e cor uniforme. Por outro lado, facemos os raxos de polbo xa cocidos á grella até que collan algo de cor e servímolos sobre unha cama de puré. Finalmente botámoslles un chorriño de aceite, sal e pemento moído por enriba. —Biscoito de laranxa confeitada Este biscoito é moi vistoso grazas á cobertura de laranxas confeitadas e ademais ten un gosto moi especial, unha mestura do doce e especiado do biscoito co amargo das laranxas. Elaboración: En primeiro lugar lavamos ben as laranxas e cortámolas en toros finos duns 3 ou 4 mm, se é coa axuda dunha mandolina mellor. Nunha pota botamos a auga e os azucres e poñémola ao lume até que ferva, despois baixamos o lume e engadimos as laranxas. Deixamos uns 30 minutos a lume baixo-medio, é importante que se cociñen pero que non se desfagan. Reservamos todo. Nun cunco mesturamos a fariña peneirada, co lévedo e o sal e reservamos. Noutro cunco á parte batemos cun batedor eléctrico de globo a manteiga co azucre até que fique unha crema uniforme. É moi importante que a manteiga estea a temperatura ambiente, en pomada. Engadimos os ovos, o xenxibre relado e a canela e mesturamos todo ben. A continuación engadimos a fariña pouco a pouco mentras batemos até obter unha mestura homoxénea. Imos empregar molde para o forno, desmontable e con 23 cm de diámetro máis ou menos. Untámolo un pouco con manteiga e cubrímolo con papel de forno. Cubrimos o fondo do molde coas laranxas e botamos un pouco do almibre por enriba delas. Botamos a masa do biscoito por enriba, alisámola e metémolo no forno, que previamente quentamos a 180º. Deixamos 30 minutos máis ou menos, podemos picalo cun espeto no medio e se sae seco estará listo. Retiramos do forno e deixamos uns minutos antes de desmoldalo. Para desmoldalo dámoslle a volta para que fiquen as laranxas por enriba, é importante facelo antes de que arrefríe de todo para que sexa máis sinxelo. Á hora de servilo podemos botarlle un chisco do almibre restante por enriba. fogonsdetonaanxo.gal |
PRAZA_4728 | O relator das Nacións Unidas pon o proxecto interuniversitario que a Xunta deixou morrer como exemplo de traballo pola memoria histórica no Estado e lembra que é un dos "paralizados por falta de apoio". Consulte o informe no interior. | "Podemos sentirnos satisfeitos do traballo, mesmo orgullosos; case todo o que pretenden facer en Andalucía e o País Vasco supón retomar o que xa se fixo en Galicia á altura de 2009". O grupo de investigación Histagra e responsable do proxecto de Nomes e Voces expresa así a súa satisfacción logo de coñecer en detalle as observacións preliminares do relator especial da ONU para a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición logo da súa visita oficial ao Estado, e que rematou a pasada semana na súa xuntanza coa Xunta e cos represaliados e asociacións da memoria histórica en Galicia. A ONU cualifica de "excelente" o traballo de 'Nomes e voces' e pono como exemplo do que se debería facer no resto do Estado Nesas primeiras conclusións -á espera do informe oficial de setembro-, Pablo de Greiff censura a España por esquecer as vítimas, non xulgar o franquismo ou pola súa inacción ante a situación dos milleiros de represaliados e as súas familias. Pero ademais, o relator das Nacións Unidas destaca o proxecto interuniversitario Nomes e Voces, unha iniciativa de investigación sobre a represión franquista durante a guerra e a ditadura, e cuxa páxina web cualifica de "excelente" e que chega a poñer como exemplo do que debería facerse no resto de territorios do Estado. O relator das Nacións Unidas destaca "a información catalogada e sistematizada sobre as vítimas que inclúe testemuños de vítimas e familiares, documentos e fotografías" e lamenta "que non exitan na actualidade iniciativas semellantes a nivel estatal", así como "a falta de coordinación" entre proxectos semellantes. Pablo de Greiff destaca a achega de Nomes e Voces, un proxecto que o Goberno de Feijóo deixou de morrer ao retirarlle as subvencións e que tivo que botar o ferrollo por falta de apoio, malia que a Xunta non dubidou en presumir do seu apoio a el diante do representante da ONU. De Greiff denuncia que proxectos como o galego "atópanse en estado de parálise por falta de recursos" Por iso, De Greiff denuncia que proxectos como Nomes e Voces e outros "carecen de falta de recursos". "Os máis afortunados sufriron recortes moi severos nos seus orzamentos; os menos afortunados (que numericamente son a maioría) aparentemente atópanse en estado de parálise debido á falta de recursos". Este é o caso do proxecto interuniversitario galego, con cuxos responsables tamén se reuniu o relator da ONU, que destaca que "os presupostos para os programas de memoria histórica a nivel das autonomías, onde se fixeron, deixaron de existir" e repara en que "o único que está ampliando os seus fondos é o Memorial Democrático de Andalucía". Ante esta situación, o relator das Nacións Unidas non dubida en "instar as autoridades, aos diferentes niveis, non só a restablecer, senón a aumentar os recursos dedicados á memoria histórica", logo de advertir de que non pretende "menosprezar o problema da falta de recursos que padecen as diferentes iniciativas". Nacións Unidas insta as autoridades "non só a restablecer, senón a aumentar os recursos dedicados á memoria histórica" Un proxecto 'afogado' Nomes e Voces xurdira en 2006 ao abeiro daquel Ano da Memoria promovido polo Goberno bipartito. Foi un proxecto de investigación que implicou as tres universidades galegas co obxectivo de "estudar a represión franquista durante a Guerra Civil e a ditadura e ofrecerlle á sociedade os datos relativos ás persoas que sufriron algún tipo de persecución por mor da súa ideoloxía e da súa posición favorable á democracia republicana". Entrevistas con vítimas e as súas familias, baleirado de milleiros de causas xudiciais e unha abondosa produción científica foi o resultado dunha iniciativa agora paralizada por falta de subvención pública. A Xunta presumiu o pasado novembro, e agora ante a ONU, de apoiar un proxecto que deixou morrer Xa a Xunta, o pasado mes de novembro, gabárase de cumprir "o convenio asinado polo anterior Executivo autonómico", cunha achega de "240.000 euros no ano 2009 que permitiron rematar a cuarta fase do programa de accións conxuntas dirixidas a desenvolver a investigación histórica sobre a represión en Galicia". Tamén presumira de asumir en 2010 "as novas necesidades do devandito proxecto", cun novo convenio de 30.000 euros para o "mantemento físico e actualización de contidos da información recollida na base de datos de vítimas da Guerra Civil e da represión franquista". Pero iso foi todo. Nin unha achega máis. Nomes e Voces tivo que botar o ferrollo e suspender as súas actividades, malia que todo o traballo feito mantense para a súa consulta na web. O mesmo traballo que a propia ONU vén de definir como exemplar. |
NOS_42685 | Dúas semanas separan o plebiscito realizado pola oposición antichavista, sen ningunha garantía legal, e as eleccións á Asemblea Nacional Constituínte convocada polo presidente da República. Unha caste de interregno en que o choque de lexitimidades e poderes vai ser levado até o límite para mesmo propiciar un golpe de Estado contra Nicolás Maduro. Eis un extracto do publicado no Sermos Galiza 255. | A crise política na Venezuela vén de elevar a súa temperatura. O plebiscito impulsado pola oposición realizado o pasado domingo, a través dunha consulta popular ilegal, sen supervisión de ningún organismo electoral, nin censo, nin garantías, está a ser utilizado pola dereita antichavista como factor chave na escenificación da súa pugna institucional. Desta maneira, botando man duns resultados que carecen da máis mínima verificación, a Mesa de Unidade Democrática (MUD), que aglutina o groso das forzas opositoras ao goberno de Nicolás Maduro, pretende poñer en marcha unha ofensiva política e social, que pivotando sobre a desobediencia e a conformación dun goberno alternativo agudice a crise na expectativa de poder forzar a saída do presidente constitucional do país e a caída do seu executivo. En paralelo, ao mesmo tempo que a oposición desenvolvía o seu plebiscito, o Consello Nacional Electoral, que é a máxima autoridade constitucional no que atinxe aos procesos electivos, organizaba un exitoso simulacro das eleccións para a conformación da Asemblea Nacional Constituínte. Estes comicios desenvolveranse o vindeiro 30 de xullo, e resultarán na elección de 545 deputados e deputadas que terán como principal encomenda unha reforma constitucional que deberá ser ratificada por votación popular. [Podes ler a análise íntegra no Sermos Galiza 255, á venda na loxa ou nos quiosques e puntos de venda habituais] |
NOS_44389 | O Estado mantén dez prazas sanitarias vacantes nas Casas do Mar. | O voto favorábel de todos os grupos con representación no Parlamento galego permitiu esta terza feira, 2 de marzo, a aprobación dunha iniciativa do grupo popular para instar a Xunta a demandar ao Goberno estatal a cobertura de 100% das prazas de profesionais do Instituto Social da Mariña (ISM), do que dependen as Casas do Mar. O ISM, que á súa vez depende do Ministerio de Seguridade Social, ten vacantes na Galiza 10 prazas do total da súa dotación: faltan oito postos médicos, un de enfermaría e un de oficial. A comisión tamén aprobou unha iniciativa do PSdeG para que Portos da Galiza "leve a cabo o acondicionamento" do paseo marítimo de Raxó (Poio), despois de "11 anos de paralización" das obras por parte da Xunta, criticou o PSdeG. Non obtivo porén luz verde a proposta de Patricia Otero, voceira socialista de Pesca, que instaba a Xunta a impulsar medidas de apoio económico ás lonxas e vendedurías que están a sufrir as consecuencias económicas da Covid-19. Otero lamentou o veto do PP a unha iniciativa que parte do PSdeG e da Federación galega de confrarías de pescadores, e que pretendía "paliar os impactos da pandemia" nun sector que "está a sufrir as consecuencias" da crise, derivadas "especialmente dos fechamentos e limitacións na hostalaría". A facturación do sector "caeu drasticamente en 2020", lamentou Otero. A socialista urxiu ademais o Goberno galego á realización de campañas de fomento do consumo de quilómetro cero "que apoien o sector produtor"; e á promoción dos beneficios do consumo de peixe e marisco. Aliás, a deputada do BNG na comisión de Pesca, Rosana Pérez, instou a Xunta articular medidas de apoio para as e os mariscadores afectados pola mortaldade de moluscos derivada do exceso de auga doce e, en consecuencia, a baixa salinidade nas rías de Arousa e Pontevedra, a causa dos últimos temporais. |
NOS_24368 | Cinco meses despois de inaugurarse o rexistro de vivendas en núcleos abandonados do rural galego, a proposta de Ángeles Vázquez para reactivar o interior, a plataforma non contou con ningunha incorporación. A Fruga e o Colexio de Axentes Inmobiliarios piden servizos para recuperar poboación. | Un dos problemas máis importantes que ten a Galiza é o despoboamento e abandono do rural. O pasado 25 de xuño, a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentaba en Sober, no corazón da Ribeira Sacra, unha plataforma que, segundo a responsábel deste departamento, Ángeles Vázquez, tiña a intención de pór "en valor" co fin de atraer "posíbeis investidores" e para que o rural "siga sendo ese lugar vital que todos precisamos e ao que todos, nalgún momento, necesitamos volver". O proxecto contaba cun orzamento específico e cun protocolo de colaboración asinado coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o Colexio Oficial de Administradores de Fincas da Galiza e o Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria da Coruña, reafirmado coa presenza dos seus máximos responsábeis na presentación da idea. O obxectivo era, segundo a Consellaría, "mobilizar por toda a Galiza inmóbeis e núcleos abandonados, total ou parcialmente, para darlles unha segunda vida e atraer a xente a vivir no medio rural e rodeada de natureza, unha alternativa que a raíz da Covid conta cada vez con maior aceptación e demanda". A Xunta pide máis implicación dos concellos Fontes da Consellaría consultadas por Nós Diario sobre esta circunstancia apuntan que o rexistro continúa aberto e accesíbel desde a súa propia páxina web e piden "máis implicación por parte dos concellos" para que funcione. Sinalan que o funcionamento da que seguen a considerar "unha ferramenta útil" para o rural é unha responsabilidade dos municipios e as persoas propietarias dos núcleos que na actualidade están abandonados. "É unha cuestión na que os propietarios son os que deciden sobre os seus bens e se os ofrecen á venda ou alugueiro", aseguran desde a Fegamp. Este organismo que reúne a todos os concellos considera "positiva esta iniciativa e insistiremos na súa difusión, porque é certo que ao caer o verán de por medio puido quedar un pouco no esquecemento". En todo caso indican a Nós Diario que "de continuar estes resultados cabería estudar a que se deben e que se pode facer para melloralos". Falta de previsión e medo aos impostos O presidente do Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria da Coruña, Herminio Carballido, quere activar o rexistro e recoñece as "dificultades" que teñen para facelo. "Estamos agardando que nos reciba o presidente da Fegamp, Alberto Varela, para que urxa a colaboración dos concellos", sinala. As principais eivas están na localización das persoas propietarias ou das herdeiras dos inmóbeis. "Temos algún axente especializado neste tipo de vivendas e custa moito", relata a Nós Diario. En relación á Xunta, cre que o proxecto da plataforma non funcionou porque non houbo previsión: "A xente que abandonou unha vivenda é que non a quere e se a pon en venda tería que pagar o Imposto sobre Bens Inmóbeis (IBI), aínda peor". As condicións en que está o rural galego na actualidade tamén dificultan calquera iniciativa de recuperación dos núcleos rurais abandonados. Carballido insiste en que "non podemos pretender que se poñan en marcha as vivendas abandonadas se para chegar a elas tes que ir por un camiño de carro ou non contan nin con luz eléctrica, moito menos con internet". Neste senso, admite que "hai moita xente interesada en ir vivir ás aldeas mais se poden moverse con facilidade e con servizos, pouca quere illarse". Fracaso propagandístico Desde a Federación Rural Galega (Fruga) xa advertiron no seu momento que a plataforma "era unha medida de propaganda" que quedaría encadrada "dentro da estratexia neoliberal do PP". O seu coordinador, Manuel da Cal, asegura a Nós Diario que a proposta da Xunta "mesmo como propaganda foi un fracaso". Cre que se o rexistro "continúa igual está claro que non tivo ningún efecto positivo para quen iniciou esta campaña, a propia conselleira". Para esta organización nacionalista o problema "non está en vender casas" senón en "dar as condicións socioeconómicas necesarias para que á xente lle resulte atractivo e rendíbel ir vivir ao rural". Na Fruga consideran que "se non se crean as condicións básicas para que a xente poida seguir vivindo no rural e a outra lle resulte atractiva esta opción, por moita campaña de propaganda que se faga, non resultará". Ademais, consideran "escandaloso" o gasto que se realizou neste proxecto "para non dar ningún tipo de resultado". A proposta estrela contra o abandono "O fin da plataforma é a rehabilitación, o fin é a loita contra o despoboamento e o fin é poñer en valor espazos abandonados", afirmaba a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez o día da presentación da iniciativa que non tivo repercusión até hoxe. |
NOS_55769 | O BNG remitiu un exemplar da obra de Rosalía ao presidente (tras se referir Feijóo a ela como 'Poemas galegos') co consello de que cambie a política lingüística. Ana Miranda e a actriz Isabel Risco presentaron, aliás, en galego e inglés, o manifesto 'O galego vai de marabilla'. | Núñez Feijóo vai recibir un exemplar da obra fundacional da literatura contemporánea galega con remite do BNG. O 'Cantares gallegos' como agasallo en vésperas do Día das Letras Galegas e feito horas despois de que o presidente da Xunta lle cambiase o nome por 'Poemas galegos' nunha entrevista televisiva. A candidata ás europeas, Ana Miranda, acompañada de Bieito Lobeira e Goretti Sanmartín , entregou un exemplar da obra de Rosalía de Castro no rexistro da Xunta. Cunha petición: un "cambio na política lingüística que invisibiliza e perseguir o galego". 'De marabilla' Momentos antes, Ana Miranda e a actriz Isabel Risco presentaran (nun acto inzando de ironía, en galego e inglés) 'o galego vai de marabilla', o manifesto do BNG co gallo do 17 de Maio. Risco enumerou todos aqueles eidos onde o idioma do país vai "de marabilla" como nas cidades, entre a mocidade ou nos espazos de lecer, e destacando aspectos como "a gran produción propia de cinema en galego". Pola súa banda, Miranda agradeceu o compromiso de todas as persoas que axudan a manter o galego vivo e denunciou que a Xunta "quere roubarnos o galego" seguindo unha planificación para exterminar a lingua propia do país. A candidata do BNG considera que o galego si que pode ir de marabilla na realidade se "conseguimos que se nos recoñeza como pobo". |
NOS_46938 | Comedias, traxicomedias, contacontos, monicreques e algún que outro festival alternativo para esta fin de semana | Sexta Feira Listo para sentenza Pontevedra Teatro Principal 23.45h Un dos empresarios máis rico e admirado do mundo está envolto nun caso de corrupción. Triatreiros-Grupo de Teatro propón con esta peza unha comedia sarcástica. Noiteboa Vigo Agadic 21.00h Unha traxicomedia da compañía compostelá Redrum Teatro, protagonizada pola actriz Mela Casal (Mariví) e os actores Ernesto Chao (Arturo) e Guillermo Carbajo (Nico). Microfestival Cortapega Santiago de Compostela Sede SGAE 21.30 Microfestival de música electrónica, coas actuacións de artistas do panorama galego e internacional, como Pálida, Pantis, Sunny Graves, BassBoss e unha afterparty a cargo de Diskoan no Lusco Fusco. Sábado XIII Feira Ecolóxica Arzúa 26-27.11.2016 11.00h Nova edición da feira ecolóxica con produtores de queixo, mel, herbas medicinais, viño, aceite, produtos da horta e postos de artesanía. Ademais realizarán rutas guiadas pola vila de Arzúa, charlas sobre agricultura, alimentación e TTIP, e música ao vivo con grupos como A Requinta de Xián e Radio Cos (sexta feira), Banda de Arzúa e Caxade (sábado). A nena que quería navegar Lalín Salón Teatro 19.00h Espectáculo familiar de Redrum sobre o acoso escolar, con contos, adiviñanzas, xogos e cancións. Destinada ao público entre 6 e 12 anos. Festivala, mulleres creando Vilagarcía de Arousa Fexdega 12.00h Festival organizado e protagonizado por mulleres a prol da igualdade, con actividades, concertos, teatro, recitais, obradoiros e feira. Con-sentidiños A Coruña Museo de Belas Artes 11.30h Un lúdico percorrido polos cinco sentidos na procura da sensibilización e pola integración das persoas con diversidade funcional. Domingo Exposición Xisela Franco Vigo MARCO Até 08.01.2017 Interior, exterior, durante. Trátase dunha mostra sobre as mudanzas no cinema e na arte contemporánea a través da contemplación do tempo. D.E.P Teatro San Sadurniño Casa da Cultura 19.00h Malasombra Teatro presenta esta comedia cargada de humor, onde a repartición dunha herdanza mostrará o egoísmo e a mentira que existe entre irmáns. Teatro do Morcego Ponteareas Auditorio Reveriano Soutullo 18.00h Teatro do Morcego propón unha nova actualización do pícaro de Tormes, encarando o clásico drama con humor e achegando un paralelismo moderno. Tita Ourense Sala Azul do Auditorio Municipal 12.00h Espectáculo de monicreques que versa sobre a intelixencia emocional, para que o público aprenda de forma lúdica a distinguir as emocións. |
PRAZA_5990 | Non podo evitar pensar que a escola está demasiado empeñada en domarnos en lugar de axudarnos a descubrir o coñecemento que devén do contacto co diverso e da reflexión creativa sobre a tradición e as necesidades do presente | Leo nun libro "os valores que consolidan as sociedades civilizadas: o amor polo próximo, a educación, a fraternidade, a familia..." e resolvo que talvez na nosa sociedade interesa moito máis a educación que o coñecemento. Temos unha Escola herdada que se caracteriza por ser un espazo no que os alumnos fican recluídos por unhas cinco horas para pasaren a maior parte do tempo coloreando deseños propios e alleos ou memorizando cantidades inxentes de contidos que, ano tras ano, non deixan de repetirse, como se houbesen de carrexar unha mochila de pedras que hai que labrar para deitalas no lixo ao final dunha xornada que é mellor esquecer. Importa máis o cálculo que hoxe se pode facer a máquina que a formulación dun problema; importan máis as faltas de ortografía que a capacidade para entender, argumentar e sintetizar unha idea allea Ao mesmo tempo, importa máis o cálculo que hoxe se pode facer a máquina que a formulación dun problema; importan máis as faltas de ortografía que a capacidade para entender, argumentar e sintetizar unha idea allea; importa máis a memorización dunha listaxe de datos dispoñíbel na biblioteca ou na wikipedia que o fomento das ideas propias; importa máis a listaxe das figuras que a creación literaria; importa máis a competitividade tribal que a vontade de integración e harmonía que constitúen a esencia do deporte; importa máis o coñecemento teórico do medio estraño que o estudo e o respecto do propio; importan máis a palabra democracia e a estrutura dos órganos de goberno que a procura do consenso e o respecto polas minorías; importa máis a defensa da familia que o sentimento familiar para alén da fórmula dos seus compoñentes e os vínculos sanguíneos; importa máis a Cultura que o respecto pola diversidade cultural; importa máis o sexo que a liberdade sexual. Non podo evitar pensar que a escola está demasiado empeñada en domarnos en lugar de axudarnos a descubrir o coñecemento que devén do contacto co diverso e da reflexión creativa sobre a tradición e as necesidades do presente Ben é certo que rapaces e raparigas son en xeral moi boa xente, que os seus pais son por regra responsábeis e que as profesoras son polo común profesionais que traballan o mellor que poden cos recursos tan minguados que teñen. Mais non podo evitar pensar que a escola está demasiado empeñada en educarnos como se fai cos animais, ou por ser máis claro, en domarnos en lugar de axudarnos a descubrir o coñecemento que devén do contacto co diverso e da reflexión creativa sobre a tradición e as necesidades do presente. E que debería ser algo totalmente diferente á memorización de contidos xerados nunha época preaudiovisual e presididos por un crucifixo e unha Familia Real. |
NOS_37847 | Sen tregua no PSOE. Cos resultados do 26X aínda quentes, a batalla interna rebrotou con forza e evidenciou a existencia de dúas liñas distintas. O grupo liderado polo secretario xeral, Pedro Sánchez, négase a permitir o goberno de Rajoy por activa ou por pasiva. | O portavoz do grupo parlamentar do PSOE, Antonio Hernando, foi inequívoco ao afirmar esta segunda feira que "non imos apoiar a investidura de Rajoy nin nos imos abster". De se manter firme o PSOE nesta posición, a investidura de Rajoy sería politicamente inviábel, ao ter como tope os 175 votos afirmativos (os 137 do PP, os 32 de Cs, os 5 do PNV e o de Coalición Canaria). Empatarían cos 175 votos negativos (PSOE, UP e confluencias, ERC, CDC e EH Bildu) e, portanto, o Parlamento non outorgaría a confianza ao candidato. Hernando non fixo máis que verbalizar en público a mesma posición que defendeu fóra dos focos e das gravadoras Sánchez na reunión de urxencia que realizou a mañá desta segunda feira a Executiva do PSOE. Alí, segundo fontes consultadas por Europa Press, o líder socialdemócrata advogou por non facilitar a reválida de Rajoy como presidente do goberno. Sánchez amaga, por tanto, con reeditar o acordo con Ciudadanos e con presionar politicamente a Podemos Mais Sánchez está aínda lonxe de ter neutralizado a súa oposición interna. Esta mesma segunda feira, as voces de Susana Díaz e de Guillermo Fernández Vara -presidentes de Andalucía e Estremadura, respectivamente- alzáronse a prol de que o PSOE asuma o papel de líder da oposición e, consecuentemente, deixe gobernar a Rajoy. Neste sentido, Susana Díaz foi particularmente clara ao sinalar que "é evidente que os cidadáns nos enviaron á oposición". Aliás, a baronesa andaluza perdeu capacidade de presión interna ao terse visto superado polo PP este 26X no seu feudo. Sánchez amaga, por tanto, con reeditar o acordo con Ciudadanos e con presionar politicamente a Podemos para que desta volta asuma o que non avalou após o 20D: a investidura de Sánchez como cabeza dun goberno de coligazón con Rivera. |
NOS_35917 | O 91,4% das mulleres galegas, fronte ao 91,2% dos homes, utilizaron este tipo de dispositivos no últimos tres meses, cunha porcentaxe feminina igual ou superior ao masculino entre as mulleres de máis de 34 anos. | A Galiza "rompeu" por primeira vez en 2020 coa fenda dixital de xénero, ao rexistrar un 87,8% de usuarias de internet no últimos tres meses fronte ao 87,5% dos homes. Estes datos, entre outros, despréndense do informe A sociedade dá información desde unha perspectiva de xénero, publicado este sábado polo Observatorio dá Sociedade dá Información e a Modernización de Galiza(Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galiza (Amtega). "En termos evolutivos, a brecha de xénero no uso de Internet no tres últimos meses era de tres puntos porcentuais en 2016, e ha ir reducíndose paulatinamente até anularse por primeira vez en 2020", destaca a Consellería de Emprego e Igualdade nun comunicado. Este informe analiza comparativamente os principais indicadores que definen as diferenzas de xénero no uso das tecnoloxías na Galiza, a partir de datos obtidos no marco do convenio asinado co Instituto Galego de Estatística (IGE). "En termos evolutivos, a brecha de xénero no uso de Internet no tres últimos meses era de tres puntos porcentuais en 2016, e ha ir reducíndose paulatinamente até anularse por primeira vez en 2020", destaca a Consellería de Emprego e Igualdade nun comunicado. Ademais, o uso da Rede entre as mulleres galegas supera nun punto porcentual a media da Unión Europea. Por idade, o uso de Internet entre as mulleres supera ou iguala a porcentaxe de homes no tramo de idade de 35 a 65 anos. Actualmente, indica o documento, na Galiza non se rexistra brecha de xénero en uso de dispositivos electrónicos -teléfono móbil con acceso a Internet, computador de sobremesa, portátil ou tablet-. Así, o 91,4% das mulleres galegas, fronte ao 91,2% dos homes, utilizaron este tipo de dispositivos no últimos tres meses, cunha porcentaxe feminina igual ou superior ao masculino entre as mulleres de máis de 34 anos. A proporción de mulleres que compran por Internet tamén se incrementou en 6,2 puntos porcentuais no último ano, até alcanzar o 57,1%. Comercio e administración electrónica Por outro lado, a proporción de mulleres que compran por Internet tamén se incrementou en 6,2 puntos porcentuais no último ano, até alcanzar o 57,1%. Compran máis as mulleres por internet até os 45 anos; unha tendencia que se inverte en idades máis elevadas. Con todo, en termos globais, a porcentaxe de homes que compran a través da Rede na Galiza é superior en 2,9 puntos ao que se rexistra entre as mulleres. No que respecta ao uso da eAdministración, "as diferenzas son mínimas". As mulleres están a un punto porcentual no uso da rede dos homes para a obtención de información, descarga e entrega de documentación ou obtención de documentos persoais. Tamén, tres de cada catro mulleres que usan internet obteñen información das Administracións Públicas e máis do 70% descargan e envían formularios oficiais cubertos. |
NOS_7991 | Formalmente non fai parte do proceso asemblear, mais o pórtico do conclave frentista será un acto coas delegacións internacionais convidadas, a se realizar este sábado ás 12 horas no centro cívico da Cidade Vella da Coruña. | Sábado 25 de Marzo Encontro coas delegacións internacionais convidadas sob o lema de Solidariedade Internacionalista, soberanía dos pobos. Será ás 12 horas no centro cívico Cidade Vella (na antiga sede do goberno militar, Rúa Veeduría nº 2). Asemblea Nacional. Palexco 16 h. Acreditacións. 17 h. Apertura do plenario e votación do regulamento. 17.15. Saúdo de benvida a cargo de Francisco Jorquera. 17.20. Discurso de apertura a cargo da portavoz nacional saínte, Ana Pontón. 17.30. Apresentación do informe do Consello Nacional. 18 a 21 h. Debate das emendas aos textos nas comisións. Domingo 26 de Marzo 10.30 a 13.30. Debate das emendas e intervencións das e dos militantes. 12.30. Comparecencia da responsábel da Área de Organización da Executiva saínte, Goretti Sanmartín. 13.35 h. Votación das teses políticas, principios organizativos e regulamento. 13.40 h. Elección do novo Consello Nacional. Apresentación e votación das candidaturas. 17 h. Proclamación dos resultados da votación aos órgaos de dirección: Consello, Executiva e Portavocía Nacional. 18 h. Intervención de clausura da portavoz nacional eleita. |
NOS_627 | "Caneliñas, a costa das baleas" é o primeiro proxecto audiovisual das xornalistas María González e Paula Castiñeira. O documental, que conta a historia da antiga baleeira de Cee, unha das máis importantes de toda a Península Ibérica, xoga o dobre papel de dar valor á historia da Galiza obreira do século XX, e en especial das mulleres da Costa da Morte; e dar visibilidade a unha situación medioambiental grave: a caza indiscriminada de baleas. Unha historia chea de contrastes e magnificamente contada. | -Como se lles ocorreu investigar sobre a baleeira de Cee? Nós somos dúas rapazas de Cee que coincidíramos na escola cando eramos máis novas, e volvemos coincidir durante o mestrado. Para unha das materias pedíronnos unha proposta en parellas para expor. A min ocorréuseme esta historia, porque a baleeira fora moi importante na nosa zona. A miña avoa e a miña tía avoa traballaron alí. O noso profesor Jorge Vázquez, especialista en documentais interactivos, díxonos que o tema tiña máis potencial que unha actividade de clase. Decidimos continuar xuntas e sacar un Traballo de Fin de Mestrado gravando o documental. -A pandemia afectou ao mundo audiovisual. Atoparon atrancos á hora de gravar o documental? En principio, nós tiñamos o plan de gravar antes, en xaneiro. Pola pandemia, até marzo non puidemos facer nada, polo que tivemos que centrarnos noutros aspectos. Comezamos a gravar en abril, á par que lanzábamos o proxecto nas redes. A pesar do cambio de plan, grazas a darlle primeiro difusión, conseguimos contactar con moitísima xente. Todo o mundo se prestou moito para axudarnos e nos agradeceu o feito de contar a historia. Moitas persoas nos falaron para darnos axuda de todo tipo. Tamén houbo xente que coñecía veciños que traballaran na baleeira e se ofreceron a pornos en contacto. Acabamos facendo case quince entrevistas, das que dez son a antigas traballadoras. -Que foi o que máis lle sorprendeu da historia da baleeira? Sabía que a historia daba para moito, pero non esperaba tanto como chegamos a coñecer. Que a primeira folga da Costa da Morte tivera lugar alí, ou que houbera atentados. Un grupo ecoloxista bastante radical puxo dúas bombas, unha en Corcubión e outra en Marín. Ademais, Caneliñas foi berce do feminismo na Galiza. As mulleres cobraban menos que os homes e traballaban máis horas. Loitaron por conseguir un salario máis igualitario e as mesmas condicións. Parece que son movementos que sempre son de fóra, e témolos aquí. -Como calquera iniciativa social, conta cunha parte de aprendizaxe persoal. Que aprendeu? Foi o primeiro documental que gravamos tanto a unha como a outra. Penso que dentro da nosa propia inexperiencia o resultado é bastante decente e incluso bo. Aprendemos que é moi importante coñecer o pasado para saber que facer no presente e onde ir no futuro. Actualmente é un lugar totalmente en ruínas e esquecido. Outro obxectivo do proxecto é que se poida reconstruír e mellorar a fábrica, dándolle unha segunda vida. Ademais, quixemos facer entender aos espectadores que, aínda que hoxe en día o tema da caza das baleas nin a defendemos nin debería seguir adiante, ao final é unha parte da historia da Costa da Morte. -Agora que xa estrearon o documental, que plans de futuro teñen para el? As persoas que participaron, e incluso os veciños da zona, pídennos que intentemos que o documental chegue o máis lonxe posíbel. A nosa idea é que chegue a toda a xente que se poida, que abra conciencias para o futuro, e despois, o que vaia xurdindo. Xa buscaremos alternativas para que isto poida seguir e mellorar. -Que importancia teñen este tipo de iniciativas? Calquera iniciativa que sirva para reivindicar e para dar a coñecer unha parte da historia do noso sempre é algo importante e que hai que apoiar. Caneliñas foi un sitio de morte, onde milleiros de baleas remataron os seus días. Pero tamén foi o sustento de moitas familias de Cee e dos arredores nun momento específico da historia. Facer un balance desas dúas realidades é o principal obxectivo de Caneliñas, a costa das baleas. |
NOS_1695 | "Se a unha árbore lle cortan unha parte da súa raíz, o seu crecemento vai ser deforme", di o PP local, que non respondeu á petición do Comité. | O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova vén de completar unha rolda de entrevistas cos diferentes grupos políticos para solicitar o seu apoio á retirada da cruz fascista do Outeiro da Obra, erguida pola Falanxe en 1939. Nestes encontros trasladouse o informe histórico elaborado por membros do Comité no que, aseguran, "se demostra o carácter de símbolo de exaltación do golpe de Estado, a ditadura e o franquismo". Este documento é froito de máis de dous meses de traballo, nos que se visitaron arquivos históricos e outras fontes de documentación en Celanova, Ourense, Ferrol, Madrid e Figueres, e relata, "por primeira vez en 80 anos", o acontecido no verán de 1939 no municipio. Porén, co paso do tempo, o significado do monumento foise deturpando: "A xente da época non pisaba o lugar porque sabía que conmemoraba unha barbarie, mais esa xeración foi morrendo e o seu significado mudou desde que nos anos 70 e 80 a Igrexa e o Concello converteron o lugar nun merendoiro e mudaron o nome de Outeiro da Obra por Outeiro da Cruz", explicaba recentemente a Nós Diario Érik Dobaño, representante do Comité de Memoria. Sen resposta do PP O grupo de Goberno, conformado por Celanova Decide e o PSOE, e mais o BNG xa anunciaron que trasladarán ao vindeiro Pleno a proposta de retirada da cruz. Porén, o PP non ofreceu resposta, mais a través da súa canle de Facebook convidou a "contar ben a historia". "Entendemos que a historia temos que contala toda, sen ocultar unha parte, pois é a raíz do futuro. Se a unha árbore lle cortan unha parte da súa raíz, o seu crecemento vai ser deforme", expuxo no comunicado. |
NOS_55423 | Nado en San Cibrao (Cervo) en 1977, Juan Carlos Piñeiro Docampo é o candidato de Compromiso por Galicia (CxG) ao Parlamento Europeo. Sindicalista da UXT e asesor laboral, foi elixido secretario xeral da formación galeguista en 2017. Responde este cuestionario a través do correo electrónico. | Que balance fai para Galiza destes anos de integración na Unión Europea? Ben, evidentemente luces e sombras, aínda que claramente máis luces. Os moitos anos de fondos de cohesión foron moi necesarios na Galiza, mais a valoración da súa xestión xa é outro capítulo. De todas as maneiras, considero que foi moi positivo e vertebrador para Galiza. Cales son as prioridades de Galiza na UE? No momento actual, Galiza ten que loitar polo status de nación europea. Hoxe a prioridade é ter capacidade real de poñer influencia na PAC e na resolución do Brexit. Unha defensa real de dous sectores importante como son o agro gandeiro e a pesca. Desde CxG tamén impulsaremos cos nosos socios de ALDE unha tarifa eléctrica europea para a industria. Nese sentido, que Europa propoñen desde a súa formación e cal sería o papel de Galiza nela? Propoñemos unha Europa Estado. A UE ten que ser o grande Estado, cunha defensa europea e mandada por europeos. Para avanzar nunha administración multinivel que elimine as fronteiras que non se ven entre os pobos. Menos forza dos actuais e vellos Estados para máis forza das nacións e rexións. Galiza foi e será un dos xermes do europeísmo co Camiño de Santiago e así ten que ser. Cómpre tamén que Galiza sexa o interlocutor coa lusofonía e con América do Sur, dentro dun galeguismo global e sen fronteiras. Cal será a primeira iniciativa que proporá no Parlamento Europeo? Unha tarifa única europeas para as industrias electrointensivas que homoxeneice os prezos en toda a Unión. E a elaboración dun plan de axuda a África e cambiar a PAC na Galiza cara a unha produción acorde a unha New Green Deal. Vostedes non poden intervir no Parlamento en galego porque non é lingua oficial na eurocámara. En que idioma se comunicará nas súas intervencións? Indistintamente en castelán e portugués. A propósito do idioma, que poden facer as eurodeputadas e eurodeputados galegos pola lingua desde o Parlamento? Primeiro loitar polo status de nación e desde ese recoñecemento loitar polo recoñecemento como lingua oficial. A función e actividade dos partidos e grupos parlamentarios europeos son pouco coñecidas. En cal se integran vostedes e cal é a súa utilidade práctica para as galegas e galegos? É, de sobra, coñecido o noso traballo no Partido Demócrata Europeo, poñendo voz a Galiza en 2019 en París, Liubliana, Bilbao, Porto, Lisboa, Roma. Estaremos encadrados nesta formación, dentro de ALDE, que ten a virtude de ser a bisagra entre os dous grandes partidos europeos e conta con oito comisarios de áreas moi importantes para Galiza. Xa en 2017, 2018 e 2019 levamos máis de 80 iniciativas galegas. O PDE é un partido federalista que recoñece as nacións e defende as linguas, co cal, que mellor para Galiza? Nun contexto de ascenso da ultradereita, a eurocámara aprobou en outubro unha resolución contra o avanzo do neofascismo en Europa e pola ilegalización da Fundación Francisco Franco. Como valora o aumento destas forzas en Europa e a existencia desta fundación? Quero dicir en primeiro lugar que os demócratas estamos fallando na conexión coa sociedade, os populismos de dereita e esquerda retroaliméntanse e, ás veces, non somos valentes para falar dos problemas da xente, iso ten que cambiar. No relativo á fundación é unha vergoña como Estado e como sociedade, ao igual que as continuas postas en ridículo da xustiza internacional no relativo ao procés. |
NOS_45501 | A portavoz nacional do BNG tende a man a organizacións como "Anova, CxG, FOGA, PCPG" para unha lista que defenda o país "sen dependencias". | A portavoz nacional, Ana Pontón, dixo que o BNG ten "as mans tendidas" a todas as forzas "con centro de decisión en Galiza" para sumar nunha "candidatura de país" para as eleccións xerais do 26 de xuño. "Facemos un chamamento a todas as forzas que teñen os seus centros de decisión en Galiza, como Anova, CxG, FOGA, PCPG, a unirnos, a ir da man, nunha candidatura de nación que defenda sen dependencias a Galiza e que, ademais, sexa artífice dun cambio real nas políticas do Estado", explicou a nacionalista. Considera Ana Pontón que é necesaria unha candidatura de país "sen subordinación a Albert Rivera, Pablo Iglesias ou Pedro Sánchez" ao tempo que "dá a cara pola maioría social como forza política que ten aquí a cabeza e o corazón". ICriticou que Galiza estivese desaparecida durante a "minilexislatura". Lalín Pontón fixo estas declaracións tras unha visita institucional a Lalín, dentro da ronda de contactos cos concellos liderados ou cogobernados polo BNG, onde mantivo un encontro co rexedor, Rafael Cuíña, e co concelleiro de Obras e Turismo, Francisco Vilariño. A portavoz valorou que Lalín teña un goberno ao servizo da veciñanza tras o cambio político "importante" nos comicios municipais. |
NOS_33854 | A concentración decorrida hoxe co apoio da CIG non vai ser a última no sector bancario na Galiza posto que tamén outros grupos como BBVA e Caixabank anuncian recortes de despachos e persoal. | O cadro de persoal da oficina que o Banco Santander ten na localidade de Guísamo, no concello de Bergondo, manifestouse esta sexta feira para protestar polo plan da dirección para suprimir o estabelecemento e, en consecuencia, os postos de traballo e a atención á veciñanza. De feito, varias clientas da sucursal tamén se achegaron até o lugar para reivindicar a necesidade de permanencia e trasladar o seu descontento coa decisión tomada desde as altas esferas. A concentración, convocada pola CIG, vén a ser unha queixa pero tamén unha fonda reflexión sobre os servizos no rural. Neste sentido, desde CIG-Banca amósanse preocupados porque se vaia deixar a un número importante de cidadáns "sen acceso aos servizos financeiros". "Hai que ter en conta que boa parte da clientela que fai uso dos servizos da oficina no rural son persoas maiores ou que non dispoñen dos medios técnicos e coñecementos para manexarse na banca dixital ou incluso nos caixeiro, tal e como acontece no caso de Guísamo", lamentou o sindicato. Non vai ser a única oficina que desapareza e isto fará que a xente "teña que trasladarse desde a sucursal de toda a vida" a outra zona ou mesmo outro municipio, a despachos que "xa están colapsados". Esta reestruturación bancaria non só afecta ao público senón aos postos de traballo, que ao verse reducidos acaban con empregadas no paro e outras con máis carga nos seus postos. Ademais, non só se da no caso do Santander, senón que xa se anunciaron despedidas e expedientes de regulación de emprego no país tanto en BBVA como en Caixabank, debido ás últimas fusións. De feito, o mesmo sindicato anunciou hoxe que haberá unha nova concentración na terza feira, 28 de abril, diante das oficinas do BBVA en Compostela. En concreto serán nas sucursais das rúas Senra, Alfredo Brañas e Santiago do Estero. Así protestarán contra unha redución do cadro de persoal que afectará de forma directa a 111 operarias. |
NOS_5372 | Co obxectivo de nas vindeiras eleccións galegas de 2020 "ter opcións", segundo afirmou o secretario xeral de Podemos na Galiza, a súa formación fai un chamamento a "reconstruír o espazo rupturista". | Após a celebración das eleccións xerais, municipais e europeas continúan as análises dos resultados e os anuncios de liñas de futuro por parte das formacións políticas. O secretario xeral de Podemos na Galiza e deputado no Congreso, Antón Gómez Reino, afirmou que o seu partido "non conseguiu os obxectivos" marcados nas urnas. Nas eleccións xerais do 28 de abril a candidatura de En Común–Unidas Podemos logrou na Galiza dous escanos para o Congreso, fronte os cinco que obtivera a coalición coa que concorrera en 2016. Baixou tamén en número de apoios, pasando de 347.542 a 236.746 votos. Así mesmo, o 26 de maio as candidaturas presentadas baixo as siglas de Podemos como as mareas que apoiaron desde o partido morado, estancaron e ou baixaron nas urnas, perdendo todos seus fortes representados polas alcaldías das cidades da Coruña, Santiago e Ferrol. Nas europeas ficaron como cuarta forza política na Galiza co 8,12% e 117.592 votos. Reino realizou un chamamento a reflexionar e dar pasos "para que a cidadanía volva identificar o noso espazo como fundamental" Ante os resultados electorais, Reino realizou un chamamento a reflexionar e dar pasos "para que a cidadanía volva identificar o noso espazo como fundamental", e matizou a relevancia de lograr seren identificados pola sociedade non unicamente como espazo "á esquerda do PSOE, senón, en xeral, como espazo fundamental na esquerda do país para a transformación da Xunta a partir do ano 2020". "A clave está en aprender a sumar", afirmou Gómez-Reino Así pois, de cara ás eleccións galegas de outono do vindeiro ano, o secretario xeral de Podemos optou por que o seu partido sexa "dinamizador" do espazo político que comparte con outras forzas e movementos políticos, a quen chamou a sumarse. Apelou pois a "facer un espazo que sexa suficientemente cómodo para que as diferentes candidaturas municipais e as organizacións que, por exemplo, nas eleccións xerais decidiron non participar poidan estar cómodas", indicou en referencia a Anova, que nos comicios ao Congreso e o Senado non participou das candidaturas de En Común–Unidas Podemos. Nese sentido, o secretario xeral de Podemos na Galiza afirmou que a clave está en "aprender a sumar" e que avogou por "construír unha cultura democrática de acordos". |
NOS_52546 | Adega afirma que hai milleiros de toneladas de "tecnosolos" vertidos sobre prados, mananciais e mesmo a carón de ríos na comarca de Ferrolterra, que amosan altas cantidades de hidrocarburos e metais pesados, superando os máximos legais para a protección da saúde humana. | A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) vén de coñecer os resultados das análises das verteduras de refugallos insdustriais nos montes de Ferrolterra, dende Narón ás Somozas. "Son milleiros de toneladas de "tecnosolos" vertidos sobre prados, mananciais e mesmo a carón de ríos, que amosan altas cantidades de hidrocarburos e metais pesados, superando os máximos legais para a protección da saúde humana", afirman. "Centos de hectáreas de prados e montes aparecen cubertas cunha grosa capa de material cheirento, cuxo pó impregna a roupa e penetra nos pulmóns" A asociación indica que estes refugallos "semellan provir de subprodutos industriais e lamas de depuradora" e, alías, non se están a aplicar sobre chans degradados, "senón sobre prados e montes con actividade agrícola e gandeira". Risco para a saúde ambiental e cidadá Perante o grave risco que para a saúde ambiental e cidadá que poden supoñer estas prácticas, Adega anuncia trasladará os feitos á Fiscalía do TSXG para que investigue o que podería ser un grave delicto ambiental. Adega sinala que varios dos seus membros a petición dos veciños desprazáronse até a parroquia de Cargas (As Somozas) veciña ao polígono industrial no que se tratan a maioría dos refugallos industriais de Galiza. Panorama dantesco O panorama é dantesco, afirman: "Centos de hectáreas de prados e montes aparecen cubertas cunha grosa capa de material cheirento, cuxo pó impregna a roupa e penetra nos pulmóns. Moreas de lamas depositadas en prados, sobre fontes, a carón de ríos e leiras nas que pasta o gando" |
NOS_25617 | Ana Pontón aposta en "pensar e construír colectivamente unha nova Galiza que nos sitúe na vangarda das nacións prósperas e xustas" desde un debate "sereno" no Parlamento e unha vez superada a emerxencia da Covid. | O compostelán Pazo-Colexio de Fonseca foi a sede do Parlamento galego entre 1982 e 1989 e esta terza feira foi o escenario elexido polo BNG para reclamar para Galiza "o status político de nación" nun acto convocado con motivo do 40 aniversario do Estatuto de 1981 "O noso horizonte é claro, queremos un novo status político para Galiza que nos recoñeza como o que somos: unha nación, e avanzar cara a unha relación co Estado de tipo confederal. Para iso é necesario abrir un debate sereno e tranquilo no Parlamento e, superada a emerxencia deste momento, teremos que abordar este debate, porque non podemos permitir que Galiza, como nación histórica, quede relegada cando Euskadi e Cataluña avanzan nesa dirección", manifestou a portavoz nacional, Ana Pontón, na súa intervención. Hai que pasar páxina, manifestou a nacionalista, porque o Estatuto actual "é un traxe que ficou pequeno xa antes da Covid, tras catro décadas que son a crónica dunha frustración". Tarefa conxunta "Hoxe quero convocar a unha grande tarefa para esta década, a de pensar e construír colectivamente unha nova Galiza, cara ao futuro, cara a un porvir que nos sitúe na vangarda das nacións máis prósperas e xustas", proclamou. O BNG reclama así superar o actual marco estatutario e darlle a Galiza o status de nación nunha relación confederal co Estado pero, como explicou Pontón, é consciente da actual correlación de forzas no Parlamento cun PP "que non quere unha Galiza máis forte como evidencian doce anos de Goberno sen unha soa transferencia". Neste sentido, demanda "que se abra a transferencia de todas as competencias pendentes, porque o mínimo é cumprir o Estatuto tras 40 anos e cando hai máis de setenta ámbitos onde se pode incrementar as competencias de Galiza". Pontón reivindicou o BNG como heredeiro das Irmandades da Fala, da Xeración Nós, do Partido Galeguista, "pioneiros na defensa de Galiza como nación e do seu dereito á libre determinación", e apuntou que o actual Estatuto non serviu para solucionar os problemas estruturais, como a crise demográfica, a emigración, a precariedade laboral ou o espolio dos recursos da Galizas, "mostra das limitacións deste marco". En clave de progreso "Non é xusto que nos digan que como se votou hai catro décadas non podemos opinar, nin traballar para facer unha Galiza máis forte e mellor", reclamou. Defendeu que cando o BNG apela a ter capacidade de decisión está pensando "en como reforzar a sanidade pública, como ter un modelo de atención aos maiores que garanta o seu dereito a unha vellez digna, como xerar emprego de calidade ou como lograr a igualdade real". E para iso, esta debe ser "unha nación con verdadeiro autogoberno e non con poder delegado ou tutelado", deixar atrás catro décadas "que son a crónica dunha frustración". Con toda esa bagaxe e experiencia acumulada, indicou Pontón, "temos que escoller se queremos decidir nós o noso futuro ou se imos deixar que decidan por nós a centos de quilómetros; se temos un proxecto propio ou se imos administrar o espolio dos recursos e a riqueza do País". Para a líder nacionalista, "a clave é superar esa encrucillada histórica e ter poder político, instrumentos económicos, financeiros e fiscais para poñer en marcha a Galiza do futuro". |
PRAZA_7481 | Os cicloturistas levan meses denunciando que a actual vía está abandonada en moitos treitos o que é ocupada polos coches nalgunhas ocasións. | A edición 2013 da Vuelta a España presentouse esta fin de semana en Vigo. Terá un ano máis un percorrido montañoso e con finais de etapa que buscarán a sorpresa. Ademais, ao igual que o pasado ano, Galicia terá un gran protagonismo nela, ao abeiro dun importante apoio institucional da Deputación de Pontevedra. A rolda comezará en Vilanova de Arousa cunha contrarreloxo por equipos e continuará con catro etapas máis con final no Monte Da Groba, Mirador de Lobeira e en Fisterra, na que a organización denominou etapa da fin do mundo, que antes subirá ao Mirador do Ézaro. A etapa Sober-Lago de Sanabria despedirá o paso da Vuelta por Galicia. A presentación da rolda, que tivo lugar este sábado no Teatro García Barbón, foi escenario tamén das reivindicacións dos cicloturistas de Vigo e do Baixo Miño Pero a presentación da rolda, que tivo lugar este sábado no Teatro García Barbón, foi escenario tamén das reivindicacións dos cicloturistas de Vigo e do Baixo Miño. Varios grupos levan meses protestando contra o deseño e o actual estado do carril-bici que une Vigo e A Guarda e que, segundo denuncian, presenta numerosos problemas. En primeiro lugar, que é estreito, cunha anchura tan limitada que nalgúns treitos fai imposible o paso dunha bicicleta. O manual para o carril bici da DGT afirma que "o ancho recomendable nos carris-bici estará comprendido entre 2,5 e 3 metros". Tamén se denuncia o seu abandono, polo que é frecuente que nalgúns lugares estea cuberto por vexetación ou por terra caida dende os muros próximos. Outros dos obstáculos que os ciclistas atopan frecuentemente no seu camiño son os coches, que decote empregan o carril-bici para aparcar. Outros dos perigos están nos bordillos de cemento que nel se colocaron e tamén nas gomas que serven para separar este carril da calzada: uns e outros elementos provocan caídas constantes, o mesmo que a pintura deslizante que se empregou para marcar os pasos de peón. E, en xeral, denúnciase un desleixo na conservación do firme, co asfalto desgastado, con baches e pedras. Os ciclistas lembran que nos últimos meses foron moitos os accidentes que se rexistraron neste treito e que algún deles mesmo se saldou con feridos de gravidade. Tamén salientan que esta situación non só prexudica os ciclistas e que os peóns tamén se ven afectados, cun incremento da perigosidade para eles. Os cicloturistas continuarán reclamando nos vindeiros meses unha mellora nesta vía e a construción de máis carrís-bici, e máis a medida que se achegue a disputa das etapas galegas da Vuelta a España. Queren facer fincapé no paradoxo de que as administracións públicas apoien con tanto entusiasmo a celebración de probas ciclistas cun importante impacto publicitario, e que ao tempo descoiden a base do cicliturismo ou a propia seguridade dos ciclistas nas estradas da provincia de Pontevedra. Etapas en Galicia 24 de agosto. Vilanova de Arousa-Sanxenxo 27,0 Km (CRE) 25 de agosto. Pontevedra-Baiona Monte da Groba 176,8 Km 26 de agosto. Vigo- Mirador de Lobeira 172,5 Km 27 de agosto. Lalín- Fisterra 186,4 Km 28 de agosto. Sober- Lago de Sanabria 168,4 Km |
NOS_51382 | O avellentamento da poboación golpea o mercado laboral. 15% das persoas desempregadas na Galiza supera os 55 anos, e boa parte delas non conta con volver traballar. Entidades como Adecco e Seres apostan por mellorar a súa empregabilidade e evitar así unha transición precaria cara a xubilación. | O reto demográfico é un dos factores chamados a condicionar o futuro do mercado laboral galego. Na actualidade, por cada 100 menores de 16 anos contabilízanse 202 persoas maiores de 64, unha proporción que case duplica a media do Estado español, que se sitúa en 125 maiores de 64 anos por cada 100 menores de 16. Os primeiros efectos deste desfase xa se están a deixar notar. Segundo datos da Fundación Adecco e a Fundación Seres, na Galiza hai 22.100 persoas desempregadas maiores de 55 anos. Representan 15% do total, cando hai unha década eran 9% do global de persoas sen emprego. Trátase, segundo denuncian estas institucións, dun colectivo que atopa "grandes obstáculos de acceso ao emprego" e que non albisca moitas esperanzas de retomar a súa actividade laboral. De feito, 75% das persoas desempregadas maiores de 55 anos asumen que non van volver traballar. Como indica Ana Sainz, directora xeral da Fundación Seres, "as contornas laborais non se adaptan a un capital humano máis maduro, o que produce unha sobrecarga no sistema de protección social que afoga as arcas públicas e mingua a calidade de vida da poboación". Sainz destaca que este comportamento se afasta das directrices europeas fixadas na Axenda 2030, que estabelece como obxectivo estratéxico recoñecer os traballadores e as traballadoras sénior como "indiscutíbeis axentes activos de crecemento e prosperidade social". Talento dispoñíbel Nesta mesma liña, o director xeral da Fundación Adecco, Francisco Mesonero, recoñece que "a nosa forza laboral envellece, mais seguimos ancorados en modelos arcaicos que conducen á discriminación por idade, un contrasenso que pon en xaque a competitividade do país". "Os profesionais sénior teñen unha representación cada vez maior na forza laboral dispoñíbel. Se non se acometen medidas contundentes, Galiza poderá renunciar a este talento, que hoxe representa 15,5% dos desempregados, mais que seguirá crecendo nos próximos anos, ante un envellecemento que avanza de forma imparábel e unha progresiva activación da poboación maior de 55 anos", apunta Mesonero. Transición precaria á xubilación Á vista destas consideracións, o envellecemento da poboación convértese nun "asunto de Estado" e, polo tanto, reclama da Administración pública a posta en marcha de políticas que melloren, de forma prioritaria, a activación e inserción das persoas desempregadas maiores de 55 anos, "de modo que os seus períodos de desemprego non se convertan en transicións precarias á xubilación, senón nunha etapa plenamente efectiva para conectar cun mercado laboral en continuo cambio". Para facilitar esta transición, ámbas as dúas institucións, coa colaboración de representantes de empresas como CaixaBank, DKV, El Corte Inglés, Fundación Endesa, Lee Hecht Harrison, Sacyr, Santalucía ou Seur, veñen de presentar o Libro Branco para a xestión do talento sénior no Estado español, un documento que expón como algúns dos instrumentos fundamentais o desenvolvemento dunha estratexia de activación do talento sénior, a vinculación de prestacións e subsidios a programas de empregabilidade ou o reforzo das políticas activas de emprego e da colaboración público-privada, entre outras propostas. Mais para o cambio de paradigma tamén é necesaria a colaboración do colectivo implicado. Así, a publicación considera os propios profesionais maiores de 55 anos como "axentes impulsores de cambio" e acredita que é este colectivo o que debe protagonizar "unha revolución íntima" que o leve a loitar "contra a pasividade" e a mobilizarse para conectar cunha realidade en continua evolución. "Interiorizar a aprendizaxe permanente, apostar por novas fórmulas de traballo ou conectar cos nichos de emprego emerxentes son algúns dos retos para as profesionais maiores de 55 anos", apuntan os seus impulsores. O que está claro é que o envellecemento da poboación terá un impacto directo en case todos os sectores da sociedade, desde o mercado laboral, pasando polo financeiro (sobre todo nas pensións) ou na estrutura das familias, polo que a promoción do talento sénior será unha das chaves da xestión da diversidade empresarial. "Só aquelas empresas que integren a xestión do talento sénior no seu cadro de mando poderán liderar o mercado e perdurar no tempo", conclúe Ana Sainz, quen confía en que se superen as barreiras existentes para a facilitar a empregabilidade deste colectivo. |
NOS_24897 | Gastamos cada ano centos de millóns de euros en importar alimentos. Este 2019 arrancou cun incremento de 15% nas importacións deses produtos. A balanza comercial entre os alimentos que exportamos e os que importamos é negativa en por volta de 900 millóns de euros anuais. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 342 do semanario Sermos Galiza. | O sector agroalimentar de Galiza depende dos produtos e materias primas procedentes do exterior. Galiza, que se construíu durante décadas no imaxinario propio e alleo como unha despensa farturenta, gasta cada mes entre 300 e 400 millóns de euros en importar alimentos. Entre eles, e nos primeiros lugares, produtos da pesca e cereais. As estatísticas da Secretaría de Estado de Comercio indican como mesmo naqueles produtos máis vencellados á economía local existe unha dependencia no subministro de materias primas ou de produtos procedentes da transformación das mesmas. O Informe Mensual de Comercio Exterior de Galiza de inicios de 2019 rexistra como o ano comezou cun importante aumento -de máis de 15%- na importación de alimentos por parte de Galiza a respecto de inicios do exercicio anterior, 2018. No mes de xaneiro pasado gastamos case 400 millóns de euros en comprar alimentos fóra. Unha cifra sensibelmente superior aos 221 millóns de euros que exportamos en categoría de alimentos. A balanza comercial está aquí desequilibrada para Galiza en 170 millóns de euros en apenas un mes. Os alimentos son xa o segundo grupo en importacións, só por detrás das compras do sector de automóbil, que é 33% do total do que mercamos no exterior. Os alimentos representan 21% das importacións, o que supón que un de cada cinco euros que gastamos en traer produtos do estranxeiro é para produtos alimentarios. E que alimentos importamos? O primeiro posto é para os da pesca, nos que gastamos en xaneiro 330 millóns de euros. É o segundo produto - só por detrás dos compoñentes de automóbil- que máis importamos en Galiza pois representa 17,5% do total. O noso país lidera a maior industria pesqueira no Estado e tamén na Unión Europea -no conxunto de Europa é Noruega- e precisa de recursos fóra pois nin os caladoiros nin a nosa frota dan abastecido. Galiza perdeu 265.000 hectáreas de superficie agraria útil en apenas tres décadas. Só 24% do noso territorio ten uso agrícola face ao promedio do 40% de países máis desenvolvidos. Desde organizacións como a Federación Rural Galega ou Sindicato Labrego Galego lembran periodicamente que Galiza ten unha balanza agraria negativa: importa máis alimentos dos que exporta. Unha diferenza de centos de millóns de euros. "Só hai que ir ás grandes superficies e ver de onde veñen os produtos, mesmo as hortalizas", ou mesmo o leite, con importación en Galiza [potencia produtora] dos seus derivados, advirten os produtores. [Podes ler a información íntegra no número 342 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques] |
PRAZA_4191 | A administración local alerta da imposibilidade de manter a distancia social ou entre mesas nalgúns locais durante este luns e amosa o seu malestar coa actitude dalgúns establecementos. | O Concello advirte da "situación" dalgunhas terrazas por "non responder ao espírito da instrución pública presentada para garantir o distanciamento social e a saúde"O Concello da Coruña advirte ao sector hostaleiro sobre as eivas observadas en diferentes locais este luns, no inicio da fase 1 que permitiu a apertura de terrazas. Tal e como se puido comprobar durante todo o día e en numerosas imaxes, houbo bares e restaurantes onde se incumpriron as distancias de seguridade entre mesas e clientes ou mesmo se superou o espazo permitido para a ocupación da vía pública. Así, a través dun comunicado oficial, o Concello alerta da "situación observada con respecto ao funcionamento dalgunhas terrazas" porque "non responde ao espírito da instrución pública que presentou a semana pasada para garantir o distanciamento social e a saúde nestes elementos de mobiliario".A Concellería de Urbanismo lembra que "todas as medidas que se toman ao respecto realízanse en beneficio do sector hostaleiro e son acordes ao que permite o Goberno central co fin de frear a pandemia". Ademais, advirte á cidadanía da "importancia de non relaxarse nesta fase de desescalada e de gardar a distancia social porque, de non o facer, poderiamos dar un paso en falso e volver atrás".O Concello advirte á cidadanía da "importancia de non relaxarse nesta fase de desescalada e de gardar a distancia social" para "non volver atrás"O comunicado chega despois de que diversas imaxes e testemuños advertisen de aglomeracións excesivas en diferentes locais da cidade, especialmente na tarde do luns. Segundo puido saber Praza.gal, o Concello mesmo advertiu a asociacións de hosteleiros da gravidade dalgúns incumprimentos, como o aumento descontrolado de mesas ou o nulo control sobre as distancias requiridas, así como da incoación de expedientes de sanción de ata 6.000 euros no caso de seguir detectándose irregularidades. Así, dous locais de hostelería da praza de Vigo decidiron pechar "ata próximo aviso" ante a "actitude irresponsable dunha minoría" durante a xornada do luns e "como medida extraordinara de concienciación social, con obxecto de garantir a seguridade dos nosos clientes e empregados". Así o indican nun comunicado no que lembran o número de vítimas mortais polo coronavirus. O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, lembra que o número de mesas permitidas limítase ao 50% do número total de mesas que xa tiñan autorizadas previamente, agás nuns espazos públicos determinados nos que se autoriza incrementar a superficie destinada a terraza. Neste caso, poderase incrementar o número de mesas, mais deberase respectar a proporción do 50% entre mesas e superficie dispoñible, levando a cabo un incremento proporcional do espazo peonil no mesmo tramo da vía pública en que se sitúe a terraza e que, en ningún caso, pode superar o número de mesas que constan na solicitude de licenza. "Non podemos esquecer nunha semana os 26.920 falecidos, os 176 falecidos novos entre onte e hoxe ou os hospitalizados", advirte Fernando SimónA administración local lembra que "as mesas ou agrupacións de mesas deberán estar, como mínimo, a dous metros unhas das outras", que as reunións permitidas son de até un máximo de dez persoas por mesa ou conxunto de mesas e que os locais deberán cumprir as medidas de hixiene e prevención que esixen as autoridades sanitarias.Precisamente, na rolda de prensa deste martes, o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, fixo un chamamento á poboación logo das imaxes de terrazas cheas e sen gardar distancias de seguridade en varios puntos do Estado. "O que viviron os profesionais sanitarios e a poboación xeral non o podemos esquecer tan axiña. Non podemos esquecer os nosos 26.920 falecidos, non podemos olvidar que aínda temos 176 falecidos novos entre onte e hoxe, non podemos olvidar todos os hospitalizados que aínda están nos hospitais, nin a todos os que estiveron. Non podemos olvidalos nunha semana". O Concello de Lugo ábrese a medidas "excepcionais"Por outra banda, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mostrouse aberta a modificar as pautas que rexerán a apertura de locais na cidade logo da reunión mantida con membros da Asociación de Empresarios de Hostalaría "co fin de que a hostalaría local poida ou ben ampliar as terrazas das que dispoñen ou ben instalalas no caso daqueles establecementos que agora non teñen e así o desexen".A rexedora avanzoulles que esta planificación terá un "carácter excepcional" e que as medidas que se adopten deben ser "respectuosas co mantemento do espazo necesario para a circulación de vehículos de emerxencia e co dereito da veciñanza para desprazarse pola cidade sen barreiras".As medidas artelladas estarán baseadas, principalmente, en cinco supostos: a ampliación das terrazas nas zonas peonís que así o permitan; o estudo das rúas que se poidan cortar ao tráfico tanto para favorecer a súa colocación como para incrementar as zonas de paseo da cidadanía; a instalación de mesas e cadeiras en vías de anchura suficiente ou, en caso contrario, valorarase a utilización, ao efecto, dalgunhas áreas de aparcadoiro sitas en fronte e, por último, analizarase a posibilidade de ubicar terrazas en prazas amplas, como poden ser as de Augas Férreas, Bretaña ou Camiño Primitivo. |
NOS_19108 | A fronte nacionalista denuncia a aplicación dunha "lexislación de excepción" propia de estados totalitarios e exixirá ao ministerio que se depuren responsabilidades ao respecto. | O BNG levará ao Congreso español o caso de Silvia C., detida a pasada segunda feira en Ferrol e posta en liberdade esta cuarta sen cargos após serlle aplicada a "lei antiterrorista" pola que ficou incomunicada durante 36 horas. Segundo a organización frontista, a independentista foi vítima dunha "lexislación de excepción, con grave violación dos dereitos humanos", pois foille negado mesmo o dereito de habeas corpus --polo cal debería ser posta de maneira inmediata a disposición xudicial. "Estamos perante unha lexislación propia de estados totalitarios ao non asegurar as garantías individuais e os dereitos humanos máis elementais" As deputadas nacionalistas no Congreso, demandarán "explicacións" ao ministerio do Interior "pola violación dos dereitos desta persoa" e exixirá que se "depuren as responsabilidades oportunas", perante o que consideran "non é un caso illado". O BNG, denuncia a aplicación dunha lexislación "suspensiva das garantías individuais e dos dereitos humanos" que atribúen a estados totalitarios en que as persoas detidas son incomunicadas durante horas sen "protección legal nin asistencia xurídica", aseveran desde a organización frontista. Neste sentido, no BNG exixen a "derrogación das normas legais que dan amparo a actuacións por parte dos poderes do estado tan desproporcionadas" e denuncian a desprotección sufrida pola moza que ficou sen dereitos tan fundamentais como "o dereito á presunción de inocencia e á honra", conclúen @s nacionalistas. |
NOS_19992 | Os tres grupos políticos, PP, BNG e PSdeG, piden a Xunta que inste o Goberno estatal a frear a prohibición de subvencionar o gasóleo para a frota. | Defensa unánime do Parlamento galego aos intereses da flota galega de pesca. Os tres grupos con representación parlamentaria, PP, BNG e PSdeG, aprobaron esta terza feira por unanimidade unha proposición non de lei (PNL) para que a Xunta inste o Goberno estatal a "frear" a prohibición de subvencionar os custos do combustíbel da frota. Así o acordaron as tres formacións no transcurso da reunión da comisión 8ª de Pesca e Marisqueo da cámara galega, na que se deu luz verde, sen modificacións, á proposta do PP de pedir á Xunta que demande ao Goberno de España que se manifeste ante a Unión Europea e a Organización Mundial do Comercio (OMC), en contra da proposta de prohibir determinadas subvencións á pesca. Segundo recolle a PNL aprobada, Galiza asiste "con preocupación" ás negociacións, no marco da OMC, sobre determinadas medidas, como a prohibición dalgunhas subvencións á actividade pesqueira para evitar "supostamente" a sobreexplotación dos recursos. No borrador do acordo determínase que as axudas para cubrir os custos do combustíbel, o xeo ou cebos dos barcos estarían entre as subvencións para eliminar, pero o PP sinalou que "Galiza rexeita a eliminación xeneralizada do combustíbel bonificado", unha medida "inxusta" que poría "en risco" a viabilidade da frota galega. Respecto diso, subliñaron que o sector galego ten demostrado a súa "responsabilidade" e que, no canto de eliminar as subvencións, poden adoptarse "outras medidas" de eliminación da sobrepesca e de mellora de eficiencia enerxética das frotas. Lea por Navantia O Parlamento tamén aprobou nesta terza feira, desta vez só cos votos do PP, reprobar o Goberno español e a dirección de Navantia pola "sucesiva perda de grandes contratos internacionais durante os últimos tres anos", así como polo "fracaso á hora de atopar solucións para dotar de carga de traballo" o estaleiro ferrolán. Desde a oposición, Ramón Fernández Alfonzo (BNG) cualificou a proposta de "despropósito". "Vostedes son Goberno galego con competencias", lembroulle á bancada do PP. Pola súa banda, Martín Seco (PSdeG) indicou que a proposta mostra que a Xunta "non ten solucións ante os problemas industriais a pesar de ter todas as competencias". |
PRAZA_14588 | A Mesa pola Normalización Lingüística elabora un estudo sobre o uso da lingua propia nos primeiros niveis educativos e conclúe que o seu uso só é normal en apenas tres de cada cen centros | No verán de 2010 a Consellería de Educación facía públicos, a través do daquela secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, os resultados da súa controvertida enquisa sobre a lingua no ensino, un inquérito que encheu de receos a boa parte da comunidade educativa e para o que a Xunta precisou os servizos dunha empresa privada, aínda que inicialmente negara tal extremo. Aquel estudo demoscópico sinalaba, entre outras cuestións, que o 53% das familias con fillos e fillas en educación infantil que responderan ás preguntas preferían que, nese nivel educativo, o ensino fose bilingüe, en galego e castelán. No inicio do seguinte curso escolar, o 2010-2011, Educación volveu preguntar pola lingua en infantil e, por provincias, na Coruña o galego foi o preferido polo 41%, en Lugo polo 42%, en Ourense polo 41% e en Pontevedra, polo 25%. Dous anos despois, estas cifras están moi lonxe de cumprírense na realidade. Este incumprimento é, cando menos, o que detecta A Mesa pola Normalización Lingüística, que vén de realizar o seu terceiro estudo a respecto da presenza da lingua galega nas aulas de ensino infantil das sete cidades galegas. A asociación en defensa da lingua preguntou en 282 centros educativos -públicos, privados e concertados- polo idioma empregado neste nivel educativo e o resultado, resume o seu presidente, Carlos Callón, é dun verdadeiro "varrido" da lingua propia de Galicia. Non en van, e malia ás preferencias das familias do alumnado, o galego está ausente por completo no 95,04% dos centros. Segundo "declaran" os centros consultados, a suma daqueles que empregan total ou parcialmente o galego no ensino de nenos e nenas de 3 a 6 anos non supón máis que un 4,96% do total, isto é, 14 colexios en todo o país. Nestes inclúense os 9 que din impartir todas as aulas de infantil en galego -o 3,19%- e os tres que "indican que teñen dúas liñas", unha para o galego e outra para o castelán. Estas cifras, explica Callón, supoñen que a actual situación non é "de bilingüismo, de trilingüismo nin de farrapos de gaita", senón dunha "exclusión" da lingua propia que, asegura, non ten parangón en ningunha outra autonomía con máis dun idioma. Só nove centros das cidades declaran impartir as aulas de infantil totalmente en galego Boa mostra da situación son tamén os números absolutos do estudo d'A Mesa. A cidade con máis centros de ensino que imparten a educación infantil en galego é Lugo, con tres colexios. Séguena Ourense, A Coruña e Santiago, con dous, e pechan a lista Ferrol, Pontevedra e Vigo, cun só colexio cada unha con aulas de infantil en galego. A sondaxe serviulle tamén á asociación para obter elocuentes datos, como o dun centro de Vigo "no que o español gañou por un só voto, pero todo o ensino infantil se imparte en castelán", ou "un de Santiago, no que din sen rubor que as familias contestaron" que desexaban "ensino eng alego, pero eles saben que a lingnua dos nenos é o español" e dan as clases neste idioma. Desplome en dous anos A elocuencia das cifras é aínda maior botando man dos dous anteriores estudos elaborados pol'A Mesa. No curso 2008-2009, aínda co decreto 124/2007 en vigor -establecía un "mínimo" do 50% das clases en galego- a presenza do galego no ensino infantil urbano era do 35%. No seguinte curso, 2010-2011, esa porcentaxe ficaba xa no 10%. En todos os casos, sinala Callón, isto equivale a estar "por baixo da lexislación vixente", pasando por riba de normas como a Lei de Normalización Lingüística, pero tamén obviando o propio decreto do plurilingüismo. "O decretazo di que ten que haber atención" ao alumnado que empregue o galego en aulas impartidas en castelán, así como un labor de "introdución" da lingua galega nas contornas castelán-falantes. "Pero isto non se produce", subliña. Así as cousas, dende A Mesa pola Normalización Lingüística conclúen que "cando Feijóo fala de trilingüismo" está a empregar "o seu habitual cinismo" e "chulería par mentir", xa que "os incumprimentos son gravísimo. Alén do ensino infantil, subliña Callón, nos casos "máis positivos" o galego non chega máis alá "do 20%" do horario lectivo impartido no país. |
NOS_58044 | A Xunta xa fixo público o seu Plan de Reactivación da Cultura e o Turismo. Se ben o texto pode consultarse, parece probábel que aínda se modifiquen certos aspectos após a súa presentación oficial con axentes sectoriais que terá lugar mañá. | Moitos colectivos sectoriais atópanse analizando con lupa o Plan de Reactivación da Cultura e o Turismo, un texto que non consegue disimular o protagonismo do segundo dos eidos. Así, por exemplo, a análise de oportunidades, seguindo o modelo DAFO, do contexto actual só atende ese sector, colocando como prioridades o turismo non masificado, o Camiño de Santiago e o Xacobeo. O anuncio do plan, o pasado 1 de maio, produciuse tan só uns días despois de que a maior parte das asociacións profesionais do tecido cultural galego denunciasen a ausencia de resposta da Xunta ante a pandemia. O documento perfila medidas para a cultura cun orzamento de máis de 10 millóns de euros, mais que por veces non fica claro se responden a novas propostas ou a axudas xa existentes. O libro Para o libro destinaríanse 670.000 euros, que asegurarían o apoio ás editoras –mais sen concretar de que maneira– e un programa de actividades nas librarías, así como a recuperación das feiras do libro e o incremento de axudas á tradución. Semella que se vai atender a petición unánime do sector por dotar de fondos a bibliotecas e arquivos –non se sabe se no 50% solicitado– e que sexan mercados a través das librarías de proximidade, se ben quedan fóra outras medidas reclamadas, como o "bono libro familiar". Doutra banda, as demandas das profesionais da narración oral, cunha forte dependencia da programación de escolas e bibliotecas, non aparecen citadas de maneira específica en ningún lugar. Audiovisual As medidas para o audiovisual contemplan segundo a Xunta 3.741.918 euros, cantidade na que, como en moitos dos casos, semella que se inclúen partidas orzamentarias que xa viñan funcionando con normalidade. Con todo, abstivéronse de facer alusión ás subvencións á produción do contido galego, cando o propio Sutil declaraba que Galiza fora a primeira en publicalas, algo que coincide máis co calendario habitual do trámite –que noutros territorios se fai en xuño ou xullo– que cun impulso fronte á COVID-19. Porén, o documento si recolle a modificación de convocatorias para permitir a recepción de anticipos, co gallo de facilitar a liquidez –demanda do sector–, ou no caso das de talento, aínda sen resolver, aumentar o número de guións e curtametraxes. Igualmente, faise mención á publicación das axudas de asistencia a foros e mercados audiovisuais, que se veñen convocando normalmente en marzo. A isto súmase un "apoio á fase previa de desenvolvemento" de proxectos -de novo, sen concretar como- e un fondo de coprodución internacional minoritaria. O documento ignora o acordo ao que chegara Proxecto con Jacobo Sutil para un plan de apoio específico "dotado con 100.000 euros, que se achegarían a través do programa Xacobeo 2021" Proxecta, a Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, xa se manifestou "defraudada" cun plan de 74 páxinas no que "só hai dúas liñas" que os teñan en conta, recollendo a flexibilización de axudas, a ampliación de datas ou a posibilidade de celebración en liña. Ignórase así o acordo ao que chegaran en reunións con Jacobo Sutil, Director da Axencia Galega das Industrias Culturais, para un plan de apoio específico "dotado con 100.000 euros, que se achegarían a través do programa Xacobeo 2021". Escénicas sen danza Para as artes escénicas compútase un orzamento de 1.815.382 euros, no que se inclúen medidas de adaptación de distintas subvencións, así como a flexibilización da normativa da Rede Galega de Teatros e Auditorios para reprogramar no segundo semestre as funcións canceladas. Doutra banda, faise mención ao impulso dos premios de dramaturxia, sen especificar as condicións ou que premios se van apoiar, e á reprogramación da actividade do Centro Dramático Galego (con tres espectáculos para 2021) e do Salón Teatro (con novos proxectos a través de acordos con outras entidades). Para isto último destinaríanse 440.000 euros, mais non fica claro se son a maiores dos 350.000 xa previstos ou se se atopan integrados neles, co que aínda quedarían por baixo dos 600.000 euros de 2019. Unha indefinición coas cifras que se estenden por todo o documento. Se algo brilla pola súa ausencia é a danza, sen ningunha medida específica e apenas mencionada de pasada Mais se algo brilla pola súa ausencia é a danza, sen ningunha medida específica e apenas mencionada de pasada, seguindo a liña de abandono administrativo que acusa o sector, cun claro exemplo no desleixo cara ao Centro Coreográfico Galego. As salas de espectáculos privadas tampouco se atopan reflectidas no texto. Música xacobea Para o sector da música proponse adaptar as bases de dúas liñas de axudas: á distribución e á produción fonográfica. Porén, o máis representativo deste eido asóciase co Xacobeo, con ciclos de concertos como o propio Xacobeo 2021 ou o programa Galicia Emerxe X21. Existe a previsión de que parte da programación se desenvolva virtualmente, mais de pago, tamén no caso de Fest Galicia, cun "sistema coordinado de festivais en liña". Inclúese por último un millón de euros para financiar proxectos de cara ao Xacobeo 2021. Artes plásticas No que atinxe ás medidas enfocadas ás artes plásticas, con 365.000 euros, tan só a promoción de axudas para artistas menores de 35 anos resulta novidosa. A celebración dun Encontro de Artistas Novos trataríase en realidade da décima edición do evento, que se celebrou o ano pasado en agosto na Cidade da Cultura, mentres as axudas para asistencia a feiras internacionais xa existen, convocadas cara a finais de ano, a non ser que se baralle un adianto, cousa que tampouco se dá a entender abertamente. Malia falar de "apoio ás actividades da Asociación Contemporánea de Galerías de Arte de Galicia", tampouco se concreta como se materializará. O Xacobeo, no foco De forma máis transversal, apúntase unha campaña de fomento do consumo cultural, na que tampouco se mencionan medidas concretas máis alá da vontade de concienciar a poboación da importancia económica e social do sector. Doutra banda, o plan recolle accións de formación, entre as que destaca un convenio coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural para implementar recursos de "transformación dixital do tecido cultural". O plan conclúe co Xacobeo como grande oportunidade do sector turístico e cultural, para o que anuncia, por exemplo, a creación dun fondo de 1.500.000 euros para proxectos culturais de todos os eidos, adquisición pública de obras de arte galegas por 200.000 euros ou un programa de apoio ao sector escénico con 500.000 euros. O asociacionismo cultural de base, que soporta en boa medida outras manifestacións culturais fundamentais para o patrimonio inmaterial como a música e o baile tradicionais –que están a xuntar forzas para dar forma ás súas demandas–, non ten cabida nun plan que semella atender en exclusiva a visión industrial. Outro plan para Compostela O Bloque Nacionalista de Santiago vén de presentar unha proposta de Plan de revitalización do sector cultural para a cidade, que pretende adaptar a programación a pequenos formatos, especialmente nos meses de xullo, agosto e setembro. Segundo expresou a portavoz do BNG de Compostela, Goretti Sanmartín, o Concello estaría en condicións de dedicar a isto até 1,5 millóns de euros. As súas propostas pasan por reaxendar actividades e o pagamento anticipado de gastos e contratos, así como pola colaboración entre Administracións, evitando solapamentos e atendendo ao carácter transversal entre distintos departamentos, para que o cultural actúe como motor de dinamización. Ademais, considera fundamental convocar axudas ao sector, con atención tamén ao tecido asociativo sen ánimo de lucro. Un bono familiar de libros e un bono cultural, actividades de fomento da lectura ou potenciar a narración oral son outras das propostas que recolle o plan. Sanmartín referiuse á difusión de legados artísticos e efemérides vencelladas a Compostela como oportunidade para crear roteiros relacionados coa obra de diferentes autoras. O BNG tamén chama a redefinir o Xacobeo e convertelo nunha ferramenta de reactivación da cultura galega. |
NOS_24552 | O presidente ultra do Brasil defende uma nova legislação que alargue os casos em que os membros das forças de segurança sejam inimputáveis quando usarem armas de fogo. | A proposta de Bolsonaro ao Congresso é que se expanda a aplicação da norma chamada excludente de ilicitude, isto é, que se classifiquem como atos não imputáveis determinadas ações armadas das forças de segurança. "Esses caras [delinquentes] vão morrer nas ruas igual a barata [cascudas] e assim tem de ser", disse o dirigente ultra. Porta-voces de associações em prol dos direitos humanos têm já reagido contra esta nova iniciativa de Bolsonaro. "Vão já 411 pessoas mortas por policiais militares em São Paulo este 2019. É o numero mais alto desde 2013. Bolsonaro está a encorajar esta violência e finda por ser um instigador da brutalidade", disse a The Guardian o advogado e activista Ariel de Castro Alves. Os últimos dados disponíveis quanto ao Rio de Janeiro, são do mês de abril, indicam que as mortes a mãos de agentes do Estado cresceram em 23%. Nada disso parece suficiente a olhos de Bolsonaro. O político que se impôs ao petista Fernando Haddad nas eleições de outubro de 2018 considera que os policiais lidam uma batalha desigual contra os criminosos e que, por isso, têm de ter uma maior cobertura legal que os faça na prática invioláveis por parte dos tribunais de justiça. |
PRAZA_13467 | A Xunta anuncia, nunha presentación marcada pola indefinición, a creación dun "centro de emprendemento creativo" e dun "centro de innovación cultural" na Cidade da Cultura, á que se trasladará a sede da Agadic | O pasado xoves o Consello da Xunta dáballe o seu visto e prace ao Plan Estratéxico da Cidade da Cultura. Ao remate da xuntanza o presidente, Alberto Núñez Feijóo, avanzaba algúns detalles do documento chamado a guiar ata 2018 o funcionamento do inacabado complexo, pero remitiría a prensa á presentación oficial do texto, vinte e catro horas máis tarde no propio Gaiás. Como estaba previsto este venres o conselleiro de Cultura e Educación, Jesús Vázquez, presentouse no auditorio da Biblioteca de Galicia. Acompañado pola xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño, e pola conselleira de Facenda, Elena Muñoz, presentou, pero non revelou, o contido do plan. Nunha comparecencia sen preguntas remitiuse, desta volta, á intervención que realizará no Parlamento o vindeiro martes. Mentres, e á marxe das presentacións audivisuais do acto, apenas deixou unhas pinceladas que falan dun novo cambio de usos dalgúns dos edificios e dunha nova promesa de redución de gastos. Sobre a base da indefinición os responsables gobernamentais explicaron que o plan é "froito dun proceso de reflexión estratéxica", que o Gaiás debe ser unha "oportunidade para a cultura de base" e que apostan por unha "programación de calidade", que mesmo inflúa na expansión da "marca país Galicia". Ademais, aseguran, a súa intención é "converter" a Cidade da Cultura "nun proxecto economicamente sostible e socialmente rendible" mediante a "incorporación de novos socios estratéxicos, tanto públicos como privados". Esta primeira aproximación complétaa González Loroño co enunciado, que non explicación dos catro "plans de acción" previstos: "de acción cultural", "de marketing e comunicación", de "mecenado e de participación empresarial" e "de explotación". Os servizos do Arquivo pasan á Biblioteca e no espazo libre anúnciase un centro "especializado na incubación de empresas culturais" Máis filosófica que práctica foi tamén a intervención da titular de Facenda, centrada na importancia que a creatividade e as industrias culturais teñen en Europa. "A abundancia de talento non é un privilexio das rexións máis desenvolvidas", evidenciou, para despois engadir que "non abonda con ter boas ideas" senón que se "precisa dunha estratexia e recursoe conómicos". "Sabemos como, e temos unha estratexia" para facer da "cultura e da innovación" os "motores do cambio produtivo de Galicia", proclamou, para despois introducir a vontade da Xunta de cofinanciar o Gaiás con fondos europeos. Entre as escasas conclusións prácticas que é posible tirar desta nova presentación do futuro do Gaiás figura o que xa semella enésimo cambio de usos dos edificios xa construídos. Once anos despois do inicio das obras os servizos do Arquivo de Galicia pasarán á biblioteca -agás os depósitos documentais- e no "espazo liberado" crearase un "centro de emprendemento creativo", "especializado na incubación de empresas culturais". O concibido como edificio de servizos centrais será agora "centro de innovación cultural e modernización tecnolóxica de Galicia", auspiciado entre a Fundación Cidade da Cultura e a Axencia de Modernización (Amtega). É aquí onde se ubicará o centro de proceso de datos da Xunta, ata agora distribuído por diferentes dependencias administrativas. A Agadic traslada a súa sede ao complexo do Gaiás, que optará a albergar o Womex 2014 No ánimo de encher fisicamente o complexo semella estar tamén un novo traslado, exposto por Jesús Vázquez como unha "materialización" da "aposta do Goberno" polo proxecto. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) trasladará a súa sede á Cidade da Cultura e, ademais, a consellería presentará unha candidatura para que en 2014 se celebre alí o Womex, o maior festival de músicas do mundo. Todo isto, di, acontecerá ao tempo que a Xunta "diminúe progresivamente" a súa achega económica "ata nun 50%". A aspiración é ter que inxectar só 4,5 millóns de euros e que os demais ingresos cheguen de "patrocinios, vendas ou alugueres" para unha programación que tamén é unha incógnita, agás a previsión de realizar unha exposición centrada no Camiño de Santiago. Os técnicos do concerto que na noite do propio venres a islandesa Björk ofrece na praza central do complexo nun palco semellante ao de calquera festa urbana de Galicia -ningún dos edificios ten capacidade dabondo e o destinado a escenario non se construirá- remataban de aquelar o evento mentres Vázquez "ratificaba inequivocamente a suspensión dos novos edificios" e evitaba, malia á insistencia, contestar as preguntas dos xornalistas. O próximo capítulo, o martes no Parlamento. |
NOS_25130 | Soraya Sáenz cualifica de "fortalecemento da democracia" a intención do PP de ilegalizar as maiorías programáticas e impedir por vía legal a formación de coalicións despois das eleccións. | A vicepresidenta do Goberno español, Soraya Sáenz de Santamaría, asegurou que os "cálculos electorais" non son o motivo de que o PP suscite unha modificación da lei electoral que prime como futuro alcalde ao candidato da lista máis votada, o que ilegalizaría as coalicións de maiorías programáticas co fin de favorecer a un bipartidismo e moi especialmente a un partido gobernante en crise. Ou sexa, que o cambio legal -cualificado de "pucheirazo" desde boa parte da oposición, seica sería "electoral" pero non "electoralista", argumento que non parece que vaia frear un forte escándalo social en case de se aplicar. Este "debate" que quere abrir o Partido Popular "faise desde un punto de vista que non é o dun cálculo electoral do que poida pasar nun concello ou outro, senón do fortalecemeento da democracia", declarou a vicepresidenta na roda de prensa posterior ao Consello de Ministros. Ese "fortalecemento da democracia" seica non impedirá que a polémica reforma se aprobe cos únicos votos do PP, segundo se sabe, como ocorre coa redución de escanos no Parlamento galego que pensa aprobar Feijóo á volta do curso político. Interior Con todo, o ministro do Interior español, Jorge Fernández Díaz, dixo que se o motivo fose favorecer ao PP en futuras eleccións, iso "restaría lexitimidade" á iniciativa. "É unha medida de rexeneración democrática, de facilitar a transparencia e a aproximación entre a cidadanía e os seus representantes, alén de que beneficie ou prexudique ao partido que sustenta ao Goberno", explicou. |
NOS_43629 | O secretario xeral de Coordinación autonómica e local fixo pública unha nota informativa pola que lembra ás corporacións locais a súa obriga de reduciren a paga extraordinaria d@s traballador@s públic@s correspondente ao mes de decembro e asegura, impugnará calquera acto encamiñado a compensar a devandita supresión. | Nunha nota enviada a diversas corporacións municipais feita pública a través da web do ministerio de Facenda, o goberno español informa as administracións locais da obrigatoriedade de cumpriren co disposto no decreto 20/2012 polo que se estabelece a redución das retribucións anuais para persoal ao servizo do sector público. De acordo co disposto na nota publicada pola secretaría xeral de Coordinación autonómica e local, Enrique Ossorio Crespo (secretario xeral) exixe aos concellos o cumprimento dunha tripla obriga: suprimir a 'paga extraordinaria' e os pagamentos adicionais de complemento de destino correspondentes ao mes de decembro; a redución das retribucións anuais previstas no correspondente aos devantitos pagamentos e que os importes que perciban neste ano non superen en homoxeneidade os aboados en 2011. Así mesmo, o ministerio de Facenda asevera na misiva que "a adopción de actos ou acordos" aprobados para transferiren crédito desde outros capítulos orzamentarios co obxectivo de garantir o mantemento do poder adquisitivo do persoal público "poderán ser obxecto de impugnación", asegura o secretario xeral, por os considerar actos contrarios ao ordenamento xurídico vixente. O goberno español, pretende deste xeito cortar o paso a calquera medida que teña por obxecto procurar a compensación da devandita paga. Xa que logo, impugnará calquera vía --a priori legal-- que fose empregada polas administracións locais para compensar @s empregad@s públic@s a redución do seu poder adquisitivo imposta polo goberno de Mariano Rajoy. O BNG levou adiante a proposta desde xullo O pasado 28 de xullo o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, acompañado por diversos cargos institucionais, deputad@s parlamentares e voceir@s municipais, anunciaba o mantemento das retribucións para traballador@s do sector público "alí onde teñamos competencias para facelo", aseguraba. Deste xeito, concellos como o de Riotorto, aprobaron no pleno municipal a exploración das vías legais que permitan manter "un nivel de vida digno para @s empregad@s municipais", aseguraba o seu alcalde, Federico Gutiérrez. Aliás, o pleno do concello de Vigo aprobou esta segunda "compensar os seus empregados" pola supresión da paga extraordinaria, apoiando a moción presentada polo grupo municipal do BNG. Malia recibiren a nota do ministerio de Facenda, as corporacións municipais continuarán coa iniciativa pola vía 'estritamente legal'. Porén, o goberno español procurará invalidar calquera intento de insubmisión por parte das corporacións municpais. |
NOS_39392 | A Xunta asina senllos convenios de colaboración co Consello da Avogacía Galega e co Consello Galego dos Procuradores para desenvolver accións formativas especializadas na atención a mulleres e menores vítimas da violencia de xénero. | O acordo de colaboración prodúcese no marco das axudas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. No acto de sinatura, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou "a necesidade de que as vítimas da violencia de xénero se sintan apoiadas e acompañadas por profesionais como avogados ou procuradores cando recorren ao sistema xudicial" e destacou "a importancia de que amplíen a súa formación para ofrecer ás mulleres que sofren violencia de xénero e aos seus fillos unha atención máis especializada". Segundo informa o Goberno galego, a formación incluirá módulos específicos sobre menores e violencia de xénero, mulleres estranxeiras e aspectos psicolóxicos e sociais. Contará con material informativo e de sensibilización a prol da detección e a eliminación da violencia de xénero; e con persoal técnico especializado a disposición de avogados e procuradores para coordinar seminarios, xornadas, conferencias, coloquios ou calquera outra actividade que organicen ao abeiro deste convenio. En declaracións a Sermos Galiza, Paz Filgueira, maxistrada do Xulgado de Familia de Vigo e empregada no Xulgado de Violencia sobre a Muller da mesma cidade durante sete anos, asegura que este concerto é un avance. "Desde febreiro de 2013, data da reforma da Lei de asistencia xurídica gratuíta, as mulleres vítimas de violencia de xénero e os menores ao seu cargo, teñen que ter asistencia letrada gratuíta, independentemente dos seus ingresos". A consecuencia máis lóxica, di, é que "a Xunta de Galiza, que é quen paga integramente a quenda de oficio, vele porque o persoal que a integra estea formado e especializado. De feito, non podes formar parte da quenda específica de violencia se non tes un curso de formación". Acceso igualitario aos recursos xurídicos Tendo en conta que o convenio de colaboración corre a cargo dos orzamentos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a maxistrada lembra que "a Galiza correspóndelle un plus de orzamento por motivos de dispersión xeográfica", o que debería traducirse nunha redución das diferenzas existentes entre as cidades e as zonas do rural. "Se os recursos se concentran nas grandes urbes temos un grave problema de repartición. A dotación de recursos débese facer de tal xeito que sexan accesíbeis por igual, independentemente de se vives nunha cidade ou en calquera concello do ámbito rural". Segundo Paz Filgueira, a falta de Goberno no Estado mantén en suspenso reformas lexislativas necesarias para levar adiante outras moitas cláusulas pendentes do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, en vigor desde 2017. Neste sentido, sinala dúas medidas urxentes recollidas nese texto: o estudo e comarcalización dos xulgados de violencia especializados; e reformas arquitectónicas que doten de elementos indispensábeis para a administración da xustiza como poden ser as Cámaras Gesell, "estruturas específicas con peritos especializados que permiten visualizar que sucede cos menores en todo tipo de delitos, tamén en casos de violencia. Tomarlle declaración a un menor é unha tortura terríbel, por iso son necesarios, e sono non só nas cidades", as únicas para as que, de momento, se contemplan estas estancias. "O déficit de acceso ao recursos é inmenso e cómpre progresar". |
PRAZA_18119 | O Museo da Limia, en Vilar de Santos, organiza este sábado unha xornada de debate polo 60 aniversario do inicio das obras de desecamento do humidal. Farase fincapé no aproveitamento agrogandeiro, a protección da biodiversidade e as experiencias de aproveitamento sostible na comarca. Falamos con André Taboada, vicepresidente do Padroado do Museo | O 8 de setembro de 1958 comezaban as obras da desecación da Lagoa da Antela. Un par de anos antes o Goberno franquista aprobara o decreto de 27 de decembro de 1956 sobre saneamiento y colonización de la Laguna de Antela co obxectivo de facer desaparecer o segundo espazo lacustre máis importante da Península, prometendo unha mellora dos rendementos económicos dos cultivos agrarios que nunca se fixo realidade. O desecamento foi un desastre ecolóxico, desaparecendo unha parte moi importante da rica diversidade animal e vexetal do humidal, pero tamén foi un certo fracaso nos seus obxectivos de desenvolvemento agrario, pois tivo efectos moi negativos sobre a a calidade dos solos, que ademais comezaron a sufrir dunha paradoxal ausencia de auga, e tivo que ser implementado un complexo sistema de rega. A lagoa axudaba mesmo a regular a climatoloxía comarcal, facendo menos duros os invernos e máis frescos os veráns. Algo que tamén desapareceu.Este sábado o Museo da Limia de Vilar de Santos organiza unha xornada de debate coincidindo co 60 aniversario do inicio dos traballos de desecación co obxectivo de "impulsar unha reflexión colectiva sobre as consecuencias daquela decisión dos gobernantes franquistas" que "afectou dun xeito determinante ao devir da nosa comarca". Os impulsores da desecación "semellaban descoñecer o secular aproveitamento que os moradores facían destas ubérrimas terras: ora daban leito ao gado, ora pasto, ora caza, ora pesca", destacan dende o Museo.O Museo busca "impulsar unha reflexión colectiva sobre as consecuencias daquela decisión dos gobernantes franquistas"A xornada componse de dúas mesas redondas que miran, sobre todo ao presente e ao futuro. A primeira, baixo o título "Agrogandeiría e biodiversidade na Limia", reunirá a Serafín González (presidente da SGHN, investigador do CSIC e coautor do libro Aves da Limia dende a lagoa de Antela aos nosos días), Servando Álvarez Pousa (director do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro -INORDE), José Manuel Nieto Rodríguez (socio de Procevisa) e Amador Díaz Penín (agricultor, presidente da Asociación de Produtores de Patacas da Limia).A segunda, titulada "Exemplos de experiencias de aproveitamento sostíbel na Limia", estará composta por Eva González Pérez (socia de Carabuñas, empresa dedicada ao aproveitamento do sabugueiro para marmelada, licor e cervexa, en Vilar de Santos), Roberto Nieto Limia (produtor de millo de forraxeiro na zona da Pedra Alta), Samuel Formoso Salgado (que posúe unha explotación de gandeiría extensiva en Vilar de Gomareite), Iván Gil Rodríguez (cunha explotación de gandeiría extensiva de vacas limiás en Covelas) e María Ferreiro Enríquez (titular dunha explotación de vimbio en Pidre).Ademais das dúas mesas redondas, o Museo da Limia acolle (dende o pasado 3 de agosto e ata o vindeiro 7 de outubro) a exposición fotográfica A memoria asolagada, coas imaxes que compuñan o libroAntela, a memoria asolagada, Xosé Luis Martínez Carneiro, publicado por Xerais en 1997. A mostra pretende dar conta "do acontecido no antigo humidal da Antela, do antes e despois dun espazo que forma parte da memoria colectiva dos limiaos". 60 anos do inicio da desaparición da lagoa"Pomos moito interese nas actividades que se realizan nestes momentos na comarca. Iniciativas sustentables nun territorio tan maltratado coma este"O humidal ocupaba unas catro mil hectáreas de terreo (máis un espazo de enchente, en función das chuvias) na intersección dos actuais concellos de Sandiás, Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, Sarreaus e Xinzo de Limia. A lagoa variaba a súa forma e dimensión, de forma estacional, chegando a medir sete por seis quilómetros no inverno, cunha profundidade que ía dende o medio metro ata os dous metros nalgunhas zonas. En 1958 comezaron as obras, que moi rapidamente fixeron desaparecer a lagoa, pero que despois tardaron aínda moitos anos en acondicionar o espazo gañado ás augas, buscando o seu aproveitamento agrícola a través dun proceso de concentración parcelaria."Na comarca da Limia o peso do sector agrario sempre foi moi importante, sempre se vendeu a moto de que actuacións coma o saneamento da lagoa ían ser moi útiles. O que pasou foi que os resultados desta actuación quedaron moi lonxe do esperado e a realidade é que os peores rendementos agrarios por hectárea de toda a comarca danse precisamente no espazo que ocupaba a lagoa. A desfeita medioambiental non se veu compensada nunha mellora na produción agropecuaria", explica o historiador André Taboada Casteleiro, vicepresidente do Padroado do Museo da Limia."A desecación veu acompañada, a partir dos anos sesenta, de actuacións de parcelamento moi agresivas, nas que se botaron abaixo masas moi grandes de carballeiras. Estamos falando do segundo espazo lacustre de toda a Península, despois de Doñana. Era unha enorme masa de auga que axudaba a regular o clima da Limia: tiñamos veráns menos quentes e invernos menos duros", engade. "Foi un desastre. O máximo demográfico da comarca acadouse na década dos 50, xusto antes da desecación, con 50.000 persoas. É certo que nese momento tamén se producira un proceso de reruralización posterior á guerra, pero a realidade é que agora estamos en 20.000, polo que o obxectivo de fixar poboación foi un absoluto fracaso", di."A desfeita medioambiental non se veu compensada nunha mellora na produción agropecuaria""O franquismo levou a cabo unha política de terra queimada e de desmobilización da poboación, e na Limia aconteceu así tamén. Con respecto á lagoa houbo unha especie de amnesia colectiva, a idea de que o tema non se podía tocar. O que pasa é que nós consideramos que xa pasou o tempo suficiente e que é hora de reivindicar o que merece ser reivindicado. Isto foi unha desfeita medioambiental, pero non nos imos dedicar só a chorar senón que temos que reivindicar con orgullo o que a lagoa foi", subliña."Con respecto á lagoa houbo unha especie de amnesia colectiva, a idea de que o tema non se podía tocar"André Taboada destaca que o obxectivo do Museo é analizar a situación presente e tamén ollara cara ao futuro. Salienta, por exemplo, a actividade de Carabuñas, proxecto de desenvolvemento rural sustentado no aproveitamento do sabugueiro, que recibiu o Premio Agader 2018 na categoría de Sector agrogandeiro. Ou os proxectos de aproveitamentos de gandaría extensiva, algúns deles con vacas de raza limiá. "Nós somos un museo etnográfico, pero a etnografía ou é presente ou se non é arqueoloxía. Pomos moito interese nas actividades que se realizan nestes momentos na comarca. Iniciativas sustentables nun territorio tan maltratado coma este", sinala. "De cara ao futuro temos que revernos, asumíndonos como o que somos, aprendendo dos erros e aplicándonos unhas pequenas doses de autoestima. Dende o Museo imos ollar sempre cara ao futuro, apoiando todas as iniciativas que lle queiran á comarca", conclúe. |
NOS_20341 | A ministra Robles xustifica a falta de transparencias por "motivos de seguridade". | A ministra de Defensa do Estado español, Margarita Robles, anunciou nesta quinta feira que o Goberno vai realizar "moi pronto" un novo envío de armamento a Ucraína durante unha visita a Ferrol, pero non quixo concretar de que tipo será ese novo cargamento. A guerra en Ucraína, en directo, este 11 de marzo A xefa do departamento militar non deu máis detalles sobre o tipo de armas nin a data exacta dese envío, pero reiterou que o Executivo estatal é "absolutamente solidario co pobo de Ucraína", queestá a desenvolver "unha resistencia heroica", engadiu. En declaracións aos medios de comunicación, Robles explicou que este envío está en sintonía "co que están a facer outros países da Unión Europea (UE)" e lembrou que a petición de Ucraína está xustificada porque permite "exercer o dereito á lexítima defensa", a pesar que numerosos cargos do exército español dubidan da efectividade da entrega de armas á poboación civil sen ningún tipo de adestramento militar para enfrontarse a un exército organizado como o ruso. Míriam González: "Unha solución sería buscar un sistema de garantías para Ucraína; a entrada na OTAN non está prevista" Sobre a data de entrega do novo armamento, insistiu en que non pode dar máis detalles "por motivos de seguridade" e subliñou que "non son envíos fáciles porque hai outros países implicados" na recepción dos voos que transportarán o material e pola organización destas operacións. a realizar polo persoal da Forza Aérea. Visita aos buques españois da OTAN Ademais, Robles sinalou que visitará o vindeiro 18 de marzo os tres buques da Armada española despregados no Mediterráneo que realizan "tareas disuasorias para garantir a estabilidade e a paz" no Mediterráneo: a fragata Blas de Lezo e a barcos Meteoro e Sella. A fragata Blas de Lezo partiu do Arsenal da Mariña en Ferrol, o que provocou numerosas críticas e discrepancias por parte do Bloque Nacionalista Galego (BNG), que exixe a non involucración do Estado español na guerra de Ucraína. Sen acordo no Parlamento para unha declaración sobre a guerra Sobre as discrepancias, mais as manifestadas por ministras de Unidas Podemos como Ione Belarra e Irene Montero, a ministra sinalou que na última Comisión de Defensa, a formación política manifestou "o seu total apoio á postura do Goberno". |
NOS_37993 | A orde que as regula apróbase tres anos despois da aprobación do Plan de prevención do suicidio da Galiza. Os comités estarán formados por profesionais da psiquiatría, psicoloxía, medicina familiar ou traballo social e reuniranse unha vez ao mes como mínimo. | A taxa de suicidios da Galiza supera a media do Estado español. En números absolutos, con aproximadamente 6% da poboación estatal, o país achega 9,5% das mortes por esta causa. Por este motivo profesionais da sanidade e colectivos civís veñen demandando maiores esforzos no eido da detección e tratamento do suicidio. Tres anos despois da aprobación dun plan de prevención do suicidio, o Diario Oficial da Galiza (DOG) publicou onte a orde pola que se crean nas áreas sanitarias as comisións multidisciplinares que se encargarán de coordinar labores neste eido. Entre os cometidos das comisións figuran a elaboración de protocolos de detección, abordaxe e derivación de persoas con conduta suicida ou a identificación de localizacións que concentren un risco especial destas condutas. A maiores, encargaranse de coordinar as actividades de formación dirixidas ás profesionais da saúde e de sensibilización de cara á cidadanía. Estes organismos estarán compostos por profesionais de distintos eidos relacionados co traballo de detección, prevención e tratamento da saúde mental. Desde os propios servizos de Psiquiatría ou das Urxencias, pasando polo persoal dos centros de saúde, traballadoras sociais ou enfermeiras con formación en saúde mental. Para desenvolver as súas tarefas as integrantes, un total de dez profesionais, reuniranse unha vez por semestre en sesión ordinaria como mínimo. A planificación da saúde mental O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) asegura que a principal eiva do Plan de prevención do suicidio da Galiza segue sen resolverse: "Non hai orzamento asignado nin cronograma específico para realizar todas as actuacións previstas", din. Para as profesionais do eido da saúde mental, ligado estritamente ao suicidio, as dificultades nos avances do plan e da atención á poboación pasan pola insuficiencia de profesionais integradas na Atención Hospitalaria e a súa ausencia na Atención Primaria: a proporción actual é de 3,47 traballadoras e traballadores por cada 100.000 habitantes "Pretenden estabelecer unha vía rápida de atención, de tal modo que a persoa poida ser atendida nun prazo breve de tempo nas Unidades de Saúde Mental, pero isto choca coa realidade da sobrecarga asistencial ou coas listas de espera", din desde o MGSM. A Atención Primaria é a porta de entrada das persoas con doenzas mentais. Porén, as profesionais que as atenden só se atopan na rede hospitalaria. Na poboación infantil a prevalencia estimada de trastornos mentais a partir dunha mostra galega de pacientes dos centros de saúde acada 11,5%, pero as psicólogas non foron convidadas ás mesas de traballo para a remodelación da Atención Primaria. Actualmente, o Sergas traballa na redacción do Plan estratéxico de saúde mental da Galiza 2020-2023. O MGSM compartiu o sexto borrador desta folla de ruta na pasada semana. Moitas das eivas sinaladas están recollidas no documento que, por outra banda, non desenvolve expresamente o plan de prevención do suicidio. Entre as principais carencias destácanse o déficit de profesionais, e a falta de recursos e a necesidade de mellorar a atención a idades temperás. |
PRAZA_10688 | Ames, O Porriño, Arteixo, Poio, Salceda de Caselas, Oroso e Barbadás son as únicas localidades cun saldo vexetativo positivo, mentres que en 2008 eran 46. O pasado ano non naceron nenos ou nenas en 10 concellos e noutros 12 só houbo unha inscrición | Ames, O Porriño, Arteixo, Poio, Salceda de Caselas, Oroso e Barbadás. Son os únicos sete concellos galegos nos que o ano pasado naceron máis persoas das que morreron. O IGE publicou este mércores os datos do movemento natural de poboación por localidades correspondentes ao ano 2018, que amosan como a diminución dos nacementos en Galicia non é un fenómeno que afecte unicamente ás zonas rurais e envellecidas, senón tamén ás áreas urbanas e mesmo a aquelas vilas que ata agora foran unha excepción no que se refire aos indicadores de natalidade.Ames, O Porriño, Arteixo, Poio, Salceda de Caselas, Oroso e Barbadás son os únicos sete concellos galegos nos que o ano pasado naceron máis persoas das que morreronO saldo vexetativo (diferenza entre nacementos e mortes) é aínda claramente positivo en Ames (+92), O Porriño (+64) e Arteixo (+55), mais Poio (+11), Salceda de Caselas (+6), Oroso (+6) e Barbadás (+5) están tamén preto de unirse á mesma dinámica que presenta o resto do país. Tamén nas sete cidades, comenzado pola Coruña (-940), Vigo (-865), Ferrol (-638) e Ourense (-574), cun número de defuncións moi superior ao de nacementos. Se varios concellos están a gañan poboación é polo saldo migratorio positivo que manteñen, tanto interno como externo, coa chegada a Galicia de residentes procedentes do estranxeiro.Como mostra da evolución que se está a vivir en todo o país, podemos observar que hai unha década había 46 concellos que mantiñan un saldo vexetativo positivo. No 2013 -hai cinco anos- eran só 17 e no 2017 ficaban apenas 13. Hoxe son só 7.O número de defuncións mantén unha tendencia crecente, produto do progresivo envellecemento da poboación. Pero o que máis varía é a cifra de nacementos; no 2018 naceron 16.550 nenos e nenas en Galicia, cun descenso do 10% con respecto ao ano anterior. Esta diminución afecta a cidades, vilas e concellos rurais e, por exemplo, en Vigo houbo o pasado ano case mil nacementos menos que no 2008 (1.919 fronte a 2.856), unha caída que na Coruña é algo menor (de 2.259 a 1.684). Mesmo en Ames, o concello coa taxa de natalidade máis elevada de Galicia, o número de nenos e nenas nacidas pasou de 425 en 2008 a 246 en 2018.No ano 2018 houbo dez concellos, (todos da provincia de Ourense agás un) no que non se rexistrou nacemento ningúnPorén, é na zona rural onde se concentran os aspectos negativos da baixa natalidade, con importantes fenómenos de envellecemento e despoboamento. No ano 2018 houbo dez concellos, (todos da provincia de Ourense agás un) no que non se rexistrou nacemento ningún: Beariz, Calvos de Randín. Chandrexa de Queixa, Larouco, O Bolo, Parada de Sil, Pontedeva, San Xoán de Río, Santiso e Sarreaus. Beariz, San Xoán de Río e Calvos de Randín suman xa dous anos consecutivos sen nacementos. Noutros 12 (oito deles tamén ourensáns) só naceu un neno ou nena no 2018.En total, hai 95 concellos (case un terzo do total) nos que o pasado ano houbo cinco nacementos ou menos. E 145 (case a metade) nos que naceron un máximo de dez nenos ou nenas. Hai 95 concellos (case un terzo do total) nos que o pasado ano houbo cinco nacementos ou menosDende a entrada en vigor das medidas da Xunta para o fomento da natalidade, hai tres anos, os nacementos reducíronse nun 14,8%. E a inmensa maioría dos concellos presentou no ano 2018 un número de nacementos inferior aos do ano anterior, que por regra xeral viña tamén empeorando os indicadores precedentes. Hai poucas excepcións. Cómpre sinalar o caso de Oleiros (251 nacementos en 2017, 269 en 2018), Cambados (que pasou de 93 a 108), Sarria (de 101 a 108), Viveiro (de 76 a 102), Padrón (de 59 a 68), A Pobra do Caramiñal (de 49 a 65), Melide (de 39 a 60), Guitiriz (de 23 a 43) ou O Pino (de 23 a 38) |
PRAZA_6011 | Comeza o xuízo contra o ex presidente da Deputación de Ourense por un presunto delito de prevaricación continuada. A denuncia, formulada polo PSdeG e asumida pola Fiscalía, refírese a 104 contratos realizados en datas próximas ao congreso do PP de 2010, na que o antigo barón popular foi substituído na presidencia polo seu fillo. | Din os haxiógrafos de Alberto Núñez Feijóo que o líder do PP en Galicia non sabe o que é a derrota dende que, o 1 de marzo de 2009, logrou contra todo prognóstico a maioría absoluta fronte a PSdeG e BNG. Ese relato é certo se é lido en termos puramente electorais mesmo nas eleccións europeas de maio, nas que malia perder 200.000 votos e acadar o seu peor resultado en vinte e cinco anos o PP seguiu sendo o partido máis votado en Galicia. Pero a lenda vitoriosa do presidente esvae se no seu rexistro se computa a vida interna do partido: a finais de xaneiro de 2010 Feijóo e o seu círculo artellaron unha operación para tentar derrotar a familia Baltar no congreso do PP de Ourense no que Manuel Baltar, o fillo, se dispuña a substituír na presidencia a José Luis Baltar, o pai. Nese congreso tiñan dereito a voto moitas das 104 persoas que en datas próximas se incorporaron a traballar á Deputación provincial, na altura aínda presidida polo patriarca, no que para a Fiscalía foi un acto de enchufismo masivo orientado a asegurar o relevo xeracional no partido. Baltar pai sentou este luns no banco dos acusados por este caso, inicialmente denunciado polo PSdeG. Dende alí argumentou que el non sabía que eses postos na institución pública tiñan que ser "publicitados". Máis de catro anos despois de que o candidato avalado por Feijóo, Juan Manuel Jiménez, saíse derrotado do enésimo congreso triunfal do baltarismo, produciuse a imaxe que moitos agardaban na provincia na que a saga reina dende hai tres décadas. Baltar, xa xubilado e apartado da militancia no PP, enfróntase a unha condena por presunta prevaricación continuada que non tería efecto práctico ningún -sería inhabilitado- pero un indubidable significado político. Na súas respostas ao fiscal e ao seu propio avogado -negouse a contestarlles aos letrados do PSOE e da organización dereitista Manos Limpias- o veterano político asegurou que o cento de contratacións non estiveron motivadas polo congreso do PP que gañou o seu fillo, senón porque había seis meses que "os diferentes servizos" da Deputación "non tiñan contratacións". Quedaran "sen 120 traballadores e me pedían con insistencai que fixese contratos", di. Baltar admite que el mesmo seleccionaba contratos e lle daba indicacións ao xefe de persoal El, asegura, "descoñecía a ordenanza que asinei en 2004" e que, como en calquera institución pública, establece que as contratacións deben estar presididas polo principio de publicidade e transparencia. Estaba "convencido de que as contratacións non precisaban publicidade" por tratarse dun procedemento urxente. Neste proceso, igual que no resto dos seus mandatos, asegura que non tivo reparo ningún por parte dos funcionarios encargados da contratración pública. Tampouco cando el mesmo realizaba "unha selección xenérica" dos currículos que lle chegaban nin cando lle indicaba ao xefe de persoal, fillo dun alcalde do PP, que "contase" cunha persoa concreta para un posto determinado. As explicacións de Baltar ante o tribunal, ofrecidas mentres no exterior dos xulgados algúns dos seus afíns -entre eles, o deputado autonómico Antonio Mouriño- se concentraban para apoialo, únense ao argumentario lanzado polo PP ourensán nada máis coñecerse que quen fora o seu líder omnímodo ía ser xulgado. Daquela o número dous do partido na provincia e líder da oposición no Concello de Ourense, Rosendo Fernández, considerou o "comportamento" dos socialistas, autores da denuncia, como "ruín e tendencioso" e desexoso de "protagonismo". "O PP -dixo daquela Fernández- non é un partido de dicir 'e ti, máis", o que non lle impide acusar os socialistas de enchufar "centos de afiliados e simpatizantes". Ademais, defende, das 104 persoas presuntamente enchufadas "só 42 comezaron a traballar na Deputación antes do 30 de xaneiro de 2010, data do congreso" e "só seis foron compromisarios" nesa cita. |
NOS_14753 | Valentín González Formoso (As Pontes, 1971) foi elixido o pasado sábado secretario xeral do PSdG con case 60% dos votos. O alcalde das Pontes desde hai 14 anos e presidente da Deputación da Coruña substitúe Gonzalo Caballero á fronte dos socialistas galegos coa aspiración de gañar as eleccións autonómicas de 2024. | A súa vitoria nas primarias supón un cambio de rumbo no PSdeG? Vai haber un cambio de obxectivos e de aspiracións: a aspiración de gañar as eleccións autonómicas, a aspiración de volver conectar coa sociedade galega en todos os seus ámbitos e a aspiración de que a cidadanía nos vexa como unha forza política digna de depositar nela a súa confianza, como fixo nas eleccións xerais, nas municipais, nas europeas e tamén no ámbito que máis condiciona e conforma a nosa vida, como é o autonómico. Polo tanto, queda un percorrido importante que se iniciará coa formación da nova equipa que ten que liderar o PSdeG, no congreso do mes de decembro. Gonzalo Caballero seguirá como portavoz parlamentario até ese momento. Haberá un cambio, despois? O papel de Caballero como voceiro non está posto en dúbida, sequera. Vai continuar e debe ser así, con total normalidade. Despois, calquera cambio dependerá do partido e será froito dunha reflexión que teremos que facer despois do congreso. O primeiro paso agora é escoller unha nova dirección executiva para o partido. A partir de aí teremos que tomar decisións, mais non sen antes reflexionar, con total tranquilidade, sempre poñendo os intereses xerais do partido e da Galiza por diante de posicións persoais. Prevé dificultades para gañar a confianza do grupo parlamentario e, en particular, da agrupación de Vigo, a máis grande da Galiza que votou maioritariamente por Caballero? Todos os compañeiros e compañeiras que representan o partido nas institucións somos conscientes de que estamos traballando para este país e que o Partido Socialista da Galiza ten os seus propios estatutos e ten, por riba de todo, un compromiso vivo e compartido coa cidadanía que representa. Estou seguro de que estaremos a altura das circunstancias. En poucos días de campaña obtivemos un resultado moi folgado. Gañamos na metade norte e, en Pontevedra, salvo na agrupación de Vigo, que ten unha dinámica propia, máis cando un dos candidatos que se presenta é afiliado, tivemos un resultado moi similar ao de Gonzalo Caballero. Con todo, ese día xa pasou. Non hai máis análises territoriais que facer. Logramos un apoio maioritario, e desde o día seguinte existe un compromiso total por parte do partido con este proxecto socialista que aspira a gobernar o país. Van once eleccións galegas e oito candidatos do PSdeG. Semella que quen perde non ten segunda oportunidade. A diferenza doutras formacións política, aquí é a democracia, a militancia, e a soberanía de cada militante a que decide que compañeiro ou compañeira está en disposición de representar mellor o partido nas institucións. Non esquezamos que Touriño tivo unha segunda oportunidade porque o resultado das autonómica foi de ir ampliando a súa base electoral, pasou de 13 deputados e deputadas a 17. Polo tanto, cómpre facer as análises axustadas ás circunstancias políticas de cada momento. Nas eleccións galegas de 2020 o PSdeG baixou nas circunscricións da Coruña e Lugo. En ambas as dúas, vostede vén de gañar as primarias. O PSdeG de Caballero non callou nestas zonas ou non se aplicaron durante a campaña como sinalou o seu contrincante na previa das primarias? Creo que se trata dun debate desfasado. Con todo, a fotografía real mostra que non se perdeu por dous deputados. Foi a cidadanía galega a que decidiu que 14 deputados cambiasen dun partido de esquerdas a outro partido de esquerdas, e ningún veu ao PSdeG. Mais insisto, a quen lle corresponde facer esa reflexión é á militancia, e xa a fixo o día 30. Para min esa é a que vale. Aspira a presidir a Xunta? Si. Calquera socialista que se presenta a secretario xeral do Partido Socialista da Galiza aspira a presidir a Xunta da Galiza. Faino con vontade de ser presidente con Ana Pontón de vicepresidenta ou á inversa? A nosa aspiración é gañar as eleccións na Galiza co respecto máis absoluto á cidadanía galega, que vai ser quen diga se cala o proxecto socialista e quen determine se o socialismo galego é merecedor ou non da confianza maioritaria dos cidadáns da Galiza. Todo ten o seu tempo. E, como digo, que decide neste país quen é o presidente ou presidenta é o lectorado, polo tanto, o meu máis absoluto respecto. Iso si, sen deixar de expresarlle ao conxunto do país que aspiramos a gañar as eleccións autonómicas de 2024. Unha oposición máis construtiva Gonzalo Caballero elevou o ton durante a campaña das primarias do PSdeG ao afearlle a Valentín González Formoso a súa conivencia con Núñez Feixoo. Acusouno de pasear "do ganchete" do presidente da Xunta, a quen o novo secretario xeral do partido asegura outra oposición. "Será unha oposición de compromiso co noso país. Será unha oposición moi exixente co Goberno galego, que vai tratar de compartir criterios de país con todas as formación políticas que coincidan no obxectivo de beneficiar os galegos e as galegas. Mais tamén será unha oposición moi construtiva, moi de propor e non tanto de demoler, frutífera, que se identifique coa maioría deste país, positiva e ilusionada, que quere que traballemos en beneficio da Galiza e non que convertamos a política nunha batalla permanente sen sentido". |
NOS_25232 | O colectivo está composto en Galiza por volta de 200 traballadores nos cinco portos de interese xeral. | Os estibadores comezan esta segunda feira, 5 de xuño, a primeira das 8 xornadas de paros que realizarán nas vindeiras semanas, até o 23 de xuño. Unha greve que se realizará en horas impares os días 5, 7, 9, 19, 21 e 23 deste mes, mentres que para a cuarta feira, 14, está prevista unha greve ininterrumpida de 48 horas. Ao longo destes catro meses de conflito houbo varios anuncios de paros e greves por parte da estiba, mais esta é a primeira vez que se concreta. Está convocada por CIG, CGT, CCOO, UGT e Coordinadora de Traballadores do Mar. A decisión dos estibadores de realizar este calendario de paros prodúcese a raíz do fracaso da negociación coa patronal Anesco, após que esta variase de postura e non queira cumprir o compromiso de subrogar os traballadores. Négase, pois, a garantir o emprego d os estibadores, un colectivo de 6.100 traballadores nos portos de interese xeral. En Galiza hai cinco autoridades portuarias: Vigo, A Coruña, Marín-Pontevedra, Vilagarcía e Ferrol-San Cibrao. Os portos son sectores estratéxicos para a economía dun estado, de aí a importancia destes paros e a responsabilidade dos estibadores de facelos en horas impares. Por volta do 86% das mercancías que entran no Estado español fano a través dos portos, así como o 60% das que saen. As mercancías que anualmente se moven a través das autoridades portuarias teñen un valor de 377.000 millóns de euros, o que equivale ao 35% do PIB. |
NOS_38936 | Os bancos realizaron 261 execucións hipotecarias o pasado ano na Galiza, 6,8% máis. | Galiza acumula xa cinco exercicios consecutivos con descensos no que a execucións hipotecarias sobre vivendas se refire. Segundo os datos publicados onte polo Instituto Nacional de Estatística (INE), en 2019 rexistráronse 261 operacións desta natureza, o que supón 6,8% menos en relación ao ano anterior e o quinto descenso desde 2014, que é cando comeza a serie histórica. O dato fai referencia as vivendas de persoas físicas, xa que as de persoas xurídicas incrementáronse notabelmente o pasado ano, 42,2%, até as 1.132, unha cifra que contrasta coas 796 de 2018. Neste caso, as execucións a persoas xurídicas acumulan xa na Galiza tres exercicios consecutivos de subas. En total, o ano pasado foron 2.667 as fincas que rexistraron certificacións por execucións hipotecarias na Galiza, 35,4% máis. Destas, un centenar eran sobre fincas de natureza rústica, 114 solares, 1.393 vivendas (1.200 de segunda man e 193 de nova construción) e 1.060 corresponden ao epígrafe outras fincas urbanas. Cuarto trimestre No que atinxe aos datos do cuarto trimestre de 2019, o total de execucións descendeu a 465, o que supón 44% menos que non mesmo período de 2018. Destas, 27 foron sobre fincas rústicas e o resto en urbanas, con 230 vivendas (64 novas e 166 de segunda man), 19 solares e 189 fincas urbanas doutra tipoloxía. As execucións de vivendas a persoas xurídicas superaron as de persoas físicas, con 189 e 41, respectivamente. No conxunto do Estado español, a estatística revela que 23,9% das execucións hipotecarias iniciadas sobre vivendas en 2019 corresponde a hipotecas constituídas en 2007; 16,2% a hipotecas subscritas en 2008 e 13,3% a hipotecas firmadas en 2006. Ampliando o espectro a 2005-2008, este período concentra 60,3% das execucións iniciadas o pasado ano. Neste senso, o INE lembra que non todas as execucións de hipoteca terminan co desafiuzamento. |
NOS_49197 | O comité de empresa de Vulcano acusa o Porto de Vigo de torpedear o futuro do estaleiro. | Se o Porto de Vigo recupera a concesión dos terreos do estaleiro Vulcano, actualmente en fase de liquidación, poríanse "en risco" o pago da totalidade de indemnizacións do cadro de persoal. Así o ve o comité de empresa do estaleiro, que acusou ao presidente do Porto de Vigo, Enrique López Veiga, de "torpedear" calquera posibilidade de manter a actividade de construción e reparación naval nas instalacións de Teis. O seu presidente, Nicolás Sangabriel (CCOO), após manter, xunto con outros representantes sindicais, unha reunión de máis dunha hora e media con López Veiga, criticou que o Porto non apostase pola vía da "liquidación controlada", tal e como expuxo no seu día a Xunta, e sinalou que "parece que as instalacións de Vulcano en Teis xa teñen un futuro marcado, e non pasa por manter alí a construción ou reparación naval". Sen apoios "Ímonos desgustados, non hai apoio. Ímonos de aquí sen solución e sen esperanza", lamentou, após constatar que o Porto de Vigo podería buscar unha solución administrativa a esa concesión, a condición de que se presente "un proxecto relevante". Sangabriel sinalou que, se tal e como pretende o Porto, dáse por extinguida a concesión, esas instalacións xa non formarán parte da poxa de Vulcano e, por tanto, a administración concursal non poderá contar con eses ingresos para facer fronte as débedas da sociedade. Será "imposíbel" que os traballadores, que son acredores de Vulcano, poidan cobrar integramente as súas indemnizacións (de 20 días por ano traballado) e as nóminas pendentes, advertiron desde o comité de empresa, que lamenta que terían que conformarse coa parte que poida sufragar o Fondo de Garantía Salarial. |
NOS_16552 | A Xunta de Galiza, a través de Agadic, monta este ano a primeira edición do Mercado das Industrias Culturais Atlánticas na Cidade da Cultura a tres días da celebración de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais en Pontevedra. A Xunta reduciu en máis do cincuenta por cento o apoio económico ao Culturgal, feira promovida polos diversos sectores das industrias culturais galegas. | Do 23 ao 26 de novembro o Mercado de Industrias Culturais. Tres días despois, do 29 ao 1 de decembro o Culturgal. Na Cidade da Cultura de Santiago o primeiro. No Pazo da Cultura de Pontevedra o segundo. Un preséntase como "mercado", o outro como "feira". A só tres días do inicio da celebración do Culturgal con menos apoio institucional da súa historia, a Xunta pechará a primeira edición do MICAtlántica, ao que convoca aos sectores das artes escénicas, audiovisual, deseño-artesanía, editorial, música e videoxogos, os mesmos que tres días despois organizan o Culturgal en Pontevedra. A idea do MICA é establecer o contacto das industrias culturais galegas coas arxentinas para abrir "novas oportunidades de vinculación e intercambio comercial a través de roldas de negocios, conferencias, debates e presentacións artísticas en vivo". Defínese como "primeiro encontro de empresarios arxentinos, españois e portugueses dedicado a desenvolver as industrias culturais de territorios separados polo océano". O encontro está organizado pola Secretaría de Cultura de la Nación Argentina e a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Até o día 30 ofrecerase un programa de espectáculos de artistas da Arxentina e Galiza. A fins de setembro a Xunta presentoulle a representantes de asociacións e outras entidades do mundo da cultura a proposta do MICA mais a día de hoxe, aínda non se fixo público as empresas e entidades que participarán no evento. Pola contra, Culturgal deu xa a coñecer o número de empresas, entidades e asociación que reservaron stand na feira. Un total de sesenta stands dividiranse en 21 para o sector editorial, 11 na área infantil e educativa, dez para entidades do mundo da música, e 8 para empresas de xestión, dinamización e comunicación cultural, alén das institucionais e patrocinios do propio Culturgal. O Consello Galego de Cooperativas reservou un amplo espazo destinado a mostrar o traballo de oito empresas cooperativas do sector cultural galego. |
NOS_55110 | Noutras literaturas son homes os que portan o título de "escritor nacional", porén na Galiza é unha muller, porque Rosalía de Castro identificouse co pobo e deulle voz na súa propia lingua, xerando esperanza e dignidade para a cultura galega. | Alejandra, abre a xanela, que quero ver o mar". Rosalía de Castro pronunciaba estas palabras na súa casa de Padrón durante a agonía dos seus últimos instantes de vida antes de morrer por mor dun cancro de útero o 15 de xullo de 1885, hai hoxe 136 anos. A poeta de 48 anos viviu longas noites cheas de sufrimento das que naceron versos que clamaban polo repouso definitivo. Rosalía identificaba a morte co mar, mais non nun sentido metafórico como outros moitos poetas da época adoitaban relacionar, senón que nos seus poemas escribe sobre un mar real que viñese por ela e lle permitise descansar. "Mamá, pero aquí non hai mar", diría a súa filla maior, Alejandra, ao escoitar a última petición de súa nai antes de morrer. Pero Rosalía sabía que o mar estaba a chegar. A día de hoxe, 136 anos despois da súa morte, Rosalía segue máis presente ca nunca na sociedade galega e mesmo internacional. Non se pode entender a literatura contemporánea ou o movemento feminista galego na actualidade sen a obra de Rosalía, quen, ademais, lle devolveu á nosa lingua o seu carácter de lingua culta durante o Rexurdimento, xunto a outros poetas como Curros, Pondal ou Lamas Carvajal. Nai de sete fillos e cónxuxe de Manuel Murguía, a poeta descansa hoxe no Panteón de Galegos Ilustres, na Igrexa de Bonaval da cidade de Compostela. Ademais de ser unha icona das letras galegas, Rosalía de Castro foi unha das pioneiras do feminismo. Nos seus versos trataba os problemas das mulleres galegas e defendía a independencia, a liberdade e a igualdade como principios básicos do seu pensamento. "Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos, aínda que arredor sentira, xa dende o berce, o ruído das cadeas que debían aprisionarme para sempre. Porque o patrimonio da muller son os grillóns da escravitude". Así declara Rosalía no seu artigo Lieders. Por iso, nos nosos tempos, as manifestacións do 8M lucían pancartas reivindicativas con versos da poeta ou co seu rostro para loitar pola igualdade entre xéneros. Este proceso de popularización da imaxe de Rosalía de Castro obtivo un gran éxito entre as xeracións máis novas que chegan a ela dende unha perspectiva contemporánea Ao longo dos anos, Rosalía de Castro foi falsamente santificada, considerada unha novelista frustrada e "rexional" que trataba temas domésticos, pero, como afirma Pilar García Negro, "hoxe lemos e entendemos á Rosalía de Castro histórica e non á histérica". Co paso do tempo, a imaxe de Rosalía foi mudando e, probablemente, non hai outra figura do século XIX que siga tan viva na actualidade converténdose nunha icona totalmente modernizada que non deixa de xerar creatividade arredor dela ou da súa obra. Por iso, aínda que a escritora morreu hai hoxe exactamente 136 anos, está máis viva ca nunca e podemos atopar a súa figura adornando calquera obxecto: camisolas, cuncas, cartaces, suadoiros, cadernos... Mercadorías que venden un produto: a Rosalía Pop, unha reinvención da imaxe da poeta para achegala aos tempos da sociedade de consumo actual e, desta forma, mantela viva a ela mais tamén os seus versos, a súa lingua, o seu feminismo. O éxito da comercialización do produto Rosalía pop provocou que, a día de hoxe, case sexa máis habitual atopar unha imaxe da poeta ao estilo Andy Warhol que o retrato que Antonio Portela fixo dela coa mesma intención que a mercadotecnia actual: construír un símbolo. Se ben existen numerosos escritos e estudos sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, até época recente non se abordara a análise da súa imaxe. No 2014 , Fernando Pereira publicou a obra Rosalía de Castro: Imaxe e realidade, un estudo iconográfico no que se analizan as diversas interpretacións que se fixeron da imaxe de Rosalía de Castro por parte de varios artistas e de varias épocas diferentes. Trátase dunha escolma de retratos que pretende conxugar as numerosas visións que se teñen e se tiveron de Rosalía co transcurso dos anos. Como o propio autor indica, "todo o material icónico que xerou a poeta contribuíu e contribúe a que a súa figura sobreviva no tempo e alcance unha maior popularidade e visibilidade". Este proceso de popularización da imaxe de Rosalía de Castro obtivo un gran éxito entre as xeracións máis novas que chegan a ela dende unha perspectiva contemporánea para admirárena como icona da Galiza. Un dos exemplos máis claros de modernización da imaxe da poeta son os deseños da marca Reizentolo que, de maneira warholiana, creou unha das representacións de Rosalía máis recoñecidas na actualidade. A propia marca argumenta a necesidade de crear unha sección enteira de produtos con temática rosaliana na súa páxina afirmando que Rosalía de Castro é "unha gran poetisa e escritora que, como tantas outras, careceu do debido recoñecemento en vida; por iso e moito máis, merece unha sección enteira". Reizentolo vende camisetas, calcetíns, fundas de teléfono, coxíns, bolsas de tea, mochilas e cuncas coa súa propia representación de Rosalía, cun extraordinario éxito de vendas. Ademais, debido á situación de pandemia e á necesidade de levar máscara, Reizentolo presentou un deseño novo: a camiseta unisex de Rosalía cunha máscara cirúrxica. Tan actual é a poeta que até se adapta as condicións sanitarias! Ademais, a imaxe de Rosalía tamén protagonizou diversas campañas, como a de Cabreiroá no 2011 e a de Iberia Express no 2017, ambas con motivo da celebración do día de Rosalía, unha iniciativa que xa levara a cabo a compañía aérea Norwegian Airlines, que rotulou a cara da poeta nun dos seus avións. Rosalía sucando os ceos como a superheroína que é. E para superheroína a dos carteis oficiais do festival Rosalía, tamén no ano 2017 e nos dous seguintes, que apareceu caricaturizada cunha capa e un anteface. Nese mesmo ano tamén se levaron a cabo algunhas exposicións de artistas que abordaron as representacións de Rosalía de Castro, como Xurxo Lobato, o fotógrafo que creou a mostra "Airiños Aires, Rosalía", un conxunto de 57 imaxes de gran formato que conformaron a exposición impulsada pola Fundación Rosalía de Castro. É certo que o corpo da poeta morreu o 15 de xullo de 1885, pero todo o que ela simboliza segue máis vivo ca nunca; porque Rosalía é libre e nada pode deter a marcha dos seus pensamentos. |
PRAZA_4865 | O Goberno galego rexeita o diálogo e advirte de que non hai alternativa ao incremento da taxa do lixo. Os cen alcaldes críticos recorrerán á xustiza, protestarán ante o Executivo e non abonarán o incremento no importe, que será depositado nos xulgados. | A Xunta rexeita o diálogo e impón a suba do canon de Sogama. Non haberá negociación nin acordos para reducir o impacto que esta medida terá na cidadanía, malia o rexeitamento frontal de case cen concellos -os 97 onde non goberna o PP- á suba nun 34% da taxa do lixo que se lle impón aos municipios e que comezará a aplicarse xa no vindeiro mes de marzo. Non obstante, os alcaldes contrarios á medida mantéñense firmes e xa anuncian que presentarán un recurso contencioso, manifestaranse en Compostela e non abonarán o incremento deste canon, que será depositado nun xulgado á espera, cando menos, da resolución xudicial. Os alcaldes presentarán un recurso e pagarán o canon actual, pero non a diferenza que supón a suba, que será depositada nun xulgado O canon de Sogama pasará así dos 61,5 euros por tonelada de lixo aos 82,1, máis de 20 euros de diferenza por cada mil quilos, que terán que ser asumidos ou polos concellos, xa afogados economicamente e ameazadas pola reforma local, ou pola cidadanía en forma de impostos. Os alcaldes rebeldes, que levan meses agardando negociar coa Xunta unha alternativa para reducir o impacto deste incremento, solicitaron unha xuntanza co presidente Feijóo, que se negou a negociar con eles e que aclarou que a Fegamp sería o interlocutor válido. Este pasado luns, foi o presidente da Federación Galega de Municipios o que trasladou aos rexedores críticos a negativa da Xunta a falar. "O diálogo está totalmente roto", di o alcalde de Monforte, que lembra que os concellos estaban dispostos "repartir o custo de algo que non xeramos" Severino Rodríguez, alcalde nacionalista de Monforte e un dos voceiros do colectivo crítico, aclara que "o diálogo está totalmente roto". "Dixéronnos que non hai máis alternativa e que non hai nada que facer", asegura o rexedor, que esta mesma tarde manterá unha xuntanza con varios representantes municipais máis para acabar de aquelar as medidas que tomarán a partir de agora. Seguirán pagando o importe do canon que abonaban, pero a diferenza -eses 20 euros por tonelada- irá ao xulgado. Ademais, manteñen pancartas de protesta en varios consistorios, confirmarán a presentación dun recurso contencioso e concentracións ante a Xunta de Galicia, que argumenta que xa se chegara a un acordo para un aprazamento do incremento da taxa que logo non se cumpriu, así como que se pode seguir negociando no marco do novo Plan de Residuos. "Para que nos manda Feijóo á Fegamp se xa non hai marxe de manobra?", pregúntase Rodríguez, que lembra que a Xunta nin tan sequera accedeu a escoitar a súa proposta e que xa implicaba "repartir equitativamente o custo de algo que os concellos non xeramos". "A responsabilidade non é nosa e incluso acordamos asumir parte, pero o que non podemos é asumir todo", insiste. Pero o Executivo intentou atalo todo e incluíu na Lei de Orzamentos a potestade legal de reter o importe que lle adebeden os concellos con cargo ao Fondo de Cooperación Local. A orixe da suba está na decisión do Goberno cetnral de eliminar as primas ás renovables, que provocou que Sogama reducise os ingresos A orixe desta suba está na necesidade da planta de Sogama de equilibrar as súas contas. A incineradora de Cerceda veu reducidos os ingresos que obtén pola venda da electricidade nuns 13 millóns de euros anuais, tras a decisión do Goberno de Mariano Rajoy de eliminar as primas ás renovables. Gas Natural-Fenosa, que posúe o 49% de Sogama, non quere aceptar unha baixada nos beneficios da incineración, e a Xunta tampouco se quere facer cargo das perdas xeradas polo sistema de tratamento de residuos que promove. Lava as mans neste asunto e trasládalle directamente o incremento aos concellos, que agora deberían decidir de que xeito llelo repercuten aos seus cidadáns. "É unha decisión do Goberno central que prexudica a Galicia, pero o Goberno galego non fai nada fronte a esta situación e non é capaz de facer nada contra unha medida imposta por un Executivo do mesmo partido; despois, en vez de asumir a responsabilidade, pásallela aos concellos e, xa que logo, a todos os cidadáns", quéixase Severino Rodríguez, que tamén carga contra aqueles alcaldes do PP que "nin tan sequera fan movementos para convencer a súa formación". "Os alcaldes do PP poñen por riba os intereses do seu partido, antes que os da xente" "A suba do canon prexudica a todos os concellos e, polo tanto, a toda a cidadanía sen exclusión, pero os alcaldes do PP, en lugar de poñerse de lado do pobo, póñense ao lado do seu partido", censura o rexedor do BNG, que cre que isto "é unha constación de algo terrible". "Cando os cidadáns din estar desencantados coa clase política é por algo, a conclusión á que chegan é que están por riba os intereses da súa formación cós da xente... E esta é unha mostra de que en moitos casos teñen razón", remata o voceiro dun conxunto de rexedores que, na súa maioría, non só critican o incremento da taxa, senón un modelo, o de Sogama, ineficiente e superado, o que levou o alcalde de Rianxo a abandonar a planta de Cerceda. |
PRAZA_4606 | Ve-la Luz organiza unha viaxe desde o país, de onde sairán dous trens para unirse á marcha que levará mulleres de todos puntos do Estado a Madrid para exixir que se manteña a actual normativa para a interrupción do embarazo. | Galicia únese ao Tren da Liberdade contra a lei do aborto que prepara o Goberno central e que chegará o vindeiro 1 de febreiro a Madrid no que será unha protesta masiva de centos de mulleres chegadas de todo o Estado contra as intencións do ministro Gallardón. A asociación Ve-la Luz -que saltou ás portadas nos últimos meses polo seu activismo e as dúas folgas de fame para protestar contra a desprotección das vítimas do maltrato machista- será quen no país organice unha marcha que reclamará que se manteña a actual Lei de saúde sexual e reprodutiva e de interrupción voluntaria do embarazo. Que continúe vixente a normativa instaurada polo anterior Executivo -e que é acorde á lexislación na maioría de países europeos- e que se paralicen as intencións de situar España entre os territorios cunha das normativas máis restritivas e conservadoras do continente. Á iniciativa que partiu de dúas asociacións de Asturias uníronse xa mulleres de todas as comunidades autónomas da península A iniciativa deste tren partiu no pasado Nadal de Asturias, onde a Tertulia Feminista Les Comadres, xunto coa asociación Mujeres por la Igualdad de Barredos, decidiron ir berrarlle a Gallardón a súa indignación. Organizaron a viaxe e adiantaron os cartos do seu peto, pero o éxito da súa convocatoria fixo que se acabasen os 150 billetes e que moitas das interesadas decidiran viaxar en coche ou autobús. Foi daquela cando empezou o goteo de asociacións feministas, plataformas polo dereito ao aborto e colectivos varios que desde varios puntos do Estado decidiron secundar a protesta e organizar viaxes en tren para unirse á marcha ou unirse á traxectoria do ferrocarril que chega desde Asturias para converxer na estación de Atocha de Madrid. Córdoba, Granada, Málaga e Sevilla en Andalucía; León e Valladolid; Barcelona, Tarragona e L'Hospitalet en Cataluña; Donostia en Euskadi... E así ata completar todas as comunidades autónomas da península. Tamén Galicia, a través de Ve-la Luz. "Queiramos ou non, onde se cambian leis como esta é en Madrid e non en Galicia", di Ve-la Luz "Decidimos organizar o noso tren porque, queiramos ou non, onde se cambian leis como esta é en Madrid e non en Galicia", explica Gloria Vázquez, presidenta da asociación, que aclara que xa hai 70 persoas apuntadas para viaxar -tanto no tren que sae desde A Coruña como no que sae desde Pontevedra- e que apenas quedan 20 prazas libres. A viaxe custa 65 euros en clase turista e 95 euros en coche-cama, os billetes resérvanse contactando coa asociación e pódese subir a el tamén en Compostela, Ourense e Vigo. "Galicia ten que estar repersentada alí", insiste Vázquez, que aclara que Ve-la Luz está a contactar tamén con empresas de autobuses para reservar prazas e ante a posibilidade de que se esgoten os billetes de tren. O obxectivo do colectivo, ademais de protestar contra a contrarreforma da lei do aborto, é tamén "visibilizar a eterna problemática do terrorismo machista que leva asasinado sete mulleres en España no que vai de ano". "O Goberno di defender os fetos e os non nacidos, pero esquécese das mulleres que morren asasinadas", insiste. A idea da marcha é que todas as mulleres que se acheguen a Madrid saian desde a estación de Atocha cara ao Congreso dos Deputados e previo paso polo Ministerio de Sanidade. Unha vez chegadas á Cámara, os organizadores queren rexistrar o manifesto Porque eu decido para que chegue ao presidente do Goberno, ao ministerio de Xustiza, á ministra de Sanidade e ao presidente do Congreso. Ademais, tamén se entregará o texto ao todos os grupos parlamentarios. Unha manifestación percorrerá Madrid ata chegar ao Congreso, onde se entregará un manifesto contra a reforma da lei do aborto Xa á tarde, todas as organizacións presentes celebrarán unha asemblea desde as 15 horas na sede de CCOO en Madrid e na que se acordarán iniciativas conxuntas para a loita contra a reforma da lei do aborto. "Soas no podemos; temos que unirnos e loitar, porque se esa lei acaba saínda de Madrid, pouco ou nada poderemos facer desde Galicia", insiste Gloria Vázquez, presidenta de Ve-la Luz, que recoñece as "dificultades" que para o seu colectivo supón organizar este Tren da Liberdade. Unha asociación que segue a reclamar axuda, como a que pide a empresas de construción ou mobles para poder arranxar o seu local, con graves problemas de humidade e falta de mobiliario. |
PRAZA_10997 | Cada casa terá dereito a un determinado número de accesos, ata un total de 300 para todos os fogares, que se descontarán do cupo xeral de visitantes que poden entrar cada día na illa. O Concello de Bueu, que acolleu as xuntanzas, comprométese a apoiar a declaración como Patrimonio da Humanidade | Hai acordo. Despois de meses de conflito, provocado polas limitacións impostas pola Xunta no acceso á Illa de Ons o pasado mes de maio, este mércores pola noite a veciñanza de Ons e mais o Goberno galego chegaron a un consenso que permitiu desbloquear a situación. Nas xuntanzas, que tiveron lugar no Concello de Bueu, que exerceu de mediador, a Xunta acepta incrementar o cupo para residentes, familiares e achegados, simplificando ademais a súa tramitación. A cambio, os veciños e veciñas, o mesmo que o Concello de Bueu, retiran a súa oposición á iniciativa para que a Illa de Ons forme parte da candidatura das Illas Atlánticas para ser declaradas Patrimonio da Humanidade.Cada unha das casas de Ons disporá dun número determinado de accesos diarios, ata un total de 300 para todos os fogares, que se descontarán do cupo xeral de visitantes que poden entrar cada día na illaEn concreto, cada unha das casas de Ons disporá dun número determinado de accesos diarios, ata un total de 300 para todos os fogares, que se descontarán do cupo xeral de visitantes que poden entrar cada día na illa (unhas 1.300 persoas). Ademais, cada casa contará cun código QR específico para realizar as reservas con máis facilidade. Modificarase así mesmo a aplicación informática para levar a cabo estas reservas, habilitándose unha sección propia para as reservas das persoas residentes.Ademais, acordouse a creación dunha mesa permanente de contacto na que que estarán representados Xunta, Parlamento, Concello, veciñanza e outros colectivos. Este marco servirá para a resolución de problemas e necesidades específicas que vaian xurdindo.O Concello de Bueu acordou, en consecuencia, a retirada do pleno municipal deste xoves do acordo para opoñerse á candidatura impulsada para que as Illas Atlánticas sexan declaradas Patrimonio da Humanidade.As protestas elevaron o seu ton ao longo do verán e chegaron a poñer en cuestión a declaración das Illas Atlánticas como Patrimonio da HumanidadeNas conversas participaron os conselleiros de Cultura e Medio Ambiente da Xunta, Román Rodríguez e Ángeles Vázquez, e tamén os voceiros de todos os grupos políticos representados no pleno municipal de Bueu.Nos últimos meses a veciñanza da illa denunciou en varias ocasións que o Goberno galego os estaba a tratar como visitantes, alleos a este espazo, e criticou a falta de "diálogo" por parte da Xunta. Mentres, o pleno municipal de Bueu aprobou por unanimidade unha declaración na que esixía do Executivo o "recoñecemento das veciñas e veciños de Ons e o seu círculo e entorno familiar como elementos fundamentais de Ons, comprometéndose a garantir o libre acceso á Illa, tal e como foi sempre". As protestas elevaron o seu ton ao longo do verán e chegaron a poñer en cuestión a declaración das Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade. |
PRAZA_16498 | A Permanente da formación lamenta que non se contase co actual voceiro de En Marea no Congreso para apostar coa reforma electoral da man de Ciudadanos, un grupo "radicalmente en contra do autogoberno" galego e que "ataca ferozmente a nosa lingua e cultura" | A parte galega de Unidos Podemos no Congreso que configuran os deputados de Anova móstrase descontenta co funcionamento do Grupo Parlamentario que lidera Pablo Iglesias. Ese malestar foi trasladado á dirección do grupo parlamentario nunha carta moi crítica coa decisión de impulsar a reforma da Lei Electoral da man de Ciudadanos. Anova, con dous deputados na disciplina de Iglesias, asegura que ninguén lles consultou unha proposta que beneficia os intereses de Rivera e "non axudará a consolidar os gobernos rebeldes nas cidades galegas". Na misiva, que recolle a posición da Permanente de Anova, asegúrase que "o actual portavoz de En Marea, Miguel Anxo Fernán-Vello, non foi convocado á reunión da dirección do grupo parlamentario" que deu forma á proposta de reforma electoral. "Estas actuacións -reza o escrito- non se corresponden coa dinámica propia dun grupo confederal que, democraticamente, debe basearse en tomas de decisións adoptadas entre iguais, con transparencia e consultando a todas as partes" Anova non acepta a iniciativa de reforma adoptada e critica "a decisión de privilexiar" o acordo con Ciudadanos. A decisión, aseguran "contribúe a proxectar un partido (C's) que non conseguiu representación no Parlamento Galego, que está radicalmente en contra do autogoberno e que ataca ferozmente a nosa lingua e cultura". Segundo o escrito, Ciudadanos "pode verse beneficiado no horizonte das eleccións municipais de 2019, algo que non axudará a consolidar os gobernos rebeldes nas cidades galegas". O grupo de En Marea no Congreso está formado por cinco deputados, dous de Anova, dous de Podemos, e unha representante de EU. O tres formacións decidiron unir as súas forzas para concorrer en coalición ás xerais do 26 de xuño do pasado ano. A portavocía de En Marea é rotatoria e na actualidade osténtaa o deputado Miguel Anxo Fernán-Vello, vinculado a Xosé Manuel Beiras. Anova lamenta que non se contase co actual voceiro de En Marea no Congreso para apostar coa reforma electoral da man de Ciudadanos, un grupo "radicalmente en contra do autogoberno" galego e que "ataca ferozmente a nosa lingua e cultura" A carta foi enviada ao secretario xeral do Grupo Confederal de Unidos Podemos, Txema Guijarro e ao cinco deputados que forman parte de En Marea no Congreso. Ninguén desde a dirección do grupo parlamentario cursou resposta. Como denuncia no seu escrito, Anova carece de presenza na dirección do grupo de UP, a pesar de que a portavocía rotatoria de En Marea pertence agora a un dos deputados das súas siglas. A dirección do grupo parlamentario de Unidos Podemos non quixo facer valoracións sobre o escrito remitido polos seus compañeiros galegos. Un portavoz oficial, en conversación con eldiario.es, limitouse a afirmar: "Non temos nada que dicir". Na mesma liña, os deputados de En Marea máis próximos a Iglesias tampouco quixeron valorar o contido do texto redactado pola dirección de Anova, partido que acolle a dous dos seus compañeiros nos escanos do Congreso. |
PRAZA_16815 | A presidenta do Congreso e ministra de Fomento cando ocorreu o accidente asegúralle ao presidente dos afectados que ela deu orde de que se investigase de forma correcta, pero a xustiza e a UE ratificaron que non foi así e que só se tentou culpar o maquinista HEMEROTECA | Vítimas de Angrois citadas con Pastor abandonan Fomento ao non acudir a xa ex-ministra | HEMEROTECA | Vítimas de Angrois citadas con Pastor abandonan Fomento ao non acudir a xa ex-ministra A presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, recibiu este xoves o presidente da plataforma de vítimas do accidente de Angrois, Jesús Domínguez, case dous anos despois de non avisalo de que non acudiría a unha reunión que concertara con el para xusto o mesmo día en que deixou de ser ministra de Fomento. No encontro deste xoves, que Domínguez considerou infrutuoso, Pastor aseguroulle, segundo comunicou el mesmo, que ela deu a orde de que o sinistro fose investigado de forma correcta. Porén, a xustiza e a UE ratificaron que non foi así e que Fomento só tentou culpar o maquinista do descarrilamento do tren nunha liña de AVE na que non había activo ningún sistema que evitase ou paliase o erro humano do condutor, o que provocou 80 mortes. A presidenta do Congreso e ministra de Fomento no momento do accidente asegura ás vítimas que deu orde de que a investigación do sinistro fose correcta, pero a xustiza e a UE certificaron que non foi independente O obxectivo das vítimas no encontro era reclamarlle a Pastor que pedise perdón de xeito público pola súa xestión do sinistro. A plataforma lembra que, tras o accidente, cando compareceu no Congreso, a daquela ministra garantiu a independencia da comisión que realizou a investigación oficial do sinistro e que concluíu facendo responsable do mesmo só ao maquinista do Alvia. Porén, a Unión Europea e a xustiza negaron posteriormente esa independencia. Do mesmo xeito, nesa comparecencia Pastor prometera a colaboración permanente coa xustiza do ministerio e das empresas públicas Adif e Renfe, pero posteriormente o xulgado instrutor da causa acabaría apercibíndoas por non entregar documentación que este lles reclamara. As vítimas reprochan a Pastor que sendo ela ministra Adif autorizou a Renfe a que os Alvia circulasen entre Ourense e Santiago sen o sistema de control constante de velocidade Pero as vítimas repróchanlle a Pastor especialmente que foi sendo xa ela ministra cando, un ano e medio antes do sinistro, Adif autorizou a Renfe a que os trens Alvia circulasen entre Ourense e Santiago co sistema de control constante da velocidade (ERTMS) desconectado porque fallaba sen que fose reparado ata que ocorreu o accidente. As vítimas critican a Pastor que, tras o sinistro, non adoptase ningunha medida contra os técnicos que autorizaron esa desconexión, os directores de Seguridade na Circulación de Adif, Andrés Cortabitarte, e Renfe, Antonio Lanchares, que agora son o foco principal da causa xudicial, na que están imputados. Pastor comunicou o desbloqueo da comisión política de investigación; varias fontes apuntan a un acordo para que a presida o PDeCAT, algo que se deberá votar o vindeiro día 18 Por outra banda, segundo o presidente das vítimas, Pastor comunicoulle que os grupos parlamentarios desbloquearon a comisión de investigación política do sinistro, aprobada polo Congreso hai máis de medio ano pero que aínda non se constituíra por discrepancias sobre quen a debe presidir. Varias fontes apuntan a que hai un acordo para que sexa un deputado do PDeCAT, algo que se deberá votar o próximo mércores, na sesión constitutiva da comisión. Tras o encontro deste xoves o presidente dos afectados lamentou saír do mesmo só con boas palabras pero sen ningún compromiso político novo para que se esclareza todo o sucedido arredor do accidente máis alá da reiterada apelación de Pastor a estar xunto ás vítimas. Domínguez insistiu na necesidade de que a comisión de investigación política non se vexa interferida por intereses partidistas para que nela se depuren todas as responsabilidades sobre a xestión do sinistro que non serán analizadas na causa penal. |
NOS_33720 | Arranca a década coa inminente investidura de Pedro Sánchez. A falta dunha maioría absoluta favorábel ao líder do PSOE, previsibelmente será a segunda votación, en 7 de xaneiro, a que permita a Sánchez recuncar na presidencia e inaugurar o primeiro Goberno de coalición do Estado desde a II República española. | O novo ano chegou coa convocatoria da sesión de investidura, que se desenvolverá no Congreso os días 4, 5 e 7 de xaneiro. O PSOE quixo de novo pisar o acelerador e apresentou xa o programa de Goberno con Unidas Podemos. Con todo, o líder do Partido Socialista, Pedro Sánchez, terá que someterse a unha segunda votación na Cámara Baixa, o 7 de xaneiro, ao non contar cos apoios necesarios para obter maioría absoluta o día 5. Na repetición da elección, bastaralle con ter máis votos a favor que en contra e aí é onde as forzas nacionalistas serán decisivas. De feito, é na tarde da quinta feira, 2 de xaneiro, cando o Consell Nacional de Esquerra Republicana de Catalunya ten previsto decidir se a formación soberanista se abstén para facilitar que Sánchez logre a presidencia. Ademais, entre os días 2 e 3 de xaneiro a militancia de Euskal Herria Bildu votará a proposta da dirección da esquerda abertzale de tamén absterse. No Bloque sitúanse lonxe de votar favorabelmente a Sánchez e agardan concrecións e compromisos do PSOE coa 'axenda galega' para mudar de posición. Mentres, outras forzas nacionalistas e territoriais decidirán antes do día 5 o sentido do seu voto. No 'si' atópase o PNV, que xa pactou co PSOE a investidura e Más País. Quen se sitúan no voto en contra son Junts, a CUP, PP, Ciudadanos, Vox, Foro Asturias e UPN. A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario. |
NOS_855 | É un dos pensadores galegos aos que sempre hai que ter en conta. Antón Baamonde é quen se debruza esta sexta feira sobre a xanela do #VenhanMáisCinco. | -Como avalías o estado actual da política galega? -A cuestión de fondo é que Galicia está perdendo identidade cultural e política, tirou polo vertedoiro un sistema financeiro que, de todos modos, estaba en mans de xente cuestionable, está reducindo o tamaño do seu sector público -é dicir, esta esquilmando o seu Estado do Benestar- e a súa economía depende enteiramente dos ciclos e da orientación da española. Dito en xeral: a modernización que se está impoñendo vai, na miña opinión, en dirección inversa aos seus intereses materiais e morais. A pregunta é por que isto é así, por que os votantes premian ese horizonte. Se é pola incapacidade do que hai enfronte do PP de fraguar un programa e una alternativa de goberno –isto é claro que é así- ou, de xeito máis profundo pola visión tácita da poboación de que o estado central é o garante do seu benestar… Nun sentido superficial o PP teno todo a favor –a prensa, os empresarios, a máquina do Estado- , incluíndo una oposición que, cada unha á súa propia maneira, está desnortada. -Que evolución agardas da política galega a cinco anos vista? -Aparentemente, que nada cambie… excepto a explosiva situación europea e mundial que ninguén sabe que rumbo pode tomar e que consecuencias poda ter para España e Galicia... e o que poda suceder en España, especialmente con ese punto de inflexión que vai supor a crise que se aveciña con Cataluña. Se o Estado vence, o proceso de recentralización pode tornarse irreversible, caso contrario Galicia pode ter algunha oportunidade de retomar un camiño propio, autónomo. Pero non parece que se poda esperar moito das forzas políticas galegas. A súa incapacidade de imaxinar, e construír, escenarios é case asombrosa. Supoño, iso si, que o BNG seguirá no seu camiño, que a Marea terá que vivir procesos de decantación e tal vez de escisión –entre Podemos e o lado nacionalista- e que o PSdG seguirá o camiño xeral do PSOE, sexa este cal sexa. Pero será moi difícil que, senón o fixeron ata agora, constrúan pontes, dean a sensación de contar coa xente máis competente, elaboren un programa mínimo compartido e, en xeral, sexan fiables para una poboación que cre pouco nas súas virtudes. Así que Feijóo vive tranquilo, feliz, exultante. Ten una oposición incapaz e una prensa na que só se escoita una voz: a súa propia. Supoño que volverá a gañar: el ou un confrade. Supoño, iso si, que o BNG seguirá no seu camiño, que a Marea terá que vivir procesos de decantación e tal vez de escisión –entre Podemos e o lado nacionalista- e que o PSdG seguirá o camiño xeral do PSOE -Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar? -O gran problema cultural e político de Galicia é a ausencia de medios de comunicación que expresen o punto de vista da outra Galicia. Esa Galicia que, coa súa diversidade e contradicións propias ten dereito a posuír una visión propia e a recorrer sendas alternativas. Sen medios que cristalicen e catalicen esa poboación e que teñan capacidade de xerar una axenda propia non hai nada que facer. A mente do país seguirá sendo conformada polos grandes medios madrileños e polos medios galegos que comparten 90% dos puntos de vista deses medios, que son practicamente todos. |
NOS_20506 | O Pleno do Concello de Ourense deu onte luz verde de forma inicial ao proxecto de orzamentos municipais para este ano, os primeiros que se aproban desde 2014, cos únicos apoios do equipo de Goberno –formado por Democracia Ourensana e PP– e o voto negativo de PSOE, BNG e Ciudadanos. | A oposición basea o seu rexeitamento a estes orzamentos na "ilegalidade" do documento. Por esa razón, PSOE e BNG decidiron non presentar emendas ao texto, alegando que "non ten sentido emendar algo que é ilegal". Onte, o portavoz dos socialistas, Rafael Rodríguez Villarino, advertiu ao Goberno municipal de que "pode estar a incorrer nun delito de prevaricación" ao votar a favor deste documento. Desde o BNG, Luís Seara fixo referencia na sesión ao "demoledor informe do interventor" e alertou de que "nin sequera o asesor xurídico ditaminou de forma favorábel o documento". Pola súa banda, Ciudadanos rexistrou unha emenda á totalidade do mesmo, que foi rexeitada por "non cumprir os requisitos que se fixan no Regulamento Ordinario". Na súa intervención, a edila de Facenda, a popular Ana Morenza, replicou que o informe da Intervención municipal tampouco foi favorábel nos últimos anos, incluído 2014, e defendeu que "existen informes doutros funcionarios que avalan" as contas. Morenza salientou o "realismo e rigor" da proposta presupostaria, que definiu como"os orzamentos máis sociais da historia do Concello", dos que o Goberno ourensán salienta o aumento de 27,4% dos fondos para esta área. A concelleira chamou a atención sobre o incremento "máis que notábel" nas partidas destinadas á promoción do comercio local e sobre o aumento do gasto previsto para educación e cultura, que cifrou en 6% respecto das contas en vigor. A edila tamén puxo de relevo o crecemento de 11% nos fondos destinados a seguridade cidadá, "unha das cuestións que máis preocupa á cidadanía ourensá". No mesmo sentido, o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome (DO), cualificou a de onte como "unha xornada histórica, tras seis anos sen orzamentos". A oposición coincidiu en pedir "a devolución do documento" baixo o argumento de que "non é equilibrado e incrementa a débeda oculta con empresas como Viaqua e Urbanos de Ourense". Tamén criticou a "ausencia de negociación colectiva" e censurou que "a relación de postos de traballo non orza os postos actualmente presentes". |
NOS_26713 | Os bens intermedios experimentaron unha alza de 24,3% na Galiza no último ano, e os de consumo, de 12,2%. | Os prezos industriais disparáronse 43,3% en xullo na Galiza en relación co mesmo mes de 2021, e quedaron estancados en comparación con xuño, segundo os datos que publica nesta quinta feira o Instituto Nacional de Estatística (INE). En concreto, os prezos da enerxía duplicáronse na taxa interanual no país, cun incremento de até 105,5%. Os bens intermedios experimentaron unha alza de 24,3% e os de consumo, de 12,2%. Sexa como for, en variación mensual, os prezos da enerxía en territorio galego rexistraron un descenso de 1,3% e só os bens de consumo anotaron un ascenso superior (+1,2%). No conxunto do Estado español, os prezos industriais subiron até 40,4% en xullo en comparanza co mesmo mes de 2021 e non varían en relación ao mes anterior. Máis de 4.000 postos laborais na automoción fican no ar Porén, a pesar do forte crecemento interanual dos prezos industriais, a taxa moderouse máis de dous puntos e medio a respecto da rexistrada en xuño. Coa repunta interanual de xullo, os prezos industriais encadean 19 meses consecutivos de taxas positivas. Con todo, por cuarto mes consecutivo, a taxa interanual moderouse a respecto da do mes anterior. Entre os sectores que impulsaron a repunta dos prezos industriais en xullo destaca a enerxía, que recortou a súa variación anual dez puntos, até 100,6%, por mor do abaratamento da produción de enerxía eléctrica e o refino do petróleo; e os bens intermedios, cuxa taxa anual diminuíu case 2,5 puntos, até 22,1%, fundamentalmente pola fabricación de produtos básicos de ferro e o menor custo da produción de metais preciosos. Pola contra, os prezos dos bens de consumo non duradeiro elevaron en xullo a súa taxa interanual máis dun punto, até 11,6%, polo encarecemento do procesado e conservación de carne e a elaboración de produtos cárnicos. Por actividades, as maiores repuntas de prezos en comparación con xullo de 2021 déronse na subministración de electricidade e gas (+100,3%); as coquerías e o refino de petróleo (+99,6%); a industria química (+31,6%), e a industria do papel (+25,6%). Segundo o INE, sen contar a enerxía, os prezos industriais mostraron o pasado mes de xullo unha suba interanual de 14,8%, unha taxa cinco décimas inferior á de xuño e máis de 25 puntos por baixo da taxa xeral. |
NOS_4409 | España conmemora o 6 de decembro os 40 anos da súa constitución e Galiza celebra este día o 87 aniversario dun dos fitos políticos da súa historia no século XX: a fundación do Partido Galeguista. | O 6 de decembro de 1931 o Hotel Madrid de Pontevedra acollía a constitución do Partido Galeguista, que xermolou da VII Asemblea Nacionalista, decorrida entre o día 5 e o 6. Acordábase entón o modelo organizativo e mais os principais obxectivos do novo partido político ao que daban paso as Irmandades da Fala. Por vez primeira, reclamábase o dereito de autodeterminación para Galiza e fixábase como principal desafío a redacción dun Estatuto. Alexandre Bóveda foi nomeado entón secretario de Organización, mentres que Castelao ou Otero Pedrayo formarían parte do Consello Executivo. Aliás, integráronse no Partido Galeguista toda unha xeración de nacionalistas que deron luz ao Estatuto de 1936, apoiado maioritariamente en referendo o 28 de xuño, un fito histórico na Galiza. Un proxecto que, en palabras de Castelao, non recollía as aspiracións do nacionalismo mais representaba un punto de partida para as lograr. Porén, aos poucos días, o golpe militar truncaba a súa aprobación nas Cortes Españolas e colocaba no punto de mira as e os nacionalistas galegos. Após a súa fundación, o Partido Galeguista, cuxo voceiro era A Nosa Terra, contaba con 700 afiliadas e afiliado e en 1932, contaba con 38 grupos locais e 2.300 afiliadas e afiliados. En 1932 expandiuse por toda Galiza e en 1933 os seus 60 grupos locais sumaban 3.000 afiliadas e afiliados. Após un retroceso momentáneo, en 1935 chegou a 5.000 militantes distribuídos en 90 grupos locais. A súa organización xuvenil, as Mocedades Galeguistas, naceron en 1934 e sumaron mil afiliadas e afiliados. |
NOS_15278 | Manal Al-Sheikh naceu en Nínive. Pero a segunda Guerra do Golfo enviouna ao exilio en Noruega. Desde a distancia continuou a construír unha das obras máis prestixiosas da poesía iraquí contemporánea. Este 7 de outubro recitará na Coruña canda a galega Lara Dopazo (Marín, 1985), potente voz da poesía galega última. | Será a primeira xornada do décimo segundo ciclo Poetas Di(n)versos, que comisaria Yolanda Castaño para a Concellaría de Cultura da Coruña. Seguirá o lugar e o horario habitual: o Auditorio do Centro Ágora ás oito e media do serán. Al-Sheikh é ademais xornalista de profesión para prensa árabe e internacional. Entre os seus libros, escritos en árabe, atópanse títulos como Os libros do illamento (2008), Cun punto vermello debaixo do seu ollo (2009) ou Cartas imposíbeis (2010). "As súas dúas obras narrativas e os seus catro poemarios axiña proxectaron o seu impacto internacional", sinala a organización. Para o Di(n)versos, o poeta Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987) preparou versións en galego de Al-Sheikh. Con Claus e o alacrán (2018, Premio Fiz Vergara Vilariño), Lara Dopazo confirmou a singularidade da súa escrita, con ángulos narrativos e surreais, socialmente consciente e por veces simbolista. Antes Dende Illa Peixe (2008) e Ovella (2015). "Concitando xa un enorme interese e atención na poesía galega moza, o pasado curso converteuse na primeira autora en galego con bolsa como residente na Academia de España en Roma", salienta a organización. |
NOS_29153 | Unha ruta pola cidade co nome de 'Compostela e a lingua' lembrou este sábado a importancia dos medios de comunicación en galego. | A Asociación de Medios en Galego (Amega) celebrou este sábado, como cada ano arredor do 7 de febreiro, o Día dos Medios en Galego. A data fai referencia ao aniversario da saída do prelo da publicación xornalística O tío Marcos d'A Portela, unha das primeiras publicacións en galego aínda que posterior ao primeiro xornal en galego que nacía hai 162 anos, un 3 de marzo de 1860, asinado por Mingos Gallego: O Vello do Pico-Sagro. Este ano Amega realizou unha ruta que, co nome de 'Compostela e a lingua', tivo lugar polas rúas compostelás. Baixo o lema "Bota a lingua a pacer", realizáronse varias paradas en diversos lugares simbólicos na loita polo mantemento do idioma nun percurso que estará acompañado polo cuarteto da Asociación Cultural Panaraiada. Contou, ademais, coa participación de persoas do ámbito da nosa cultura como a poeta Rosalía Fernández Rial, a compañía de teatro Os Quinquilláns, o escritor Bieito Iglesias, e a profesora Anxos García Fonte. Ruta pola historia O roteiro iniciouse ás 11.30 horas diante do Salón Teatro, na Rúa Nova nº34. Alí Os Quinquilláns representaron unha pequena escena dunha das obras de Roberto Vidal Bolaño, conmemorando o vinte aniversario so seu pasamento. Entre as paradas realizadas unha a cargo do filósofo Antón Baamonde descubriu, diante do antigo Restaurante El Asesino, a importancia dos faladoiros que había nos locais de hostalería composteláns.. A poucos metros, o escritor Bieito Iglesias relatou a historia da Facultade de Xeografía e Historia da USC desde os anos de 50 e como "a partir do 68 comezouse a usar o galego nas asembleas". Diante do Colexio de Santo Agostiño, a profesora Anxos García Fonte apuntou a época na que Rosalía de Castro vivira nese lugar e onde se formou durante a súa adolescencia aproveitando a efervescencia do centro compostelán, facendo mesmo de actriz de teatro. A xornada rematou cun recital poético musicado a cargo da escritora Rosalía Fernández Rial desde a praza de Cervantes. |
NOS_38309 | O coronavirus supera xa 1.000 contaxios por cada 100.000 habitantes en até 16 zonas sanitarias da Comunidade de Madrid non afectadas polas restricións de mobilidade. O ministro de Sanidade descartou polo de agora a necesidade do estado de alarma pero recomendou á cidadanía de Madrid que quede nas súas casas. | Até 16 zonas sanitarias da Comunidade de Madrid contaban esta terza feira, 22 de setembro, con cifras de contaxio por coronavirus semellantes ás das 37 áreas nas que o Goberno de Isabel Díaz Ayuso impuxo onte restricións de mobilidade, a maioría situadas en barrios populares. Nesas 16 zonas que escapan ás novas limitacións superáronse xa os 1.000 contaxios por cada 1000.000 habitantes nos últimos 14 días, segundo os datos da Consellaría de Sanidade madrileña. A presidenta autonómica confirmou onte que o seu Executivo estaba a estudar a extensión das restricións que xa afectan as 16 áreas a outras zonas da rexión. No transcurso dunha entrevista, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, recomendou ás e aos habitantes de Madrid, independentemente de se viven nas 37 zonas cons restricións ou non, que restrinxan "ao máximo" a súa mobilidade limitándoa "ao esencial", que respecten as medidas do Goberno madrileño e que reduzan os contactos ao seu grupo de convivintes. "A situación fai que recomende limitar ao máximo a mobilidade en toda a comunidade autónoma", sinalou Illa, após asegurar que este consello non leva "implícita" a recomendación de pedir o estado de alarma para a rexión. Así mesmo, o ministro de Sanidade destacou a reunión mantida na segunda feira polo presidente do Goberno estatal, Pedro Sánchez, e a presidenta da Comunidade de Madrid, Díaz Ayuso, na que acordaron a creación dun "espazo de colaboración" entre ambos os Executivos, un gabinete de seguimento que se reunirá semanalmente e que contará co apoio de grupos de traballo formados por cargos das dúas Administracións e por técnicas e técnicos, co obxectivo de coordinar e planificar respostas contra a pandemia. O resentimento no Ibex O Ibex 35 perdeu na segunda feira 6.700 puntos, coincidindo coa entrada en vigor das restricións en 16 zonas de Madrid. Desplomouse así 3,43%, nun escenario marcado polos novos temores a novos confinamentos ante o aumento dos surtos de coronavirus. Sanidade estuda reducir a corentena a contactos próximos de 14 a 10 días O ministro de Sanidade, Salvador Illa, adiantou esta terza que, previsibelmente e en acordo coas comunidades autónomas, procederase a rebaixar a corentena de 14 a 10 días para os contactos estreitos dun caso confirmado de Covid-19, sen que sexa necesario que teñan unha proba PCR negativa. Illa pronunciouse así na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, após a Generalitat anunciar que Catalunya reducirá a partir da semana que vén de dúas semanas a unha decena de días a corentena de contactos estreitos. Actualmente, un positivo pode reducir o illamento de 14 a 10 días se leva máis de 72 horas sen ningún síntoma. Os seus contactos estreitos, porén, deben permanecer en corentena dúas semanas, aínda que si se contempla pór fin á corentena se aos dez días a PCR dá negativo. Segundo os plans, xa non fará falla esa proba. |
NOS_34554 | O hemiciclo galego acolleu hoxe a comparecencia do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, sobre o inicio do curso escolar. Durante a súa intervención, Rodríguez botou balóns fóra ao Goberno estatal culpándoo de convocar tarde a Conferencia Intersectorial de Ensino (27 de agosto), na que se decretou que a distancia nas aulas entre o alumnado tiña que ser de 1,5 metros. Para o conselleiro, esta decisión tirou pola borda o traballo feito pola Xunta para o arranque das aulas, xa que estipulaba 1 metro de separación entre os eixes das cabezas | O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, iniciou esta terza feira, 6 de outubro, as súas palabras na Cámara galega incidindo na "normalidade" do regreso aos centros educativos, "a pesar de ter que salvar un pecado orixinal que afectou a planificación do curso, principalmente en Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional", dixo. "Ninguén en España entendeu que a 27 de agosto, ás portas do inicio de curso, decorrese a conferencia sectorial que modificou de forma substancial o traballo levado a cabo nas semanas anteriores cun cambio de criterio", aseverou Rodríguez en referencia ao acordo tomando na conferencia para que neses niveis educativos se mantivese un metro e medio de distancia entre o alumnado. O conselleiro achacou o atraso do calendario escolar ao impacto desa medida sobre os borradores e protocolos que a Xunta tiña realizados. O BNG pide máis docentes "Resulta abraiante o nivel de autocompracencia e desconexión coa realidade do sistema educativo", espetou o deputado do BNG Manuel Lourenzo ao conselleiro, ao tempo que lle recordou que a distancia entre alumnado planificada pola Xunta non era de 1 metro entre as esquinas das mesas, senón entre os eixos das cabezas das e dos estudantes, co cal estarían a incumprir todo tipo de recomendacións sanitarias. "Vostede sabe que a OMS xa pedía un metro de distancia entre pupitres cando o 22 de xullo no seu protocolo non implementaron isto e seguiron mantendo a distancia dun metro desde os eixos das cabezas porque lles permitía aforrar en profesorado". Lourenzo tamén contestou os datos dados polo conselleiro, reprochando que nas súas contas sume 543 docentes como de nova contratación cando realmente están "a media xornada e non son computábeis ao fondo Covid-19 nin como reforzo da pandemia", explicou. "Vostedes saben que cos fondos contra a Covid-19 poderían contratar 2.325 ensinantes e formalizaron menos da metade", afirmou o nacionalista. Ademais, o deputado puxo sobre a mesa propostas concretas que, segundo asegurou, lle foron trasladadas pola comunidade educativa: contratar profesorado para garantir o acceso ao ensino presencial, xestionar os espazos para permitir que o ensino presencial sexa efectivo, e non discriminar o alumnado de Infantil e Primaria, como o do CEIP Barcelos, expuxo, "que tivo que dobrar a súa ratio para nenas e nenos de tres anos en plena pandemia. "A semipresencialidade foi unha imposición de última hora ruín e inxusta coma poucas", reprochou Lourenzo ao conselleiro. Neste sentido, reclamoulle que se comprometa a resolver os problemas derivados da fenda dixital, a estabelecer un protocolo claro para garantir a equidade no ensino, e demandou á Xunta que asuma as súas competencias en materia de limpeza dos centros de ensino, sen descargalas nos concellos. En resposta a Lourenzo, o PP emprazou o BNG que exerza moderación e reprochou o apoio da formación nacionalista á CIG na convocatoria da folga do Ensino que decorreu en setembro. O PSdeG laemnta a deixadez da Consellaría Luis Manuel Álvarez, deputado do PSdeG, cargou tamén contra o conselleiro por culpar do caos no ensino a conferencia de agosto. "O profesorado foi capaz de iniciar o curso, o cal está funcionando con certa normalidade grazas a eles, non a vostede", dixo o socialista. "Sería un exercicio de prudencia que se tivesen publicado instrucións para o ensino con anticipación, para que en xuño e xullo as e os docentes puideran elaborar os plans de continxencnia. Mais houbo que agardar ao 24 de setembro que envíasem un correo cun protocolo de prevención", lamentou o socialista. Para atender as novas necesidades derivadas das medidas e protocolos da pandemia son pouco máis de 1.100 as os profesores que se van incorporar, lamentou Álvarez. |
PRAZA_19983 | A norma que prepara a Xunta "frea a capacidade de Galicia para avanzar, innovar e reverter beneficios" da investigación científica "á sociedade", alertan persoeiros da investigación como Ángel Carracedo e responsables das principais institucións científicas do país | Un berro común de referentes da ciencia que en escasísimas ocasións saltan aos titulares, menos aínda para fixar postura de rexeitamento frontal ante unha medida do Goberno. Referentes de diversos eidos da investigación científica en Galicia e unha corentena de colexios profesionais véñense de dirixir por carta ao presidente da Xunta para trasladar formalmente, xunto a membros do colectivo directamente afectado, unha esixencia que ata o momento só xurdira no ámbito sindical: Alberto Núñez Feijóo, como máximo responsable do Executivo, debe "paralizar" o decreto co que prevé regular a contratación do persoal investigador. Nomes que en máis dunha ocasión figuraron en discursos do propio presidente como modelos a seguir -caso do catedrático e especialista en xenética Ángel Carracedo, as farmacólogas Mabel Loza, e María José Alonso ou o químico José Luis Mascareñas- únense nesta misiva a persoal de entidades como o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago ou o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur para advertir de que a Xunta está a piques de "frear a capacidade de Galicia para avanzar, innovar e reverter" á sociedade os "beneficios" da investigación científica que a propia Xunta contribúe a financiar. A protesta que adiantou GCiencia chega despois duns anos en que o persoal investigador público se reduciu ata un 20% en Galicia e tras fracasar os intentos do mundo da ciencia por modificar as intencións do gabinete de Feijóo a respecto da nova norma. "Queremos amosar a nosa preocupación pola repercusión que pode ter para o futuro da investigación en Galicia", concretamente en áreas tan sensibles como "sanidade, alimentación, gandería, computación, mar e tecnoloxías da información e da comunicación", concretan. A norma que a Xunta prevé impulsar, aínda en fase de anteproxecto, "exclúe a posibilidade de que haxa investigadores estables en Galicia", din as persoas asinantes da carta, para que isto equivale a "introducir unha discriminación negativa contra esta profesión". Ademais, aseguran, viría contradicir unha das liñas máis publicitadas polo propio Executivo, xa que "dificulta a capacidade de atracción e retenciónd e talento en todas as áreas de investigación fóra do marco da Universidade". Ademais, aseguran, "obstaculiza captar recursos e persoal, imprescindibles para o traballo dos investigadores". A norma que prepara a Xunta "frea a capacidade de Galicia para avanzar, innovar e reverter beneficios" da investigación científica "á sociedade", alertan Persoal investigador de programas como o Miguel Servet, científicos e científicas do Sergas que actualmente traballan como persoal estatutario temporal, persoal contratado en fundacións científicas ou decanos como Juan Gestal -Medicina da Universidade de Santiago-, Moisés Canle -Ciencias da Universidade da Coruña-, Antonio Segura -Bioloxía da USC- e Luis Miguel Varela -Física da USC- únense tamén á reclamación de paralizar a norma. Mentres, para a Xunta, o seu plan pasa por converter a Galicia en "pioneira", xa que se crea "por primeira vez a figura do persoal investigador", incluíndoa "no catálogo de postos de traballo da Administración autonómica" co "obxectivo de favorecer a retención de talento científico". Así, o Executivo asegura responder a unha vella demanda do persoal investigador cunha norma sobre a que xa alertara a CIG o pasado marzo. Como informou Praza.gal, ao fío do paso deste texto pola Mesa da Función Pública esta central sindical avertiu de que o Goberno se dispuña a dificultar "a continuidade de proxectos de investigación sanitaria que están en marcha e benefician o conxunto da sociedade", establecendo unha caste de "temporalidade indefinida" para parte do persoal mentres se "abusa da figura do investigador distinguido" e se impide que o persoal "poida adquirir estabilidade laboral e o dereito á continuidade no seu posto de traballo". Proxecto de decreto polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia |
NOS_53387 | O maior deportista galego de toda a historia confirmou a súa retirada. | O maior medallista da historia do deporte galego confirmou esta sexta feira (26 de marzo) a súa retirada. E fíxoo através dunha comparecencia de imprensa decorrida na Casa consistorial de Cangas, o seu concello natal. Cal atribuíu a decisión á falta de motivación e ganas que viña sufrindo nos últimos tempos. "Non me atopaba a gusto, non tiña ganas, non me atopaba motivado e é a causa de que tomase esta decisión", sinalou en declaracións aos medios de comunicación. As medallas conseguidas por Cal na súa traxectoria tórnano o maior medallista da historia Con 32 anos, David Cal, tornárase no maior medallista da historia após lograr 5 preseas en Xogos Olímpicos (Prata e Ouro en Atenas 2004; dúas Pratas en Pekin 2008 e outra en Londres 2012). Aliás, declarouse gañador na modalidade C1 500 m. no Mundial de Duisburgo (Alemaña) no 2007 subindo tamén ao pódium nos de 2003, 2005, 2007 e 2011. Para alén destes triunfos obtivo cinco medallas nos campionatos europeos de C1 500 e C1 1000 en Polonia, Pontevedra e Croacia. O presidente do Comité Olímpico Español (COE), Alejandro Blanco, xa anunciara que se lle renderá unha homenaxe pola súa traxectoria profesional o vindeiro 13 de abril. Na comparecencia de imprensa desta tarde, David Cal estivo arroupado pola súa familia. |
PRAZA_20299 | A Deputación de Pontevedra lanza unha campaña para "previr as violaciósn en cita e as agresións por submisión química". Será distribuída nos festivais das Rías Baixas e no vindeiro curso estenderase aos centros de ensino | "Non tomes o silencio como un si". "Que alguén che faga caso non quere dicir que teña a obriga de deitarse contigo". "O consentimento dunha noite non é para sempre". "Se a outra persoa está bébeda ou inconsciente non hai consentimento". "Se non hai un si, é non". Son algunhas das mensaxes que os asistentes aos festivais de verán das Rías Baixas recibirán a pé de campo da festa para lembraren a importancia de desbotaren as agresións sexuais, tamén nos espazos de lecer. A Deputación de Pontevedra vén de presentar unha campaña que, baixo o lema Lembra, eu decido, ti respectas, pon o foco na "prevención das violacións en cita e as agresións por submisión química" e, ao contrario que outras accións deste tipo promovidas dende as Administracións, pon o foco en primeiro termo nas actitudes dos homes. Ao recibiren os materiais en espazos como os festivais atoparanse con mensaxes como o "dereito a parar" das mulleres en "calquera momento" da relación ou a necesidade de "non chantaxear". "Non te sintas con dereito a ter sexo, dá igual o que pasase antes; ninguén che debe nada". A acción, que vén de ser presentada, ten tamén unha vertente dirixida á poboación feminina e igualmente diríxese a, en verbas da presidenta do ente provincial pontevedrés, Carmela Silva, "unha forma de violencia pouco atendida, como son as violacións en cita e as agresiósn por submisión química, dúas formas de agresión que obstaculizan o recoñecemento do delito e a súa posterior denuncia. Neste caso, os materiais informativos resaltan que unha relación sexual "sen consentimento ou con consentimento obtido mediante a violencia" sempre é "un delito" ou que "non todas as agresións sexuais son ataques de descoñecidos". Detense, ademais, no uso de drogas para "manipular a vontade" e eliminar a "resistencia" a manter unha relación sexual non consentida. A campaña contra as agresións sexuais será distribuída nos festivais das Rías Baixas e no vindeiro curso estenderase aos centros de ensino Aínda que existen "moitos máis casos dos que se denuncian", resalta Silva, as estatísticas oficiais falan dunha media de "tres violacións ao día", polo que "é preciso impulsar campañas informativas de sensibilización e prevención, dirixíndonos particularmente a mozos e mozas e contextos lúdicos e festivos". O "punto de partida" da campaña son os devanditos festivais -Portamérica, Cultura Quente, Revenidas, Atlantic Fest, Festa Cidade Europea do Viño, SonRíasBaixas, Sinsal, O Marisquiño e Vive Nigrán-, nos que se instalará un punto de información e se distribuirán os folletos e outros materiais da campaña. Tras esta experiencia inicial a campaña contra as agresións sexuais continuará o vindeiro curso no ámbito dos centros de ensino. "Pretendemos que estes materiais poidan empregarse nas aulas para proporcionar información sobre relacións saudables, control e poder nas relacións, desigualdades e estereotipos de xénero, habilidades de comunicación ou resistencia á presión dos iguais", avanza Silva, quen indica qu o programa prevé tamén obradoiros para profesionais. |
NOS_52899 | Pere Tobaruela, catalán de nacemento e galego de adopción, compaxina a súa profesión como escritor coa paixón polo deporte. Pasou polo atletismo, cun bronce no campionato galego absoluto en pista de 2009, e polo fútbol gaélico, entre outros. Xogador e adestrador, agora comeza unha nova andaina nun proxecto deportivo de fútbol feminino en Villestro, Compostela. | Que teñen en común os libros e o deporte? Ambos os casos son carreiras de fondo. Escribir un libro e facer deporte son actividades que demandan persistencia para conseguir chegar á meta, sexa para crear unha novela ou para realizar un proxecto deportivo. Por outro lado, para min son necesidades vitais. Preciso comunicar, escribir e cultivar o corpo. Comunicar e expandirme fisicamente, darlle ao corpo movemento. Se quixese resumilo sería coa locución latina mens sana in corpore sano. Do atletismo ao fútbol, pasando polo fútbol gaélico. Como explica ese contacto con varios deportes? Ten conexión común coa miña actitude vital, que fixo que me dedicara á literatura tocando moitos xéneros e escribindo para todas as idades. O feito do cambio. No deporte é exactamente o mesmo. Eu non son practicante temperán dun deporte, son tamén adestrador temperán de varios deportes. Sempre mesturei ser deportista con adestrar. Pasoume co atletismo, co tenis, co fútbol gaélico e agora co fútbol. Na variedade está o gusto e o enriquecemento. No fondo é ver a vida desde moitas perspectivas e tentar ilusionar e compartir, sexa para ensinar ou para aprender. A implicación, neste caso no deporte, fixo que tamén pasase por participar en directivas de clubs e asociacións? É a miña actitude relacionada co ámbito social. En Catalunya está moi desenvolvido o asociacionismo e eu, estea onde estea, remato por implicarme activamente en funcións directivas, mais que en realidade é de traballador en varios proxectos deportivos, non podo evitalo. É dar un paso e axudar dunha maneira altruísta. Nun club ou nunha asociación veciñal o traballo é escuro, anónimo e ingrato aínda que moi satisfactorio para a sociedade en xeral. Que pensa cando se fala das directivas das altas categorías nalgúns deportes que moven moito diñeiro? O deporte reflicte a nosa sociedade. Vivimos nun capitalismo furibundo no que non hai grises, hai brancos ou negros. Xente que ten moitos cartos e xente que ten poucos. No deporte pasa o mesmo. Se tivesemos que deixar de participar por esa razón, parariamos. A nosa é unha tarefa tan xorda e tan consciente de que por moito que fagas nunca serás retribuído como mereces, que teño claro que o fago porque me peta. Se as persoas anónimas parasen, pararía o mundo. Cóntenos como é ese novo proxecto de fútbol feminino na SD Villestro? Pasei polo Vitoria e o Friol e rematei no Villestro, ao carón da casa, onde atopei xente traballadora que acolleu a miña idea de que as rapazas podían ter oportunidade de entrar a practicar o fútbol con 8 ou 9 anos para desenvolver toda a súa traxectoria no mesmo club, igual que calquera rapaz. Non é outra cousa que igualdade de oportunidades. Creamos un proxecto deportivo con ese propósito. A propia sociedade ten unha visión deformada do fútbol. Como deporte non é nin malo nin bo, é un deporte máis con transcendencia social. Ollamos demasiado cara ao fútbol profesional cando hai o amador, que é moi enriquecedor. Como ve o fútbol feminino en xeral? O fútbol feminino está estruturado como o masculino, por categorías. Creo que ten que facer un esforzo por diferenciarse do masculino. As mulleres ven o mundo doutra maneira e debería tratarse doutra maneira. A desigualdade agora mesmo é brutal, sería o primeiro a corrixir. Acontece cos salarios das profesionais. Ten futuro, mais nós non o veremos. |
NOS_29846 | O pasado novembro o Parlamento de Galiza acadou un acordo para que a Xunta colaborase cos concellos na recollida e transporte dos residuos de plásticos agrícolas. Nove meses despois, o BNG denuncia o "incumprimento" do Goberno galego. | "Gran parte destes residuos están a ser depositados en contedores domésticos sen que a Consellaría de Medio Ambiente actúe", critica o deputado do Bloque Xosé Luís Rivas, "malia se tratar de residuos plásticos de composición identificábel que facilita a súa reutilización, previo procesado en planta". Rivas sinala que Medio Ambiente destina 24.200 euros á xestión destes plásticos, "unha cantidade irrisoria para resolver un problema que incide negativamente no equilibrio medioambiental". Segundo os datos que manexa, os plásticos agrarios recollidos cada ano nunca pasaron de 4.000 toneladas "sobre un total de 8.000". "Estamos ante unha situación que coloca gandeiros, agricultores e concellos ante un problema que é medioambiental e polo tanto responsabilidade da Consellaría de Medio Ambiente", engade Rivas, quen lamentou "que se produzan tantas declaracións institucionais sobre o grave problema dos plásticos depositados no mar e nas rías ao tempo que a Medio Ambiente mostra unha sensibilidade nula polos residuos xerados pola actividade agrícola e gandeira". |
NOS_22335 | A CIG destaca que estes paros no servizo de chamadas da firma "son unha medida de presión e protesta ante a intención da empresa de modificar as condicións laborais de 400 traballadores". | Arredor de 1.600 persoas empregadas do servizo de chamadas que a firma Bosch ten en Vigo foron convocadas a secundar tres xornadas de folga como denuncia fronte á "precarización laboral" a que poderían ser sometidas se a compañía mantén os seus plans, segundo os sindicatos. A representación laboral acusa a empresa de querer impor "unha modificación substancial" das condicións dos postos de traballo que afectaría perto de 400 operarias. A CIG explica que os paros faranse como medida de "presión e protesta" por eses cambios, que afectarán horarios ou implicarán reducións de xornada. Neste sentido, o presidente do comité de empresa do servizo en Vigo, Xulio Paramos, destaca que ademais a mudanza pretende levarse a cabo "sen respectar a concreción horaria por garda legal". Un ERE previo O presidente do comité apunta a unha decisión previa da compañía, que quería despedir 90 empregadas a través dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE), como orixe do novo plan de "precarización". En aquel momento alegábase "unha suposta adaptación do persoal ás necesidades dun servizo pendente de concurso, mais finalmente retirouse ese ERE. As solucións que propoñen agora "supoñen precarizar aínda máis as condicións de traballo", polo que a CIG xa advertiu da súa postura contraria. Os paros serán de 24 horas e están previstos para esta cuarta feira, 5 de xaneiro; na sexta feira, 7 de xaneiro; e a próxima segunda feira, 10 de xaneiro. |
Subsets and Splits
No community queries yet
The top public SQL queries from the community will appear here once available.